jueves, 27 de febrero de 2014

XOVES DE ENTROIDO

   Hoxe os Pimpíns viñeron disfrazados das súas casas. Que guap@s tod@s! Tiñamos de todo... a 2 piratas, a 3 ninjas, un cabaleiro, un bombeiro, un indio, un boneco de neve e ata viñeron Peter Pan e Robin Hood e ata se acercou Rayo McQueen! Tamén apareceu por alí unha vampira, unha abella, unha pitufa, unha princesa, unha bollboreta, unha flamenca e ata a mismísima Carapuchiña Vermella!!! Aquí os tedes...


lunes, 24 de febrero de 2014

LUNS DE ENTROIDO

    Hoxe empezamos co Entroido no colexio. A consigna era traer algo na cabeza, moi ben Pimpíns! Guap@s, guap@s!


   Isto foi pola mañá, á tardiña, disfrazámonos de Dalí, cos seus bigotes grandes grandes e coa súa paleta de cores tan chulis. Pronto veremos as fotos dos nosos Pimpíns, de momento, deixámosvos unhas fotos dos momentos que compartimos hoxe cos nen@s de 4 anos e dende aquí dicirlle á profe Silvia: ¡Grazas por pintarnos os bigotes!



viernes, 21 de febrero de 2014

SEMANA DE ENTROIDO!!!

LUNS, MARTES E MÉRCORES

   O MECO deste ano chamado BARTOLA disfrarase a semana que ven...cada día porá no seu corpo unha cousa nova, sendo acumulativo, é dicir, o luns haberá que traer algo na CABEZA, o martes o mesmo do luns e ademais algo no TRONCO,  e  o mércores, o do luns e o martes e algo nas PERNAS ou PÉS.
   Comezando polo luns:






XOVES:
   Os nen@s poderán vir disfrazados da casa. Un disfrace que lles sexa cómodo e co que poidan ir ao baño de maneira autónoma. (Non é obrigatorio vir disfrazados).

VENRES: 
   Disfrazarémonos todo o colexio de WHATSAPP. A nós, OS PIMPÍNS tocáronnos os emoticonos das cariñas. O disfrace estamos a facelo na aula polo que non teredes que traer nada feito da casa. Os Pimpíns estivemos mirando hoxe varias cariñas do whatsapp e a verdade que son moi graciosas...incluso temos cariñas neste BLOG que tanto nos gustan!. O venres terán que vir con roupa escura.
   O venres haberá XORNADA CONTINUA, igual que o último día antes das vacacións de NADAL. Non vos afecta en canto ao horario de recollida dos nen@s. Os autobuses saen á mesma hora para as casas e as familias que os veñen a recoller ao colexio tamén, a hora é a mesma, as 16:00h. Soamente que en vez de comer ás 12:50h. irán para o comedor ás 14:20h. pero estarán atendidos ata as 16:00h.


  Despois de todo isto...como se fora pouco...seguro que algunha sorpresiña máis haberá...BO FIN DE SEMANA!!!



miércoles, 19 de febrero de 2014

MURAL DO ENTROIDO

  Esta vez tocounos a nós! Este ano fomos nós, os de Infantil, os encargad@s de facer o mural do Entroido. Ao final quedou así de bonito...Os nen@s de 5 anos encargáronse do MECO, os nen@s de 4 anos decoraron as letras 
E-N-T-R-O-I-D-O e nós, os Pimpíns, fixemos unhas MÁSCARAS chulas chulas! Primeiro pintamos con pincel e pintura de dedos e logo botámoslle algo de purpurina que no Entroido é necesaria!!!jajajajaja!!! Son un pouco grandes para as nosas caras pero o mural precisaba unhas máscaras ben vistosas...Na parte de abaixo do mural podedes ver a frase deste Entroido: 
Aí ven o Entroido, e festa rachada, os nenos na escola faremos foliada!!!



 



      

   Tamén podedes ver como fixemos tamén outras máscaras máis adaptadas ao noso tamaño. Esta vez coas ceras Manley que tanto nos gustan e tamén un toque máxico de purpurina!!!

  

MIMOSAS

   Os Pimpíns, o venres pasado, estivemos usando o noso sentido do OLFACTO coas MIMOSAS, unha flor de inverno. Tocámolas, ulímolas, mesmo as aplastamos un chisquiño cos dedos, usámolas para facernos cóxegas e tamén aos nosos compañeir@s....jajajajaja!!! Fíxonos moita gracia o nome de MIMOSAS...Que teñen mimos profe? Son bebés? Estes Pimpíns son os mellores! Que cousas!!! Se pinchades na foto iredes directamente ao blog Somos Paisaxe, Somos Sentidos onde tedes máis información.


