jueves, 28 de mayo de 2015

miércoles, 27 de mayo de 2015

Pompas para traballar o AUTOCONTROL

   Que difícil é esto de controlarse!!! O autocontrol é a capacidade para dirixir a nosa conduta no sentido desexado. Os nenos/as de 0 a 6, non teñen desenvolta esta capacidade. Son impulsiv@s e o que desexan é satisfacer o seu desexo de xeito inmediato. Para esta adquisición precísase unha maduración psíquica ademais dun traballo continuo a través de actividades e vivencias que fagan que o nen@ acabe interiorizando esta conduta. 
   Dende o cole, facer filas, respectar o turno, escoitar atentamente, non interrumpir, traballan o autocontrol. Hoxe, na clase, falamos desta palabra AUTOCONTROL, autocontrolarnos...puffffff...que difícil. 
   Relacionándoo coas emocións que estamos a traballar, falamos da rabia, furia e ganas que nos entran ás veces de pegar, ou gritar, ou patalexar cando algo non nos vai como nos gustaría. Nestes casos que facemos??? Como xa falamos do enfado foinos doado, xa que temos as solucións, agora a cuestion de levalas á práctica. Estas son as conclusións ás que chegaron os Pimpíns do que hai que facer:

- Separarnos dos compañeir@s cando estemos enfadad@s, xa que @s podemos lastimar.
- Non ir a falar ou a preguntarlle a un amig@ cando está furios@, deixar que se calme primeiro e logo ir a ofrecerlle axuda, se a quere.
- O que está enfadad@, ten que separarse e tratar de calmarse antes de que lle saia a rabia en forma de "puños".
- Contar ata 5, ou o que está moi moi enfadad@, ata 10 e despois RESPIRAR moi despacio.
- Se fixen algo malo, cando estea xa tranquil@, ir a falar con ese nen@ e pedir perdón, se é preciso.

   As pompas convertéronse hoxe, na nosa rabia, o que primeiro nos apetece é coller a pompa, explotala, tocala, destruíla, soplar para que se mova, tocala cos dedos...e así o fixemos! 

Ahhhhhhhhhh! Agora toca tranquilizarse e AUTOCONTROLARSE, as pompas caerannos por enriba e non poderemos tocalas! A ver quen é capaaaaaz!!!

   Os Pimpíns, para aguantar e non tocar as pompas utilizamos un sinfín de estratexias, poñer as mans detrás da espalda, pechar os ollos, tapar os ollos coas mans, mirar para outro lado para non velas, ...Algúns non fom@s capaces de aguantar e tocámolas, outr@s aplastámolas cos pés, ...é un proceso longo isto do autocontrol pero dende logo, os Pimpíns hoxe pasámolo xenial.
   Mais difícil, tod@s xunt@s, sen poder tocar as pompas, escapábanos a risa, foi moi divertido!


5 ANOS

  O domingo cumpliu aniños Hugo Candal pero como non poidemos estar con el ese día, onte fixemos unha pequena festa. Parabéns Pimpín! Pasamos un día xenial comendo o biscoito que nos trouxeches, non quedou nin unha fungalla,  Deixamos algo pola mañán, pero á tardiña xa rematamos todo que quedaba, mmmmmm estaba ben rica! Despois, estivemos bailando, como é algo habitual nas nosas celebracións, rindo, abrazando a Hugo, tirándolle das orelliñas e dándolle bicos. Feliz cumple Hugo!




viernes, 22 de mayo de 2015

LÓXICOMATEMÁTICA

   O currículo da Educación Infantil introduce o desenvolvemento das capacidades lóxicomatemáticas. 
   Dende os 3 anos xa comezamos a traballar diferentes conceptos matemáticos, o conteo, a seriación, a clasificación, a ordenación, etc. Como vistes nos traballos que os Pimpíns levaron para casa empezamos xa este ano coa SUMA, algo que nos divirte moito pois o xogo dos dedos de...pon 2 aquí e 5 alá e agora a contar, ou poño 7 e baixo 4 e a contar...gústanos moito! O interesante é ver como algúns Pimpíns xa non precisan nin os dedos, xa o fan mentalmente.
   Na educación infantil, a maioría dos libros das editoriais traballan en 3 anos o 1, 2, e 3; en 4 anos o 4, 5 e 6; e en 5 anos o 7, 8, 9 e 10. Por qué limitar esta aprendizaxe? Na clase xa somos 22, algo que sabemos dende que nos coñecemos, e 1 máis, 23 coa profe (xa estamos sumando). As nosas nais e pais cumplen anos e sí son máis de 10, e sabémolo, somos 15 nenos e 7 nenas, todos xuntos 22 (estamos sumando). Por que parar??? Unha vez que o concepto de número está ben aprendido non hai problema. O importante é xogar e divertirse cos números.
   Todos os días, facemos unha ronda de SUMAS (facémolo oralmente, falando), sinxela ou difícil...tanto da, a que queiramos. Sinxela (o resultado da suma é ata 10), difícil ( o resultado da suma é ata 20 ou @s máis atrevidos ata 100). Por ex, 15 máis 2, poñemos 2 dedos e contamos a partir de 15, e así sempre...Unha vez pillado o truco, facémolo xenial!!!
   Unha das nosas rutinas son as pinzas (graciñas por todas as que trouxestes, familias). As veces, nin nos fan falta os puntos, xa contamos a partir do número, como dixemos antes.



