viernes, 28 de abril de 2017

AVISO

     Desfrutade deste luns festivo e lembrade que o día 2, sí temos clase. O Día non Lectivo será o 23 de Xuño. Ata martes Pimpíns!!!



jueves, 27 de abril de 2017

AUTONOMÍA NOS REXISTROS

   Como sabedes, precisamos 3 pegamentos e 1 caixiña de ceras brandas. Xa dominamos a escritura do noso nome polo que...AGORA LEVAMOS NÓS O REXISTRO.
   Sempre escribía a profe o noso nome nunha listaxe pero agora, xa empezamos a facelo nós. Colocamos as cousas que traemos no seu sitio, e despois xa nos apuntamos para que quede rexistrado que trouxemos o material.
   

   Aquí vedes a algún Pimpín rexistrándose.

martes, 25 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017- APADRIÑANDO A LECTURA

      O venres pasado sucedeu algo moi moi bonito no colexio. Cando se xuntan nenos e nenas de distintas idades, co fin de ler e pasar un anaquiño de tempo agradable é marabilloso. 
   O clima que se respiraba no colexio era sensacional, nen@s lectores por todos os recunchos, risas, asombro, ledicia, un sinfín de emocións difíciles de explicar, polo que aquí tedes un vídeo-resumo do que aconteceu o día lectivo previo ao Día do Libro 2017.
   
  Esta semana, ademais, estivemos falando de Gloria Fuertes, escritora española, adicada de pleno aos máis pequen@s. Coa profe Eugenia, fixemos un puzzle, decoramos a súa foto e escribimos o seu nome e apelido. Como estabamos co nome de Gloria a voltas, pois que mellor que movernos ao ritmo dunha canción que grita o seu nome. (Desculpade a miña irrupción no vídeo 😅😅😅).

NOVOS GRUPOS DE MESA

    Co cambio de trimestre, chegou a hora de cambiar de novo de compis de mesa. Xa sabedes que esta organización é para a hora dos xogos que requiren pequenos grupos. Así quedaron os grupos conformados:


   Os grupos aínda seguen sendo: Tiburóns, Polbos, Medusas e Cabaliños. A verdade, é que nos encanta e cústanos pensar en cambiar pero...chegou a hora de facelo! jejeje! Non sabemos se poñerlle nomes aos grupos de CONTOS QUE NOS GUSTAN ou tirar xa pola rama artística de cheo, e poñerlle nomes de CADROS...Decidirémolo próximamente e xa vos informaremos. 😋

2º MERCALIBRO SOLIDARIO

   Este ano levouse a cabo o 2º Mercalibro do Cpi O cruce. Unha iniciativa na que se pretende que @s nen@s donen os libros que xa leron, e podan adquirir novos libros de lectura a cambio de produtos non perecedeiros. O seu fin é facer a maior donación posible de produtos para que cheguen a aqueles que máis o precisan a través dos Servizos Sociais do Concello de Cerceda.
 Nós, os máis pequen@s, tamén quixemos ser SOLIDARIOS e SOLIDARIAS!!!

1º DONAR OS NOSOS LIBROS

2º TRAER DA CASA PRODUTOS DE HIXIENE E DE ALIMENTACIÓN PARA DONAR.


3º IR AO MERCALIBRO PARA PODER INTERCAMBIALOS POR LIBROS.


Aquí tedes unha mostra de todo o que se conseguiu gracias a vós!!!
Graciñas por participar familias Pimpinas!!!



lunes, 24 de abril de 2017

ÁRBORE DE CONTOS

   Seguindo co Día do Libro, hoxe rematamos unha tarefa que tiñamos pendente, a ÁRBORE DOS CONTOS. Cada un de nós elixiu o seu conto favorito e decorou co seu debuxo, unha folla. Agora, xa están todas pegadiñas na árbore, xunto cos debuxos dos nos@s compis de 3 anos B, 4 e 5 anos.



Estes foron os nosos debuxos dos contos:


Para que os vexades mellor, estes son os elixidos:



O MELLOR AGASALLO...UN LIBRO!

      Con motivo do Día do Libro, que foi onte, 23 de Abril, hoxe recibimos un agasallo en forma de libro dende o Concello de Cerceda. Xenial! Encántanos recibir regaliños coma este! Graciñas. 


   Ademais, o regaliño dounolo Cris, a que foi a profe na gardería de algúns de nós! Démoslle un biquiño e unha apertiña ben grandes!


E xa sabedes...



miércoles, 19 de abril de 2017

UNHA DÚBIDA POLA LETRA Ñ

   Na aula temos un cartel coas letras do abecedario e cada unha delas aparece asociada a un debuxo. Hoxe, traballando os sons das letras, comezamos a dicir: A de abella, B de balón, así ata que chegamos á letra Ñ. 

   * Para que saibades, temos unha historieta da letra Ñ. O Ñ, é un pouco ñoño porque está sempre queixándose e chorando. As súas primas, M e N, están bastante cansadas da letra Ñ, porque sempre está: ñiiii ñiiiiii ñiiiii. 
    

