jueves, 1 de octubre de 2020

ATA SEMPRE!!!

    Chegou o momento de dicir ADEUS a este blog...😓😓😓


    Foron moitos anos de alegrías, de risas, de bos momentos que nos dou este blog. Gracias a el tiven unha relación escola-familia moi bonito onde recibín moito cariño de todas as xeracións que por aquí foron pasando. Moitas felicitacións por todo o traballo aquí exposto. Este blog serviume para estreitar esa relación tan necesaria entre as familias dos meus pequenos e pequenas, permitíndome ensinarvos o que estabamos a facer na clase e así dende as vosas casas, poder ser partícipes tamén do proceso de ensino-aprendizaxe dos vosos/as fillos/as.


   As caras dos nenos e nenas, na aula, vendo os múltiples vídeos feitos ao longo destes anos, podéndose ver na pantalla, non se me olvidarán xamáis. De boa man, ben sei que chegando as súas casas e ensinándovos todo o que fixeran na aula, manualidades, debuxos, traballos, fotos, investigacións, proxectos, e un sinfín de cousas realizadas no día a día da aula, foron tamén uns momentos bonitos nas vosas casas. 


   Todo ten un fin e o momento de pechar este blog chegou. A situación que vivimos, coa pandemia que estamos todos a sufrir, as medidas de prevención a levar no cole, a posta en marcha doutros medios de comunicación, como a Aula Virtual, o correo electrónico, o espazo Abalar, fan que me sexa totalmente imposible seguir con este traballo, que require de tantas e tantas horas diante dun ordenador. 


   Con toda a pena do meu corazón, pecho este blog, sabendo que algún día, abrirei algo parecido, e aparecei por calquera rede social, porque sinto a necesidade de seguir establecendo ese nexo de unión entre familia e escola que tantos bos momentos me dou e que funciona tan tan ben, para saber que estamos a facer no cole e que os pequenos e pequenas vos conten e ensinen o que está a acontecer na súa aula.


   Soamente me queda darvos as gracias a todos os que pasastes por aquí nalgún momento, os que vistes os vídeos e fotos subidas, aos que me agradecestes o meu traballo neste blog, aparte do meu no colexio, valorando o esforzo e o tempo aquí invertido. Aínda a día de hoxe, nenos e nenas que estiveron comigo me recordan e falan deste blog. Profe, acórdaste do blog dos Pimpíns? Estes recordos gardareinos para sempre con inmenso cariño.


   Moitas gracias a todos e a todos!
   Un saúdo. Ata sempre!
   Silvia.

jueves, 10 de septiembre de 2020

VOLTA AO COLE!

 Ola a tod@s!

  Así está o calendario das rutinas! O último día de cole...o último día que estivemos na nosa aula...o últimos día que nos vimos...☹️

  Cando entrei na aula e o vin...quedeime quieta observándoo e pensando...pufff canto tempo! Que sabiamos nós aquel día todo o que ía acontecer...tremendo!

   Mañá iniciamos un novo curso cheo de ilusións e tamén cheo de cambios pero...VAMOS A POR EL!💪

   Desexando que chegue o reencontro...sen achuchóns e bicos pero de seguro, moitas risas e bos momentos!

   Un saúdo. Vémonos mañá Pimpíns!😘😘😘

lunes, 4 de mayo de 2020

OS NOSOS RETRATOS

    Un dos primeiros traballos deste trimestre foi traballar as partes da nosa cara.
  Todos os días, na asemblea, @ encargad@ ten que debuxarse, nós imos cantándolle a canción na que imos nomeando todas as partes para que non se olvide de ningunha.
  Unha vez que practicamos moitas veces, decidimos facer o noso retrato con rotuladores de cores e unha vez rematado pegalo nun dos nosos corchos para decorar a nosa aula e que estea máis bonita.
   Aquí tedes os nosos debuxos...Antes de marchar para casa, cambiamos de novo ese corcho e puxemos outro traballo...pero xa volo ensinaremos máis adiante...😉


    Primeiro debuxamos a nosa cara e poñémoslle:
- Ollos, nariz e boca.
- Nos ollos, pupilas e iris.
- Cellas e pestanas.
- Orellas.
- Pelo.
- Pescozo.

viernes, 1 de mayo de 2020

DECORANDO AS VENTÁS


   Hoxe lembramos, aínda que nos coste xa botar a vista atrás, o día que decoramos as ventás da nosa aula. Estaban algo...algo...aburridas...entón pensamos en pintar as nosas mans e plasmalas cheas de cores para que quedaran máis bonitas. 
 Ao principio, Os Pimpíns non vimos claro que se puidera facer...pero co compromiso de limpar cada un a súa man, o día que teñamos que cambiar de aula, xa nos animamos máis!






jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

   Hoxe, 23 de Abril, é o día do libro. Para nós, os contos son fundamentais. Na clase temos un lote deles e ademais, xa sabedes, todos os venres, @s Pimpíns elixen aquel conto que máis lle apetece para levar o fin de semana para casa.

    Na aula, no día a día, son moitos os momentos que adicamos aos libros. Os libros cóntannos mil aventuras, é un recurso xenial para viaxar polo mundo e aprender cousas novas. Nestes momentos máis que nunca, os libros axúdannos a saír das nosas casas a través dos seus personaxes e o que lle acontece.



   Aquí tedes un vídeo no que podedes escoitar á Toupiña que nos quere desexar un Feliz Día do Libro! 


   E como non, imos recordar o seu conto que nos fai rir moito.

martes, 21 de abril de 2020

CUMPLE ISAAC

 Hoxe é o cumple do noso amigo Isaac! 5 anos xa! Wow 💗💗💗

Felicidades ISAAC 😍😍😍!

 O noso compi, hoxe, tivo moitas felicitacións e recibiu moitos biquiños da súa familia e tamén dos seus amig@s! Os biquiños aínda que sexan virtuais sentan igual de ben!  Vaia tarta! Mmm...ten unha pinta ben boa!


   Unha aperta apretadiña para ti Isaac e un bico grandote da túa profe e de tod@s @s teus compis de clase. A que sí, Pimpíns?
 Muaaaaaaaaaaaa😘!

*Graciñas familia Rodrigues Gomes pola foto.

lunes, 20 de abril de 2020

PAPAGAIOS

   Un dos últimos traballos que fixemos no cole foi este PAPAGAIO relacionándoo co Proxecto dos Piratas.
   Primeiro, buscamos na Pizarra Dixital Interactiva (PDI) fotos de moitos papagaios para facernos unha idea de que cores son.
   Despois, coas ceras brandas pintamos o noso papagaio coa técnica de TOQUE-NON-TOQUE, xa coñecida pol@s Pimpíns que significa que non pode haber 2 anacos xuntos da mesma cor. 
   Logo, coas tesoiras recortamos seguindo polas líneas, tratando de non saírnos, primeiro o rectángulo, ao redor do papagaio, e despois as líneas horizontais. 
   Para rematar, compuxemos o noso puzzle noutro folio e pegamos cada anaco. Collemos unha cera azul dura e tumbadiña fomos pintando todo o folio para darlle un FONDO. Escribimos o noso nome e LISTO!!!