miércoles, 20 de mayo de 2015

MÁIS EMOCIÓNS

   Todas as mañáns poñemos no noso panel de rutinas como nos sentimos. O Monstruo de Colores axúdanos a identificar cada emoción. Dependendo de como nos sintamos poñemos a nosa foto debaixo dunha cor ou outra e explicamos o porqué dese sentimento.    Polas mañáns, case todos ou estamos alegres ou en calma, tranquilos. Despois do recreo, algún xa cambia o seu estado, e ponse vermello ou triste, xa que no recreo, ás veces, pásannos cousas que non nos gustan (é un bo momento para resolver os conflitos, que pasou? podo axudarte? non me gusta que me empuxes, ...son preguntas e frases que axudan á resolución). Aquí tedes o noso panel das Emocións.

   Antes de marchar para casa facemos unha valoración de como nos foi o día. Se algún Pimpín quere cambiarse de cor pode, dependendo de como se encontre, o que sí, sempre hai que dar unha explicación. Pola tarde, despois do recreo do comedor e do xogo por recunchos tamén xurden conflitos que nos fan cambiar de Emoción aínda que antes de marchar para casa, coa volta á calma, falamos e intentamos solucionar os problemas, polo que a alegría, a calma ou a tristeza soen ser as Emocións máis sentidas.

   Seguimos coa tristeza...


martes, 19 de mayo de 2015

UN POUQUIÑO DO QUE ESTAMOS A FACER...

  Hoxe queremos contarvos un pouquiño o que estamos a facer neste último empuxón antes de que cheguen as vacacións. Iamos comezar un proxecto pero a verdade é que o tempo botousenos enriba sen case darnos conta entón estamos facendo un pequeno traballo de EMOCIÓNS. 

  Primeiro comezamos co xogo DICIR ALGO BONITO, ao rematar as rutinas, cada un de nós dicíamoslle unha cousa bonita ao encargado do día. Ao principio, salían cousas físicas e froito da observación, gústanme os teus zapatos, que bonitos son os teus ollos, o que máis me gusta é o teu pelo, ... Despois, foron saíndo cousas preciosas  e moito máis personales como: quérote moito, gústame moito xogar contigo, quérote con todo o meu corazón, cando non ves ao cole estou triste, ...
   Isto realmente, chéganos ao corazón! É unha rutina que nos encanta!!!

   Dende fai un meses, levamos traballando as EMOCIÓNS, como te sintes? que che pasa? en que che podo axudar? precisas algo? Son preguntas que fomentan que os nen@s se expresen e conten como se senten. Unha vez que xa saben expresar os seus sentimentos, chega a hora de poñerlles nome, e nada mellor que o MONSTRUO DE COLORES (encántanos aos Pimpíns) para axudarnos a clasificalas. 


   Ao principio, o Monstruo está moi liado e confuso e ten as emocións moi revoltas. Así:


   Para seguir identificando as emocións que mellor que vernos a cara, para iso sacamos fotos e observamos como está a nosa boca, as cellas, ... Cando estou alegre a boca está cara arriba e cando estou triste está cara abaixo, se me enfado as cellas frúncense e estou un pouco feo/fea.



