martes, 31 de mayo de 2016

VISITA DE HOWARD CARTER E BETHEL

      Aquí vos deixamos un vídeo-resumo da visita do exiptólogo máis famoso da historia polo descubrimento da tumba do faraón Tutankamón, e da súa secretaria Bethel.
     Quedáronnos moitísimas cousas por preguntarlle, dúbidas que temos acerca dos faraóns que aínda se atopan no Valle de los Reyes, ...pero Howard ten a axenda moi apretada entón, fíxonos unha visita rápida e volveu marchar para Exipto a seguir investigando. 

lunes, 30 de mayo de 2016

HOWARD CARTER

   Tremendooooooooooooooo!!!
   Mirade quen veu á nosa clase!!! Vaia sorpresón!


          Howard Carter, famoso exiptólogo descubridor da tumba de Tutankamón! Guauuuuu! E a súa axudante Bethel, que como nos dixo, é a que lle escribe todos os seus libros!
       As nosas caras eran tremendas, quedamos coa boca aberta! 
Incrible! Howard na nosa clase!
     Contounos o que atopou na tumba de faraón, ensinounos un vaso canope cos órganos dentro, unhas xoias que atopou na tumba e fíxonos uns regalos...unha cleopatra pequeniña e un reloxo de area.



domingo, 29 de mayo de 2016

AVISO


   O mércores 1 de Xuño, comezará a XORNADA CONTINUA, que se estenderá ata o día 22, día no que rematará este curso 2015/2016.

   O horario será o seguinte:




   Os Pimpíns que van no autobús sairán do colexio á mesma hora de sempre, ás 16:00h.

   As familias que vides polos Pimpíns ao colexio, podedes vir tamén ás 16:00h. por eles, ou se preferides, xusto despois de comer, o horario será de 15:00h. a 15:10h. para poder recollelos. 
  

viernes, 27 de mayo de 2016

SAHARA, NILO E PIRÁMIDES DE GUIZA

   Estamos a facer unha manualidade que seguro nos vai quedar chulísima. Primeiro, o Nilo, despois, o Deserto do Sahara, e por último, as pirámides de Guiza.

Nilo-  pintamos con témpera azul, un chisco de verde, amarelo e branco (punteamos, sen arrastrar).


Pirámides- con masa branca moldeamos as pirámides, unha grande, outra mediana e outra pequena, e con masa verde facemos 2 pequenos cocodrilos que irán polo Nilo.




Deserto- fixemos unha mestura con cola, témpera, polvos de talco e area e pintamos o deserto.



   En canto seque a masa, comezaremos a pintar as pirámides. Logo quedará compoñer todo enriba do cartón e pegalo. Encántanos, pero non damos acabado! Moitos días invertidos na nosa obra de arte, jijiji.


jueves, 26 de mayo de 2016

MATEMÁTICAS

   Contámosvos os nosos avances coas mates. Como parte do grupo de traballo do Método ABN, a profe Patricia fíxonos uns materiais para seguir traballando cos números. Uns paneis de sumas e restas, algunhas máis sinxeliñas e outras máis complexas (buscar o tapón co resultado e enroscalo no sitio correspondente). 
  Estivemos xogando por grupos, axudándonos entre tod@s. Tamén, temos uns puzzes matemáticos, onde temos que ir cubrindo os números que faltan, como se dun puzzle se tratase. Se o sabemos facer coa cabeza xenial, senón, pois collemos a nosa táboa e imos mirando como facelo. O importante, é ter estratexias para ir avanzando nas matemáticas.



   Gustounos tanto o do puzzle matemático, que xa na pizarra, saímos a facelos de 3 en 3. Aquí tedes unha mostra.


Se baixamos un piso, sumamos 10.
Se subimos un piso, restamos 10.
Se avanzo (saltar cara adiante), sumo 1 unidade.
Se retrocedo (saltar cara atrás), resto 1 unidade.

miércoles, 25 de mayo de 2016

PAPIRO

   Menuda sorpresa cando Mateo entrou pola porta cun PAPIRO!!! Sí, sí, de verdade! Quedamos pampos, coa boca aberta! Un papiro de verdade, como os que hai en Exipto, incrible!


   Incrible, con esta pranta os exipcios creasen o seu papel para poder escribir. Estes exipcios eran moi inxeniosos!!!

    Mario, traballou moito moito, varios días tivo que chegar a casa e seguir facendo a sorpresa que nos tiña preparada! Un papiro si, sí, pero este xa convertido en papel. Papel que usaban os escribas para poñer os xeroglíficos e debuxos exipcios. Ademais, explicounos que materiais precisou para facelo. Ollo coidado que ten a súa dificultade facer todo iso! Bravo Mario!




   Martín veu cun recorte do xornal no que aparecía unha nova de Exipto! Fala de Tutankamón! Aaaaaaaaaaaaaaaah, tremendo! Martín, contounos que parece ser que hai varios exiptólogos, que pensan que detrás da tumba de Tutankamón podería estar a de Nefertiti! OOOOOOOh, sería incrible! Oxalá teñan razón, profe, e a atopen! De verdade, que sí, sería espectacular! 