    Cando chegamos ao Ñ, aparécenos no cartel un animaliño pero claro! non nos saia o nome... Ñ de búfalo, Ñ de boi, Ñ de vaca, Ñ de toro,... Estas foron as respostas Pimpinas!!! Moi boas, por certo, pero a verdade é que ningún de nós acertou!
    A tarefa de hoxe, ou destes días, e chegar á casa e preguntar á nosa familia, que animal é este que empeza por Ñ.

 QUE SERÁ, SERÁ???
Ñ de...


martes, 18 de abril de 2017

4 ANOS

   Hoxe foi o cumple da nosa amiga Andrea! Cantámoslle o cumpleanos feliz, tirámoslle das orelliñas, e despois a zampaaaaaaaar!!! Unha súper tarta preciosa e ben rica para tomar a media mañá, e despois pola tarde gusanitos e unha sorpresa para cada Pimpín! Andrea, moitas gracias! Nós, si que sabemos empezar ben a volta ao cole, primeiro día de traballo e veña festa!!!
Felicidades AMIGA!!!





MERCADO SOLIDARIO

    Hoxe fomos de paseo ata o hall do colexio, para ver todos os libros que se están traendo das casas para participar no Día do Libro. Algúns Pimpíns, aproveitaron para depositar alí os libros que trouxeron da súa casa para colaborar co mercado solidario.
     Animádevos, aínda estades a tempo de participar!!!


jueves, 6 de abril de 2017

TRABALLOS 2º TRIMESTRE

     Hoxe levamos para casa, por fin, todos os traballiños realizados durante este longo trimestre. O libriño inclúe, os primeiros traballos do fondo do mar, algo máis específico que comezamos a traballar despois de ir ao Aquarium, e tamén outras fichiñas que fomos realizando para non saturarnos tanto co tema do MAR. Podedes ver tamén, unhas cartolinas que van soltas, que son traballos que quedaron ben bonitos e que preferimos que vaian soltos para non marcalos cas grapas. 
   Hoxe, á tardiña, na última hora de clase, cada Pimpín colleu a súa carpeta e comezamos a repatir os traballos e as nosas notas.


    Por fin, sabedes para que eran os mexillóns pintados e os papeis de celofán simulando un mar. Ao final, quedounos así a nosa portada!!! Esperamos que chegaran todos os mexillóns enteiros ás casas! 😅😅😅😅😅😅😅😅😅



UN MOI BO TRABALLO PIMPÍNS!!!
A DESCANSAR E XOGAR MOITO NAS VACACIÓNS!!! 
UN GRAN APLAUSO PARA TOD@S VÓS!!!


miércoles, 5 de abril de 2017

TESOIRA E A CREAR...

    Esta semana, lanzámonos coa tesoira!!! Uiiiiiiiiiii, aló imos, non che é nada sinxelo.
   A profe oiu de todo:
- E logo non imos picar nunca máis???
- Picar era máis fácil, jooo...
- Esta tesoira está mala, non corta.
- Isto non me gusta.
- Encántame a tesoira, pero esta non corta.
- Podo usar as mans en vez da tesoira???
  E así un sinfín de anécdotas que podería escribir a nosa profe, pero...ao final aí estamos, encantad@s coas tesoiras. E para iniciarnos con ela, xa fomos ao grande grande, a crear UNHA OBRA DE ARTE.
   A profe dábanos uns anacos de papel cunhas raias debuxadas, tiñamos que cortar pola línea (ou polo menos intentalo).



   Unha vez cortado, collemos pegamento, un folio, e a pegar as tiras de papel, facendo túneles, facendo tobogáns, ou en plano, cada Pimpín, doulle renda solta á súa creatividade. 
   Aínda non rematamos tod@s a nosa obra de arte, xa vos ensinaremos as que faltan, e tamén temos que explicar que quixo construír cada un, coas súas tiras de papel...
      Algo oiu a profe por aí...o meu é un tiburón, o meu é un túnel para pasar por enriba do mar, o meu é unha pista de coches, ...


   Foi difícil sacar as fotos para que poidades apreciar que non pegamos soamente en plano!!! 
   

TÉCNICAS

   Xa non lembramos se vos falamos desta técnica pero aquí queremos ensinarvos como pegamos os papeliños cando son moi pequenos. A verdade, é que é difícil agarralos, pegalos, ensuciamos as mans de pegamento, e despois todo se nos pega,...Uuuuuuuf moi complicado!
   Ata que chegou a TÉCNICA DO CHUPADO!!! En 1 min. rematamos a tarefa dos papeliños pequenos, non hai un que se nos resista!!! Ademais de rirnos vendo como chupamos tod@s o dedo!!! 😅😅😅😅😅😅😅 No vídeo, o compi Aleixo ensínanos como é esta técnica, que usamos para facer a tartaruga mariña.