   Analizamos as caras de alegría e tristeza e vemos que son totalmente distintas e con elas animámosnos a pensar...EU SINTO ALEGRÍA NO MEU CORAZÓN CANDO...e EU SINTO TRISTEZA NO MEU CORAZÓN CANDO...e agora estamos plasmándoo no papel. 
    Estamos tratando de axudarlle ao Monstruo a que organice as súas emocións, de momento xa temos claro a diferencia entre a Alegría e a Tristeza, seguiremos co Enfado, o Medo e a Tranquilidade ou Calma.
    Xa vos seguiremos ensinando máis cousas, deixámosvos unha pincelada deste traballiño.




sábado, 16 de mayo de 2015

Día da Familia

   Onte estivemos preparando as nosas caixas para levar para casa e estivemos falando do que máis nos gustaba facer coa nosa familia. Tamén se nos ocurriu deixalo gravado en forma de vídeo polo que...tacháaaaaaaaaaaan!!! Aquí o tedes...
   Nuns días teredes todo o proceso do noso agasallo. Levamos un mes facéndoo, nada máis e nada menos!!! Moito traballo metido nesas caixiñas...moitas horas...
Familias, desexamos que vos gustara o noso regalo!!!

martes, 12 de mayo de 2015

IMPORTANTE

  

 O próximo venres día 15 haberá XORNADA CONTINUA. Xa sabedes, podedes vir a recoller aos nen@s ás 14.20h. senón comen no comedor (avisade de ser así en secretaría). De facer uso do comedor, poderedes vir por eles ás 15.00h. ou ás 16.00h. Os nen@s que usan o transporte sairán do colexio, como sempre, ás 16.00h.
   
   Este venres teremos a Tómbola, xogos con recompensa de puntos que logo poderán canxear por diferentes regalos.

XOGOS

   Aquí tedes unha selección de xogos para compartir na casa. Nós xogamos na clase cando temos un tempiño pola tarde e encántanos. O noso ordenador non nos deixa cargar todos os xogos polo que na casa sí que podedes seguir investigando. (Estarán sempre dispoñibles na barra da dereita).

XOGANDO COAS PALABRAS
   Hai 2 niveis e ten a opción de elixir entre maiúscula e minúscula, con diferentes temáticas: o corpo humano, a casa, os alimentos, os animais, a familia, entre outros.

INICIACIÓN Á LECTOESCRITURA
   Unha gran variedade de xogos con distintas temáticas, dende ler e escribir, música, puzzles a xogos de memoria e a ordenar unha historia.

UNIR OS PUNTOS

   

BOMBILLAS
   Cantas bombillas hai encendidas? Traballar coas matemáticas, niveis do 1 ao 4.

CONTAR ANIMAIS
   Traballar as matemáticas, do nivel 0 ao 3.

SUMAR MOEDAS
   Xogo para sumar con diferentes niveis, do 1 ao 3.

LÓXICOMATEMÁTICAS INFANTIL
   Ten varios dos xogos anteriores e algún máis como os SUDOKUS, MEDIR, UNIR PUNTOS OU COMPARAR.

lunes, 4 de mayo de 2015

EXCURSIÓN: BOTAFUMEIRO

  Aquí tedes o vídeo da nosa excursión a Santiago de Compostela. Foi un día agotador, un día de chuvia e de andar correndo dun lado para outro pero...os Pimpíns pasámolo en grande!!! Faltounos o noso compi Lucas, botámolo moito de menos. 
   Sen dúbida, o que máis nos gustou foi o Botafumeiro. Incrible o alto que chega e o rápido que vai! Esperamos que desfrutedes do vídeo. 

domingo, 3 de mayo de 2015

IMPORTANTE! VÉMONOS O MARTES!



MANUEL GUISANDE e o Día do Libro

   Este venres veu ata o colexio Manuel Guisande, escritor de literatura infantil, xornalista e guionista de curtametraxes. Estivo facendo un obradoiro cos nen@s máis maiores de Primaria pero tamén quixo estar un tempo cos máis pequeniñ@s. Cando rematou o obradoiro, pediu poder contarlles un conto aos nen@s de Infantil, que segundo nos dixo, era o mellor público que podía ter, creativos, atentos, curiosos, ... Sen dúbida, Manuel Guisande, ten toda a razón. 


   Tamén aproveitamos para poñer unhas fotos do Día do Libro. Ese día trouxéronnos uns agasallos dende o Concello. Un libro! Non hai mellor regalo!



   Ademais, os Pimpíns, con motivo deste día, trouxeron libros dende a súa casa para o cole. Desta vez, non houbo nota da profe, xa que temos que ir aprendendo a ser responsables e a levar recados da casa para o cole e do cole para a casa. O Pimpín que se esqueceu, non pasa nada, aínda pode traer o libro cando lle acorde. Xa temos a estantería de novo chea de libros! Encántanos poder sentarnos e ler os libros dos nosos amig@s! Tivemos que levar para a casa os libros do proxecto de Animais porque xa non nos collía tanto libro na aula!