   En breve o EXPERIMENTO DO XEO que tanto nos gustou...

viernes, 14 de febrero de 2014

DÍA DO AMOR

   Hoxe é o Día dos Namorados, San Valentín. Na clase estivemos falando do que son os namorados...Chegamos á conclusión de que son OS NOVIOS e AS NOVIAS pero...nós tamén nos queremos! É o noso día? Pois tamén, hoxe é o Día do Amor...aos papás, ás mamás, ás avoas, aos avós,...e por suposto, AOS AMIG@S! 
   Os Pimpíns fixeron unha ronda de bicos para demostrar que queren moito aos seus compañeir@s. O máis bonito de todo isto foi que comezou de xeito espontáneo xa que os bicos non son de obriga! Vivan Os Pimpíns!!!

                      Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow design by Smilebox

jueves, 13 de febrero de 2014

EXCURSIÓN!!! ÚLTIMA HORA!!!

   

   Que mágoa!!! Os Pimpíns quedamos moi tristes coa nova de última hora!!! Joooooooo...foi o sentir de todos nós! Xa sabemos que é pola nosa seguridade porque mañá, de novo, hai alerta por temporal. Estivemos falando do que eso significa e agora sabemos que o mellor que podemos facer e quedarnos no colexio a resgardo de tanto vento que vai facer...
   Familias, en canto saibamos a nova data xa vos avisaremos! Esperemos que sexa prontiño!!!

   

Este venres de novo iremos de excursión!!! Moi ben adiviñaron os Pimpíns!!! Non se lles escapa unha!jejeje! Destino: MUSEO DE BELAS ARTES!!! Todos os días, dende que soubemos a nova, preguntamos: imos a Coruña? Onde está o xigante? Pintamos como un artista? Incluso, ás veces, cando é hora de marchar para o comedor e poñer as chaquetas, algún preguntou: Marchamos para Coruña? Nooon...tranquilidade que o venres xa está aí!!! Veremos moitos cadros e algunha escultura para adentrarnos no mundo da ARTE...(seguro que a algún Pimpín xa lle escapou o nome do pintor que imos traballar na aula...máis información á volta da excursión...).

martes, 11 de febrero de 2014

MACEDONIA

   Clicando na macedonia podedes ver o vídeo da merendola invernal que fixemos a semana pasada. Que ricas as froitas! Mmmmmm...

lunes, 3 de febrero de 2014

DE EXCURSIÓN!!!

    De novo os Pimpíns imos de excursión!!! Será aínda para a semana que ven pero imos entrando xa en materia...Como dixemos hoxe cando nos enteramos: Outra vez??? acórdaste profe, xa fomos unha vez eh!!! Sí, síiiiiiiii, pero volvemos!!! FAMILIAS, preguntádelle aos Pimpíns a ver se vos din a onde imos esta vez!!!jajajaja!!! Está relacionado cun proxectiño que imos empezar en breve...pero aínda non podemos dicir  nada máis...Unha pista do que imos ver...aí vai!!!

RUTINAS

   Dende que comezamos o ano...algunhas rutinas son algo máis complexas. Todos os días, temos que pasar lista para saber quen falta, ao que lle toque ser o encargad@ ten ler o nome do Pimpín para que este colla a súa foto e faga "o puzzle", é dicir, a poña ao carón do seu nome. É un chisco difícil porque imlica "ler" o nome dos nosos compañeir@s pero os Pimpíns están facéndoo moi requeteben!!!

SOMOS PAISAXE, SOMOS SENTIDOS


   Aquí temos aos Pimpíns que xa presentaron a súa Paisaxe aos demais compañeiros da clase. A verdade é que o fixeron fenomenal, viñeron coa lección moi ben aprendida!!! Por agora as conclusións ás que chegamos son:

- Todas as paisaxes teñen ceo.
- Algunhas paisaxes teñen no chan, verde, e outras, gris. Verde, dos prados, árbores e herbas; e gris, da rúa.
- Uns nen@s viven en casas e outros en pisos.
- Hai pisos repetidos ( iso é porque o mesmo edificio aparece na foto de dous ou máis nen@s).
- Dende o piso dalgún nen@ pódese ver o piso doutro nen@.
- Hai 2 chemineas enormes que botan moito fume.

Seguiremos investigando....



 



   Os Pimpíns seguen explicándonos a súa paisaxe...Os seguintes en facelo foron Daniela, Brais e Giovanna. Xa temos o mural case completo!!!