(Anécdota: O titular do xornal é Tutankamón ya tiene su culebrón. 
Conversa: 
    - Profe: Pimpíns, a ver, que significará este titular? De que falará a noticia de Martín? 
  - Pimpíns: Que lle atoparon na tumba unha serpe enorme, guauuuuuu! Todos: síiiiiiiiiii! Aplausos. 
  - Profe: como? que dicides? non entendo? porque dicides que falará dunha serpe se aínda non lemos nada diso? 
   - Pimpíns: porque di culebrón, de culebra pero unha grande, e agora xa a ten Tutankamón! 
  - Profe: aaaaaaaaah, vale, non o pillara! Risaaaaaaaaaaaaas. Que arte teñen!) E posterior, explicación do que é un culebrón.


martes, 24 de mayo de 2016

6 ANOS

   Hoxe festexamos o cumple de Hugo. Parabéns Pimpíiiiiiiiiiin!!!
Comimos ata fartar. Trouxonos 2 biscoitos, un de améndoas riquísimo e outro de chocolate estupendo. Graciñas Hugo!



Esta foto de tod@s xuntos axudándolle a Hugo a soprar a súa vela!


GRANXA "O VENTOSO"

   A semana pasada fomos á última excursión de Infantil. Fixemos unha pequena dramatización desto, xa a veredes no vídeo (aínda tardará un pouco) que ben facemos o teatro! Somos uns artistas para todo! 
  Deixámosvos unhas fotos con SANCHO, un poni que puidemos peitear, acariciar, soamente había unha única condición para poder facelo...non pasar nunca por detrás! Xa que Sancho así non nos pode ver e pode que nos dea unha coz. 
Presentámosvos a Sancho!



TÓMBOLA DAS LETRAS GALEGAS

    O venres fomos á tómbola a conseguir moitos puntiños para logo poder canxealos por regalos. Xogamos a encestar, á petanca, a meter gol, fixemos circuitos, entre outros. Finalmente, tivemos a nosa recompensa, ademais do regalo, pasalo ben cos compis e botar unhas risas.


 E despois tocou desfrutar do día de sol que veu o venres! Que lindas fotos no patio! A pena é que non temos moitos días de sol para poder estar xogando nel.


viernes, 20 de mayo de 2016

PREMIO

   Hoxe, chamáronnos para que subiramos á biblioteca para recibir o premio que gañamos nas Letras Galegas polo traballo que fixeron os Pimpíns da vieira e dos nosos galegos e galegas! Aló fomos!!!
Que orgullo de Pimpíns!!!


   Abrimos o regalo xa alí, non nos aguantamos. Unhas ceras, unhas pizarras magnéticas e un set de manualidades.

   Gracias ao Concello de Cerceda, e a Begoña, por adicarnos unhas palabras ben bonitas, sobre o esforzo que fixemos e a nosa adicación ao día das Letras Galegas.

UNHA PIMPINA MÁIS NA FAMILIA

   O mércores, nada máis entrar, ou mellor dito xa na fila, Iker contounos que a súa irmá xa nacera!
  Que boa nova! Ao entrar na clase, foi á pizarra e escribiunos o seu nome e apelidos e ademais, como facemos sempre, escribiunos unha frase coa palabra irmá!



FELICIDADES FAMILIA LÓPEZ FUENTES!!!

miércoles, 18 de mayo de 2016

EXCURSIÓN E TÓMBOLA

   Mañán imos de excursión!!!



Recordade:

- Non fai falta que @s nen@s traian
merenda.
- Na mochila, que traian unha
botella de auga.
- A gorra, tampouco fai falta, xa levamos a que temos no cole.
- Lembrade, roupa e calzado cómodos.
- Non fai falta o chuvasqueiro,
con que traian unha chaqueta, a que soen traer ao cole, por se fai un
pouco de frío, serve perfectamente.

   O venres, faremos a tómbola das Letras Galegas, como todos os anos, e ese día haberá XORNADA CONTINUA, é dicir, de 9.30 a 14.30h. Os autobuses sairán, como todos os días, ás 16:00h. Os que non vaian en bus, xa sabedes, podedes vir a recoller aos nen@s, ás 16:00h ou á saída do comedor, sobre das 15:00h. 


lunes, 16 de mayo de 2016

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

- Profe, e o vídeo do premio? Non, non fas un vídeo?
- Xa vos puxen no blog aplaudindo cando o soubestes!
- Sí, pero un onde se vexa o noso traballo, e cando falamos tamén.
- Ah, vale, pois farei un!
   Dito e feito. Aquí tedes un resumo e as opinións dos Pimpíns do porqué mereciamos o premio.
   Opinións gravadas antes de saber que gañamos.

domingo, 15 de mayo de 2016

FELIZ DÍA DA FAMILIA

   Espero que vos gustara a todas as familias pimpinas o agasallo!
  Esperaron os Pimpíns ao día de hoxe??? Ou algún/algunha non aguantou? jajajaja! Tod@s tiñan moi claro, onde o ían esconder, para que a súa familia non o atopase! Dende caixóns segredos, pasando polo armario no medio da roupa ata dentro dunha maleta!


miércoles, 11 de mayo de 2016

MÁIS MATERIAIS EXIPTO

   Mostrámosvos os últimos materiais que trouxemos ao cole para traballar Exipto.

