domingo, 11 de septiembre de 2016

CARTA AOS PIMPÍNS

   Ola Pimpíns:

   Son a profe Silvia. Que tal de verán? Fostes moito á praia? Xogastes moito? Espero que sí, seguro, que o pasastes fenomenal!
   
   Mañán, xa sabedes, comeza o cole de novo. Mañán, será un día importante. Mañán, empezades en Primaria. Estades un pouquiño nervios@s? Non o estedes porque o ides pasar moi ben, ides volver a ver aos vosos amig@s, teredes un montón de cousas que contarvos! Ademais, estaredes nunha clase nova, no patio de maiores, e moitísimas cousas divertidas que aprender! Xa veredes, ides pasalo moi ben!
   
   Queredes que vos diga un segredo? Eu, tamén estou un pouquiño nerviosa, jiji, porque mañán, vou coñecer aos meus novos alumn@s. Espero que lles guste moito a clase e que tamén mañán, sexa un bo día para eles e elas.
  
    Aínda recordo o voso primeiro día de cole...Cando erades pequeniñ@s, e entrastes por primeira vez na nosa aula. Algúns moi contentos, outros un chisquiño tristes...pero rapidamente, nos fixemos amigos, verdade? Mañán, acordareime moito de vós...Tratarei de facervos unha visita, vale? Para darnos uns biquiños e unhas apertas e desexarnos moita sorte na volta ao cole.
   
   Lembrade, todo o que falamos este ano...Coidarvos moito entre vós, axudar a un amig@ se o vemos triste ou enfadado, cando faga frío, collede as chaquetas e abrigádevos ben, vale? No patio, merendade todo e levade un papel ou servilleta para limpar as mans e a boca. Xa sabedes, que agora ides merendar fóra...
   
   Son cousiñas, que xa falamos na clase, xa o sei, pero é importante que non vos olvidedes de facelo!    Sí, xa o sei, son un pouquiño pesada, jajaja, pero é que tedes que acordarvos de todo o que aprendimos e non esquecelo, vale?
   
   Bueno, pois xa me vou despedindo...Hoxe, hai que deitarse cediño que mañán temos que madrugar e temos que estar ben descansadiñ@s porque vai ser un día cheo de boas emocións!.
 
   Un biquiño para cada Pimpín e unha aperta enorme.
   Quérovos moito Pimpíns.
   A vosa profe Silvia.