jueves, 28 de septiembre de 2017

A NOSA DATA

    Todos os días, @ encargad@ pon a data; día da semana e número do día no que estamos. O mes e o ano tamén, pero non cambian tan a miúdo.
  O ano pasado, os nosos dedos chegaban para ir facendo os distintos números que vimos, pero agora xa imos moito máis aló e non nos chegan. Hai que pedirlle axuda aos amig@s. 
    Un exemplo de hoxe:
   

       Mateo foi o encargado e tiña que facer o número 28. Imposible! Non hai dedos! Imos pedir axuda!!! Aí tedes o 28, porque o 28 non soamente forma parte dun conteo que facemos por inercia, no no, ten significado, neste caso significa que xa pasaron eses días de SETEMBRO, e que faltan 2 para Outubro.



martes, 26 de septiembre de 2017

4 ANOS

   Hoxe tocoulle o turno de cumplir anos ao noso amigo ALEIXO!!! Cunha tarta de superheroeeeees!!! Guauuuuuu!!! Iso xa nos motiva moitísimo para empezar a argallar cousiñas. Xa repartimos os anacos de tarta segundo o superheroe ou superheroína, que queriamos papar, que se Capitán América, que se a muller que lanza espadas, que se IronMan, ...

Parabéns Aleixo!!!


Aleixo trouxo unha caixiña da cal sacou unha chea de letras, non letras normais díxonos, nooooooooo, letras TRANSFORMER, acompañadas da súa tarxeta de superpoder e de chocolatinas!!! Graciñas amigo!





lunes, 25 de septiembre de 2017

PENSANDO NOVO PROXECTO...

    Aquí vos deixamos unha pista do que, probablemente, sexa o noso novo proxecto de aula. Non hai día que non saia este tema ao longo da xornada escolar, senón é por unha cousa é por outra, pero sempre facemos algún comentario ao respecto.
   Aínda non sabemos como darlle forma, ben é certo, pero... xa vos informaremos dos nosos avances, e estade atentos que vos pediremos axuda 🙋🙌
   A ver se adiviñades a nosa intención, 😜😜😜!!!


BENVIDO OUTONO

  O venres, entramos en Google e xa nos avisou da chegada do Outono! Hoxe, nada máis chegar ao cole, a pregunta foi: Que pasou este finde??? Quen veu? O outoooonoooo!!! Síiiiiiiiiiiiii!
  

   Estamos a falar das follas das árbores, as follas perennes e as follas caducas.  Hoxe fomos ao patio a observar esas árbores e ademais aproveitamos para darlle a benvida ao outono.


martes, 19 de septiembre de 2017

CALENDARIO ESCOLAR 2017-2018

   Deixovos aquí o calendario escolar 2017/2018 co fin de que saibades con maior precisión os días lectivos dos vos@s fill@s, vacacións, festivos e demais. Deixareino tamén na columna da dereita para que estea dispoñible todo o curso.




   A maiores os días NON lectivos elixidos polo colexio son:

- 13 de OUTUBRO 
- 18 de MAIO. 

lunes, 18 de septiembre de 2017

O NOSO PIMPÍN

 É un paxaro??? é un avión??? Noooooooo...é súper-Pimpín!!!



   Lembrades o libro de Aleixo no que aparecía un Pimpín??? Nós, sí, por iso recordamos que os pimpíns son paxariños. Aínda que este é un pelín diferente, jajaja! Un paxaro que semella ter corpo de ovella, patas de galo e boca de pelícano. Así é o noso Pimpín

   Quixemos ensinarlle como traballamos e tamén os nosos xogos polo que aquí tedes un breve resumo.


   Por suposto, non quixemos perder a ocasión de retratarnos con Pimpín.





sábado, 16 de septiembre de 2017

4 ANOS

   Este venres fixemos outra triple festa. O venres festexamos os cumples de Ariana, Iago e Nicolás. Xa tiñan 4 aniños, fixéronnos antes de empezar o cole, pero quixeron celebralo tamén con tod@s nós!!! Graciñas aos 3!

Parabéns Ariana!
Parabéns Iago!
Parabéns Nicolás!





E ademais tamén nos trouxeron uns agasallos. Gracias chic@s!


jueves, 14 de septiembre de 2017

PIMPÍNS 4 ANOS

   Aquí tedes unha foto de tod@s xunt@s. A verdade é que a idea era facela sen mandilón pero...marchamos correndo para o patio porque non había ningúen e fixémola correndo antes de que chegaran os demais, jajajaja! 

miércoles, 13 de septiembre de 2017

PREPARANDO A COROA

   O venres celebraremos o cumple de Ariana, Iago e Nicolás. A primeira coroa que facemos no cole, que ilusión, que ganas tiñamos!!! Preparadiñas quedaron, á espera da festa do venres.


BENVIDO ELOY!!!

   Queremos presentarvos a Eloy. O noso novo compañeiro de clase. Imos pouco a pouco coñecéndonos, Eloy vainos contando cousiñas da súa vida e do seu anterior cole e nós tratamos de ir contándolle tamén o que fixemos o ano pasado, onde está o material, entre outras moitas cousas. Soamente levamos xunt@s 3 días, pero hoxe animámonos a facer unhas fotos de grupo. Benvido compi!!! Xa eres un Pimpín máis.


martes, 12 de septiembre de 2017

4 ANOS

   Pódese comezar mellor un curso que festexando 3 cumples??? Nooooon, pensamos que non! Por iso, as nosas amigas Sabela, Xiana e Uxía, convidáronnos a uns biscoitos ben ricos e veña, a papar, a bailar, e a pasalo ben e comezar o cole cunha festa!!!

 Parabéns Sabela!!! 
Parabéns Uxía!!! 
Parabéns Xiana!!!






E como non, unha foto de familia!!!



domingo, 10 de septiembre de 2017

VOLTA AO COLE

   Pimpíns!!!! Ola a tod@s:

   Mañá é o día de volver ao cole despois de tantos días de vacacións. Mañá, veremos aos amig@s, aos profes, e comezaremos de novo a compartir tan bos momentos como os do curso pasado, ou quizáis mellores!!!
    Xa sabedes, hoxe cediño para cama que mañá hai que madrugar e estar listos para o reencontro!!!
    Un bico grande. Ganiñas de vervos, Pimpíns. 😘
    



lunes, 4 de septiembre de 2017

BENVIDO SETEMBRO

   Boas a tod@s!!!

   Coa chegada de setembro, é hora xa da volta ao cole! Lembrade, os Pimpíns vémonos o día 11, pero antes tócalle ás familias.
  Familias, vémonos este mércores ás 11h. Faremos un pequeno recordatorio das normas básicas de organización do cole, falaremos do material que precisaremos este curso, actualizaremos algúns datos co fin de que a organización dos primeiros días sexa o máis fluída posible (uso do transporte, actividades extraescolares, tlf., entre outros), e comentaremos diversas cuestións relacionadas co curso xa pasado, resolución de dúbidas, e demais aspectos.

   Recordade, é importante a vosa asistencia. (Se é posible, acudir á reunión sen @s nen@s).