jueves, 30 de enero de 2014

30 de Xaneiro DÍA DA PAZ

   Hoxe tivemos 2 celebracións: o cumple de Teo e o Día da Paz. Mañá, Teo seguro que nos trae algún biscoito para levar a barrigola porque algo así nos dixo hoxe...jijijiji!!! beeeeeeeeeeeen!!!  
 Ademais rematamos o noso mural xa que faltaban algúns detalliños. Está exposto na entrada do Edificio Central. FAMILIAS DOS PIMPÍNS!!! Podedes ir ata alí a velo! A palabra oculta era BOSQUE! Este ano aproveitamos que estamos traballando a paisaxe para relacionala tamén coa PAZ. Así, ao final, o noso lema é: PINGA A PINGA POR UN BOSQUE DE PAZ!!!    QUE VOS PARECE??? Aos Pimpíns parécenos preciosooooooooooo!!!



  Puff!!! Canto traballo ata chegar aquí...o que máis tempo nos levou foi facer as PINGAS...Colorear as pingas, pensar palabras de Paz, palabras bonitas e escribir a nosa palabra nun papeliño de cor pequeno pequeno pequeniño. Primeiro, escribía a palabra a profe e despois cada Pimpín copiábaa no seu papel...Costounos pero ao final quedaron PRECIOSAAAAAAAAAAAS!!! Dignas duns artistas!!! 





   Tamén aproveitamos para ver o traballo do resto do colexio...uns murais ben bonitos. Aquí podedes ver o mural dos nen@s de 4 anos: Pinga a Pinga por un Mar de Paz e o dos nen@s de 5 anos: Pinga a Pinga por un Mundo de Paz.



No hay comentarios:

Publicar un comentario