martes, 27 de enero de 2015

ROCKEROS

   Como todos sabedes, este ano imos de Rockeros. Estamos tod@s emocionad@s e por isto, xa nos puxemos mans á obra.
   Estamos a facer algún complemento para a nosa vestimenta para ir como auténticos rockeros. Ademáis, tod@s imos levar unha camiseta diseñada por nós! Sí, sí, por nós mesm@s! 


1º DECIDIR
   Primeiro buscamos no Señor Google a palabra ROCK a ver que nos aparecía. Había moitísimas imaxes pero ao final quedámonos coas 3 que máis nos gustaban. Foron estas:




2º VOTAR

   Segundo, como en toda democracia tocou votar cal é a que máis nos gusta a cada un de nós. Importante: soamente se pode votar unha vez, pensamos cal é o noso favorito e cando a profe diga o seu nome, levanto a man e dou o meu voto. Guitarra! Mans arriba e a profe apunta no encerado, Boca! Mans arriba e a profe apunta. Dedos! Mans arriba e a profe apunta. Ao final, claramente  a gañadora foi a Boca dos Rolling Stones. 
   

   Despois pensamos que letras poñer na nosa camiseta...Que dificil!!! 

   Primeiro, pensamos en poñer cada un dos nosos nomes pero claro, iso non poder ser, ten que ser un nome común a tod@s. Despois, duns minutos cavilando xa saiu: PIMPÍIIIIIIIIIIIIIINS!!! E tamén é importante que vaia o nome do noso disfrace: ROCK!
Unímolos por aquí e por alá, e cunha axudiña pero moi pequeniña, xa está! decidido! Esta será a nosa camiseta ROCK!

   
Esperamos que vos guste a nosa decisión!

Moitas grazas dende aquí ao pai de Hugo Paz por traernos un montón de planchas de cartón para poder facer os complementos do disfrace. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario