Un libro que nos encantaaaaaaaaaaaa!!! Este libro é o ANIMALFABETO. Dende o primeiro día que o vimos encantounos. Cada letra ensinábamos un animal e así fomos aprendendo os sons das letras para que así nos sexa máis sinxelo lanzarnos a escribir. É moito máis doado para nós aprender o son da letra e logo escribila ou recoñecela dentro dunha palabra que se aprendemos o seu nome xa que se dicimos a letra Peeee estamos adxuntándolle o sonido E. Por exemplo, á hora de escribir PEPE, escribiríamos PP porque así é como soaría, pola contra, se aprendemos o son da letra, se poñemos P darémonos conta de que hai algo que falta...P E P E...Deixámosvos un vídeo que fixemos a última semana do cole para que vexades como aprendemos os sons das letras. Dende aquí graciñas a profe Patricia que nos grabou coa cámara para poder facer este vídeo.