Non quería deixar pasar a oportunidade de cerrar como se debe, esta etapa fantástica vivida ao lado destes pequeniños e pequeniñas. Foron 2 anos xuntos, cheo de momentos bonitos, moitas risas, mil anécdotas e aprendizaxes, tanto pola vosa parte como tamén pola miña.
Sendo sincera, teño moita pena de non haber rematado convosco a etapa de Educación Infantil. Éramos un bo equipo! E ese ano faltoume para seguir ensinándovos moitas cousas que xa tiña en mente, e tamén seguir contándonos cousiñas todos os días, coñecéndonos máis e rematar os 3 anos xuntos...pero...! Non nos poñamos tristes porque o fixestes xenial, rematastes Infantil e agora xa en Primaria, no cole de maiores!!!
É unha sorte poder vervos todos os días, polos corredores, entrando á aula, ou no comedor. Alégrame moito vervos tan contentos e tan maiores! Wow! Cando nos cruzamos polo cole, e rapidamente, nos damos un bico, ou nos damos a man, ou unha apertiña rápida, ou cando oio de lonxe: SILVIAAAAAAAA!!! Eses momentos fanme moi feliz! Que sorte teño!
Non é a mellor das nosas fotos, 😅 pero gárdoa con moito cariño por ser a foto do noso reencontro. Un día especial, onde iades ao festival de fin de curso, o día que se remataba a vosa andaina por Infantil e comezaba outra que vai estar chea de éxitos!
Aquí cérranse 2 aniños de Blog, de contarvos case todo o que iamos facendo, de fotos bonitas que faciamos na aula e de ensinarvos o que iamos aprendendo. Graciñas aos meus PIMPÍNS, sempre seredes os meus Pimpíns, aínda que teñades 15 anos, 😂 e tamén moitas gracias as FAMILIAS, non son soamente palabras, de verdade, que foi un pracer coñecervos, ver como vos involucrades na educación dos vosos fill@s, sentín a vosa axuda en todo momento e graciñas por remar comigo sempre no mesmo sentido!
GRACIAS INFINITAS! 😘😘😘
A vosa profe Silvia.