jueves, 30 de enero de 2014

30 de Xaneiro DÍA DA PAZ

   Hoxe tivemos 2 celebracións: o cumple de Teo e o Día da Paz. Mañá, Teo seguro que nos trae algún biscoito para levar a barrigola porque algo así nos dixo hoxe...jijijiji!!! beeeeeeeeeeeen!!!  
 Ademais rematamos o noso mural xa que faltaban algúns detalliños. Está exposto na entrada do Edificio Central. FAMILIAS DOS PIMPÍNS!!! Podedes ir ata alí a velo! A palabra oculta era BOSQUE! Este ano aproveitamos que estamos traballando a paisaxe para relacionala tamén coa PAZ. Así, ao final, o noso lema é: PINGA A PINGA POR UN BOSQUE DE PAZ!!!    QUE VOS PARECE??? Aos Pimpíns parécenos preciosooooooooooo!!!



  Puff!!! Canto traballo ata chegar aquí...o que máis tempo nos levou foi facer as PINGAS...Colorear as pingas, pensar palabras de Paz, palabras bonitas e escribir a nosa palabra nun papeliño de cor pequeno pequeno pequeniño. Primeiro, escribía a palabra a profe e despois cada Pimpín copiábaa no seu papel...Costounos pero ao final quedaron PRECIOSAAAAAAAAAAAS!!! Dignas duns artistas!!! 





   Tamén aproveitamos para ver o traballo do resto do colexio...uns murais ben bonitos. Aquí podedes ver o mural dos nen@s de 4 anos: Pinga a Pinga por un Mar de Paz e o dos nen@s de 5 anos: Pinga a Pinga por un Mundo de Paz.



miércoles, 29 de enero de 2014

Vídeos e Xogos

   Hoxe estivemos confeccionando unha lista de todos os xogos e vídeos que máis nos gustan do inverno para engadir ao blog. Na columna na dereita,  en Pimpi-Xogos e Pimpi-Vídeos, tedes os elixidos...

             

martes, 28 de enero de 2014

DÍA DA PAZ

   Estamos a preparar o mural da PAZ...canto tempiño nos está levando! Eso sí, está quedando chulísimo!!! Fixemos unhas pingas de auga de moitas cores que nos quedaron preciosas e para rematalas escribímoslle enriba unha palabra de PAZ. Cada un de nós pensou un palabra...aos que non se lle ocurría axudámoslle un chisquiño...INCRÍBLE todas as palabras que saíron das nosas cabeciñas pensantes! Deixámosvos unhas fotos cunha pista do que será o noso lema. Falta unha palabra, unha palabra relacionada co noso PROXECTO SOMOS PAISAXE, SOMOS SENTIDOS....aaaaaaaahhhh segredo!!!

  
 Aquí vos deixamos todas as palabras que saíron hoxe falando da PAZ...Estes Pimpíns fixérono moi moi ben!

AMIGO                                           
QUERER                                                                                 
BICO                                             
ABRAZAR                                      
CORAZÓN                                                                            
CUIDAR                                       
ABRAZO          
CONTENTA
RIR
BICOS
AXUDAR
COMPARTIR
CARICIA
AMOR 
AMIGA                     



viernes, 24 de enero de 2014

SAMAÍN

   Despois das vacacións do Nadal, os Pimpíns volvemos polo blog para seguir compartindo o que facemos no cole. Aquí vos deixamos o vídeo do Samaín. Sabemos que xa pasou moito dende aqueles días pero queremos que vexades o ben que o pasamos festexando esta data tan divertida.


    
                            

GRAZAS POR COLABORAR DECORANDO AS CABAZAS.
ESTABAN XENIAIS XENIAIS!!!

O Pimpín Martín trouxo de merenda unhas galletas monstruosas! Que chulis!!! 

 

sábado, 11 de enero de 2014

3 ANOS

   Parabéns Mario!!! O noso amigo cumpriu anos o pasado mes pero aínda o festexamos este xoves cunha tarta de Mickey Mouse e ademais un Mickey de chocolate para cada neno e unha Minnie para cada nena! Felicidades Pimpín!!! Agora sí, xa temos todos 3 ANOS!!!


MARIO (26 de Decembro)


 Aquí están os Pimpíns que sopraron as velas este trimestre! 3 anos!!! Felicidades a tod@s eles, Happy Birthday e Parabéns!!! Cando temos un cumpreanos sempre cantamos as 3 cancións senón o Pimpín non vai de todo felicitad@!jajaja!!!

 ADRIANA (5 de Outubro)

 BRAIS (13 de Outubro)

MARCOS (9 de Novembro)

IKER (16 de Novembro)

MARTÍN (29 de Novembro)

DANIELA (2 de Decembro)


FELICIDADES PIMPÍNS!!!