sábado, 31 de enero de 2015

5 ANOS

   Este venres foi o cumple de Teo! Parabéns PIMPÍN! Que maior eres xa...5 aniños...Aínda falamos o outro día na clase de cando eramos "pequeniñ@s" e cumpliamos 3...o tempo pasa moi rápido!!! Graciñas polo pedazo de tarta que nos trouxeches! Aínda que limpamos sempre a boca coa toalliña non había maneira de quitar tanto chocolate, jajajajaja! Mmm riquísimooooo! Moitas felicidades Teo!


martes, 27 de enero de 2015

ROCKEROS

   Como todos sabedes, este ano imos de Rockeros. Estamos tod@s emocionad@s e por isto, xa nos puxemos mans á obra.
   Estamos a facer algún complemento para a nosa vestimenta para ir como auténticos rockeros. Ademáis, tod@s imos levar unha camiseta diseñada por nós! Sí, sí, por nós mesm@s! 


1º DECIDIR
   Primeiro buscamos no Señor Google a palabra ROCK a ver que nos aparecía. Había moitísimas imaxes pero ao final quedámonos coas 3 que máis nos gustaban. Foron estas:




2º VOTAR

   Segundo, como en toda democracia tocou votar cal é a que máis nos gusta a cada un de nós. Importante: soamente se pode votar unha vez, pensamos cal é o noso favorito e cando a profe diga o seu nome, levanto a man e dou o meu voto. Guitarra! Mans arriba e a profe apunta no encerado, Boca! Mans arriba e a profe apunta. Dedos! Mans arriba e a profe apunta. Ao final, claramente  a gañadora foi a Boca dos Rolling Stones. 
   

   Despois pensamos que letras poñer na nosa camiseta...Que dificil!!! 

   Primeiro, pensamos en poñer cada un dos nosos nomes pero claro, iso non poder ser, ten que ser un nome común a tod@s. Despois, duns minutos cavilando xa saiu: PIMPÍIIIIIIIIIIIIIINS!!! E tamén é importante que vaia o nome do noso disfrace: ROCK!
Unímolos por aquí e por alá, e cunha axudiña pero moi pequeniña, xa está! decidido! Esta será a nosa camiseta ROCK!

   
Esperamos que vos guste a nosa decisión!

Moitas grazas dende aquí ao pai de Hugo Paz por traernos un montón de planchas de cartón para poder facer os complementos do disfrace. 

sábado, 10 de enero de 2015

5 ANOS

   5 anos!!! Incrible! Un Pimpín xa cumpliu 5 anos con nós! O maior do grupo, Javier. Como dicimos os Pimpíns: a Javi hai que facerlle caso que é o maior! Moitas felicidades querido amigo e graciñas pola merenda tan rica que nos trouxeches ao cole! Mil bicos.


jueves, 8 de enero de 2015

4 ANOS

    Hoxe celebramos o cumple de Mario. Xa festexou o seu cumple en Decembro pero, como non ía ser menos, tamén quixemos que tivera o seu día especial na aula dos Pimpíns! Tróuxonos unha tarta moi curiosa, ata nos dou mágoa ter que cortala, enriba de todo a súa foto disfrazado de Spiderman, eso sí, comestible! Mmm...Gracias Pimpín pola merendola tan rica! Parabéns amigo Mario!

miércoles, 7 de enero de 2015

FELIZ 2015

   O último día de clase dounos tempo a todo! A cantar a nosa canción aos compis, a meter os nosos traballos nas bolsas e sacar unha foto cada un de nós con ela, a merendar, a saír ao recreo, e tamén a celebrar o noso particular FIN DE ANO!!! 
   Como xa é tradición, xuntámonos todos os nen@s de infantil e as profes, os nosos 12 gusanitos e a comer un por cada badalada! Veredes que houbo de todo, algúns esquecéronse de comer os gusanitos, outros coméronos xa antes de empezar e outr@s un gusanito por cada badalada! Iso sí, antes, mentres ou despois, os gusanitos desapaceron todiiiiiiiños das mesas!jajajaja! Feliz Ano!