jueves, 1 de octubre de 2020

ATA SEMPRE!!!

    Chegou o momento de dicir ADEUS a este blog...😓😓😓


    Foron moitos anos de alegrías, de risas, de bos momentos que nos dou este blog. Gracias a el tiven unha relación escola-familia moi bonito onde recibín moito cariño de todas as xeracións que por aquí foron pasando. Moitas felicitacións por todo o traballo aquí exposto. Este blog serviume para estreitar esa relación tan necesaria entre as familias dos meus pequenos e pequenas, permitíndome ensinarvos o que estabamos a facer na clase e así dende as vosas casas, poder ser partícipes tamén do proceso de ensino-aprendizaxe dos vosos/as fillos/as.


   As caras dos nenos e nenas, na aula, vendo os múltiples vídeos feitos ao longo destes anos, podéndose ver na pantalla, non se me olvidarán xamáis. De boa man, ben sei que chegando as súas casas e ensinándovos todo o que fixeran na aula, manualidades, debuxos, traballos, fotos, investigacións, proxectos, e un sinfín de cousas realizadas no día a día da aula, foron tamén uns momentos bonitos nas vosas casas. 


   Todo ten un fin e o momento de pechar este blog chegou. A situación que vivimos, coa pandemia que estamos todos a sufrir, as medidas de prevención a levar no cole, a posta en marcha doutros medios de comunicación, como a Aula Virtual, o correo electrónico, o espazo Abalar, fan que me sexa totalmente imposible seguir con este traballo, que require de tantas e tantas horas diante dun ordenador. 


   Con toda a pena do meu corazón, pecho este blog, sabendo que algún día, abrirei algo parecido, e aparecei por calquera rede social, porque sinto a necesidade de seguir establecendo ese nexo de unión entre familia e escola que tantos bos momentos me dou e que funciona tan tan ben, para saber que estamos a facer no cole e que os pequenos e pequenas vos conten e ensinen o que está a acontecer na súa aula.


   Soamente me queda darvos as gracias a todos os que pasastes por aquí nalgún momento, os que vistes os vídeos e fotos subidas, aos que me agradecestes o meu traballo neste blog, aparte do meu no colexio, valorando o esforzo e o tempo aquí invertido. Aínda a día de hoxe, nenos e nenas que estiveron comigo me recordan e falan deste blog. Profe, acórdaste do blog dos Pimpíns? Estes recordos gardareinos para sempre con inmenso cariño.


   Moitas gracias a todos e a todos!
   Un saúdo. Ata sempre!
   Silvia.