lunes, 29 de diciembre de 2014

RODOLFO, EL RENO

   Aquí está a nosa canción RODOLFO, EL RENO. Encántanos a tod@s. Aprendémola moi rápido para poder cantarlla aos nosos compañeir@s de 3 e 5 anos. Temos 2 versións, a capela e coa canción orixinal.






Unhas instantáneas mentras esperamos o noso turno para cantar.

VISITA DOS REIS MAGOS

   Os Reis Magos acercáronse ata o CPI O Cruce e quixeron ver aos Pimpíns!!! Como non tod@s fomos ata alí. Antes pensamos o que lle iamos pedir e a algún de nós, xusto cando estaba diante dos Reis, esquecéuselle! Seguro que foi da emoción de telos tan pretiño, pero como sempre, hai que rodearse de bos amig@s que nos recorden o que queremos, e así foi!!! Rei Mago, mira, antes dixo que quería...Tendo un bo amig@ cerca todo vai mellor...



BOLSAS COS NOSOS TRABALLOS

   Como facemos todos os finais de trimestre, collemos as nosas bolsas e decorámolas. Este ano tocou facer a barriga de Papá Noel e pola outra beira da bolsa, a tan famosa galleta navideña de xenxibre.
   Dentro da bolsa, todos os nosos traballos, libro de fichas, libro do noso proxecto Os Hábitats, libro do conto Como naceron as cores, o conto A castaña que rebentou da risa, e moitas cousiñas máis...


A NOSA POSTAL DE NADAL

 Estas son as nosas postais de Nadal. Ao final quedaron ben bonitas!!! Tivemos que facelas en varias sesións. 
1º día. Nun anaco de cartolina amarela debuxar a sombra do noso camelo. Deixar secar que o rotulador negro mancha moitíiiiisimooo.
2º día. Debuxar os regaliños do camelo e pintalos con rotulador.
3º día. Pegar as estreliñas enriba da cartolina azul e escribir a nosa mensaxe dentro da postal: BO NADAL.


jueves, 18 de diciembre de 2014

VISITA DE PAPÁ NOEL

   O martes fomos falar con Papá Noel!!! Non puidemos ir tod@s os Pimpíns o mesmo día xa que non colliamos pero uns pouc@s foron coa profe Bea e a profe Sandra e cos neno@s de 3 anos e o resto fomos o mércores cos nen@s de 5 anos e a súa profe Silvia.    Alí falamos con el! Cada un de nós pediulle un regaliño e Papá Noel deixou todo ben anotado para metelo no saco e poder traer o regalo ata as nosas casas pero..........A sorpresa levámola hoxe! VISITOUNOS NO COLE!!! Que caras de sorpresa puxemos tod@s cando o vimos entrar na nosa aula! Guauuuuuuuuuuuu!    Dounos un regaliño e tamén uns caramelos, jajajja! E como agasallo, os Pimpíns cantámoslle a canción que temos preparada para mañán. Papá Noel marchou encantado coa clase de 4 anos, que nen@s máis bos e cantarines dixo!!! Pois sí, todo verdade verdadeira. Aquí vos deixamos a canción a Papá Noel.




Non foi doado, non pensedes, detrás da cámara había moitas persoas observándonos, ata unha cámara gravándonos!!!) 
Gracias dende aquí a María, a nai de Teo por organizar a videoconferencia, un ano máis, con Papá Noel.

martes, 16 de diciembre de 2014

VENRES 19

   Este ano non haberá festival de Nadal no cole, pero sí os nenos e nenas de Infantil xuntarémonos para cantar unhas panxoliñas e tamén para festexar o fin do ano 2014, como xa fixemos o ano pasado. 
   Os Pimpíns imos cantar RODOLFO, EL RENO. Por isto, se os Pimpíns queren vir vestidos con roupa de Nadal ou traer algún tipo de complemento poderán facelo. Se ademais, tedes uns cornos do reno Rodolfo podedes traelo xa que é a temática da nosa canción. Xa sabedes, non é obrigatorio, é optativo. Gracias pola vosa colaboración.


NADAL

    Este venres 19 rematan as clases ata o ano que ven. Os Pimpíns estamos traballando moitísimo para rematar todo o feito e levalo para casa para que o poidades ver e felicitarnos polo enorme esforzo deste trimestre tan longo. 
   Hoxe rematamos a nosa postal. Quedou ben bonita, aínda que a medio camiño pensamos que non nos sairía tan ben como finalmente saiu. Un adianto...



   Xa fai dúas semanas estivemos decorando a nosa porta. Co vento e coa chuvia que nos chega ata a nosa porta non nos aguatou máis o papel que tiñamos polo que rapidamente, pensamos nunha solución...cal foi? Poñemos unha árbore de Nadal, dito e feito, aquí está! 



   Despois de decorar a nosa porta tamén tivemos tempo para facelo coa parede de fóra. Xunto cos nosos compañeiros de 3 e 5 anos, pintamos a roupa de Papa Noel! A nós tocounos o gorro e os pantalóns. Os Pimpíns, con moito coidado, co pincel fino fomos pintando de vermello a roupa e despois pegamos o algodón na borla do gorro e nos baixos do pantalóns. Que chuloooooooooo!!!


viernes, 12 de diciembre de 2014

Cumpleanos da Profe

   Onte levamos a merenda de volta para casa porque foi o cumple da nosa profe Silvia. Comemos un queique, aínda que as uvas pasas a maioría dos Pimpíns non nos gustaron, e tamén uns bocadiños de biscoito con chocolate. Tamén quixemos ter unhas fotos de recordatorio como temos cada un de nós, polo que tivemos que buscar a 2 fotógrafos que nos sacaran ben guap@s a tod@s. Aquí están as fotos por grupos coa profe que sacaron os nosos fotógrafos TEO e BORJA. Están xeniaiiiis!! Graciñas a tod@s por tantos e tantos bicos no día de onte! Quérovos moito meus Pimpíns!


martes, 2 de diciembre de 2014

ÁRBORE DA NATUREZA. Somos Paisaxe, Somos Sentidos.

   Como xa avanzamos no vídeo de presentación deste ano do Proxecta: Somos Paisaxe, Somos Sentidos, estamos a traballar a TERRA. Cada un de nós escribiu unha palabra da natureza. A case tod@s nos veu á cabeza unha palabra, soamente a uns poucos nos costou un chisquiño máis pero non haiiii problema! Para iso estamos os Pimpíns, para axudarnos entre nós, por iso traballamos aquilo de PRESTAR PALABRAS, así tod@s content@s !!! Cada un coa súa palabra, fomos a pegalas na árbore, alí tamén estaban todos os nos@s compañeir@s de Infantil. Foi unha tarde moi divertida. Aquí podedes ver como fixemos a árbore e o resultado final coa axuda dos pequen@s.

Fai clic enriba da foto e visita o blog onde está o vídeo.




4 ANOS

   Hoxe foi o cumple de Daniela. Levamos uns días de festa continua pero a nós encántanooooos así que non hai problema ningún! Daniela tróuxonos unhas magdalenas riquísimaaaaas, unhas sen chocolate e outras con chocolate. Había para tod@s os gustos!!! Graciaaaaaas pola merenda!!!




lunes, 1 de diciembre de 2014

4 ANOS

   Hoxe tivemos festaaaaaaaaaaaa!!! De novo un Pimpín cumpriu aniños! Neste caso foi Martín. Tróuxonos un biscoito beeeeeen rico e como soe ser costume, últimamente, non quedan nin a migas. Moitos parabéns querido Pimpín!!! Mañán levas para casa os debuxos dos teus amig@s!