sábado, 18 de octubre de 2014

SAMAÍN

   Esta semana comezamos co Samaín! Festexarémolo o xoves 30 pero durante esta semana e a que ven faremos diferentes actividades relacionadas con este día. Decorar a nosa aula como o ano pasado, mais a parede de fóra converténdonos tod@s os nen@s de Infantil nuns morcegos. Tamén faremos tod@s xuntos unha MERENDA MONSTRUOSA e, familias, ide pensando no disfrace do día 30 porque ese día tod@s seremos bruxas, monstros, morcegos, pantasmas, e demais...o que vos queirades pero eso sí, relacionado coa temática do Samaín.
   Aquí vos deixamos os vídeos que máis nos gustan. Estarán tamén dispoñibles na barra da dereita dos PimpiVídeos.


lunes, 13 de octubre de 2014

POPURRÍ

   Esta semana, como xa traballamos a Vendima, fixemos un acio de uvas xigante con bolas de porexpán. É enormeeeee!!! Tamén fixemos unha espiga de millo orixinal pegando con cola os círculiños que resultaron de facerlle os buratos a todas as follas do pasaporte lector e ademais coloreamos un abecedario de letras divertidas. Aquí o podedes ver.


  

   O venres, Giovanna invitounos a castañas! Que ricas que estaban!!! Comémolas entre tod@s e Giovanna marchou co tupper baleiro de todo!!! Gracias Pimpina!!! A foto tivo que ser xa sen castañas porque non deu tempo!jajajaja!!!






   Ademais xa estamos pensando no próximo proxecto... Os Pimpíns estamos dándolle voltas ao que queremos investigar. Aínda non hai nada pechado polo que, queridas familias, xa vos informaremos de todo en canto o saibamos.


jueves, 9 de octubre de 2014

VENDIMA 2014

   Por fiiiiiiiiiiiiiin!! Aquí está o vídeo da vendima que fixemos os Pimpíns xunto aos nen@s da clase de 5 anos. Foi un día estupendo, o tempo acompañounos e pasámolo xenial. Case tod@s nos atrevemos a probar o mosto e...mmm rico rico! 
   Graciñas ás familias por todas as uvas.


CONTO VIAXEIRO

   Este venres comezamos a levar para as nosas casas o CONTO VIAXEIRO da Biblioteca de Aula. Preparamos as nosas carpetas, eliximos cadanseu conto e puxémoslle nome ao noso PASAPORTE de lectura. Espero que esteades a desfrutar dos contos seleccionados polos Pimpíns!


   Agora outra foto conxunta que nos faltaba Mateo!