   Daniela fíxonos esta súper maqueta das pirámides de Guiza!!! Impresionante! Tamén os camellos, a palmeira e o río Nilo! Vaia traballazo nos fixo Daniela para o cole! Guauuuu! As pirámides son de goma eva, súper chuuuuuuulas!!!
   Marcos, o día que intentamos construír unha pirámide coas caixas de zapatos, trouxo un triángulo para lembrarnos que a parte de arriba da pirámide ten forma triangular!
   Mateo, veu todo ilusionado co seu traballo! O seu pai estivo en Exipto! Xeniaaaaaaal! E tróuxonos fotos da esfinxe, das pirámides, da máscara de Tutankamon, preciosaaaaaaaas! (A cara de Mateo cando nos explicou que o seu pai estivo fai anos en Exipto, era increíble! Con que paixón e ilusión o contou, fantástico!).
   O encargad@ escribe na pizarra, todos os días, unha frase sobre Exipto. Contamos as palabras que ten, e os ocos que temos que deixar entre unha e outra.


      Adriana e Omar, deixáronnos estes libros na biblioteca. Xa temos un montón! Xenial, porque os collemos para investigar, para buscar información para logo realizar traballos, ...
       Mario, explicounos o traballo que fixo. Levoulle varios días, e íanos avisando cada día dos seus progresos, ata que, por fin, puidemos velo, xeroglíficos, amuletos, máscaras exipcias. Non lle falta detalle!!!


Familias, graciñas pola vosa colaboración.

martes, 10 de mayo de 2016

FOTOS DIARIAS

   A cámara, como xa vos dixemos, está á nosa disposición (enriba da mesa da profe), se queremos facer unha foto, collémola e usámola. Hai unhas normas, por suposto, pero como as cumprimos, non hai problema. Aquí tedes, un remix dun montón de fotos.





* Cando collo a cámara, e reviso as fotos, boto unhas risas! Estes pimpíns son tremendos! Teño tantas fotos, tantaaaaaaas, que non hai publicacións no blog que cheguen! Penso, que é a clase máis fotografíada da historia do mundo mundial!

lunes, 9 de mayo de 2016

GAÑADORES

Menudo sorpresón levamos hoxe! Gañadores!
Algún Pimpín, ata se emocionou! Non é para menos!


GAÑAMOOOOOOOOOS!!!

   Hoxe soubemos que gañamos o CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS 2016!

   A semana pasada estivemos a tope traballando, e conseguimos finalmente facer esta marabilla! Foi o traballo que presentamos ao concurso e tivemos a nosa recompensa! Gañaaaadores absolutos, na categoría de Educación Infantil!
   As bases do concurso pedían un lema por un lado, e polo outro a explicación dese lema...Fixemos unha vieira convertida na bandeira de galicia e o noso lema...E logo ti...falas galego?


   Polo outro lado, cada un de nós debuxou, un galego ou galega, e a través dun globo de diálogo explicamos porque falamos galego. Así nos quedou a vieira!


domingo, 8 de mayo de 2016

VOTACIÓN XORNADA

   Mañán é o día no que as familias teredes que votar que tipo de xornada queredes. 
  O horario para votar será dende as 9:00h ata as 21:00h. Soamente, pode votar unha persoa por neno/a, ou o pai ou a nai.
 
O horario, de saír a votación favorable, será o seguinte:


 Este horario implantaríase para o ano que ven, curso 2016/2017.
 Importante lembrar, que este novo horario sería, exactamente igual, que o horario que hai nos meses de Setembro e Xullo.

lunes, 2 de mayo de 2016

VIDEOCLIPS EXIPTO

   Abraiados estamos con estes dous vídeoclips! Non hai día que non os queiramos ver e bailar! Xa coñecemos a Michael Jackson e a Kate Perry. 
   Ademais analizamos os vídeos como se fósemos auténtic@s exiptólog@s!!! Michael Jackson atrévese a bicar á esposa do faraón! E así, claro, quéreno matar! Corre Michael, corre! 







   Cleopatra, ten unha lupa coa forma do Ollo de Horus, e na súa peluca tamén aparecen moitos ollos de Horus! E ademais, ao seu carón aparecen varias BASTET, deusa con cara de gato! E tamén, aparece o deus da felicidade Bes, que é o que non ten máis auga para darlle a Cleopatra e convírteo en area! Tremenda esta Cleopatra!