O martes fomos falar con Papá Noel!!! Non puidemos ir tod@s os Pimpíns o mesmo día xa que non colliamos pero uns pouc@s foron coa profe Bea e a profe Sandra e cos neno@s de 3 anos e o resto fomos o mércores cos nen@s de 5 anos e a súa profe Silvia. Alí falamos con el! Cada un de nós pediulle un regaliño e Papá Noel deixou todo ben anotado para metelo no saco e poder traer o regalo ata as nosas casas pero..........A sorpresa levámola hoxe! VISITOUNOS NO COLE!!! Que caras de sorpresa puxemos tod@s cando o vimos entrar na nosa aula! Guauuuuuuuuuuuu! Dounos un regaliño e tamén uns caramelos, jajajja! E como agasallo, os Pimpíns cantámoslle a canción que temos preparada para mañán. Papá Noel marchou encantado coa clase de 4 anos, que nen@s máis bos e cantarines dixo!!! Pois sí, todo verdade verdadeira. Aquí vos deixamos a canción a Papá Noel.
Non foi doado, non pensedes, detrás da cámara había moitas persoas observándonos, ata unha cámara gravándonos!!!)
Gracias dende aquí a María, a nai de Teo por organizar a videoconferencia, un ano máis, con Papá Noel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario