lunes, 23 de febrero de 2015

5 ANOS

   Hoxe cumpliu anos a nosa compañeira NOEMÍ. Parabéns amiga! Noemí tróuxonos un biscoito de chocolate e virutiñas de cores...mmm! A bandexa quedou sen nada, como é costume nos Pimpíns. Tirámoslle das orellas, cantámoslle o cumpleanos feliz nos 4 idiomas que sabemos por agora, castelán, galego, inglés e italiano. Moitas felicidades Noemí! Querémoste moito.


domingo, 22 de febrero de 2015

5 ANOS

   O pasado venres celebramos que Anxo xa cumpliu 5 aniños! Felicidades Pimpín! Comemos un biscoito que aínda que nos parecía de chocolate xa se encargou o cumpleañero de dicirnos que nooooooon...que era de galletas e noces! Mmm...riquísimo! Que desfrutes moito dos teus PimpiAnos!!! Deixámosvos a foto do cumple e ademais o vídeo que bailamos en todos os festexos. Encántanos!



martes, 10 de febrero de 2015

AVISO

    Como estamos en Galicia, dicir a golpe de luns que seguramente o venres non chova é un atrevemento e así foi...Parece ser que o venres dan chuvia polo que o máis probable é que non baixemos ata Cerceda e nos vexamos xa directamente no pavillón. Iremos ata o pavillón co abrigo e alí, no momento que nos toque aos Pimpíns quitarémolo pero despois para volver as aulas porémolo de novo. Segue sendo importante vir abrigados pero o momento de frío será curtiño e tede en conta que os Pimpíns moverémonos ao ritmo dunha canción rock polo que este será mínimo...jajajaja! Preguntádelle aos Pimpíns, a ver se vos din a nosa canción rock, senón teredes que esperar ao venres!jajaja!!!
   De todos os xeitos, mandarásevos unha notiña avisándovos das últimas novas e horarios que poidan ir xurdindo. Un saúdo.

MÁSCARA VENECIANA

   Aquí estamos os Pimpíns coa nosa obra de arte feita máscara! Pintar o cartón, adornar con abelorios semellantes ás xoias (puntiños redondos) e diamantes (cadrados de cores). Os adornos escapaban das mans...tan pequeniños e ademais, non viñan soltos, houbo que coller a tesoira e cortar un a un, quitarlles o papel e logo pegalos, estivemos traballando a nosa motricidade fina con este traballo toda a tardiña. Logo coa pistola de silicona a profe púxolle unha palliña e unhas plumas para que aínda fose máis veneciana.



SEGUIMOS CO ENTROIDO

    Onte era o día para traer algo no pescozo e así foi. Aquí tedes as fotos que demostran a elegancia Pimpina que temos tod@s!


   Pola tarde, antes de marchar fomos de novo a ver que consigna nos mandaba Bartolo para hoxe, martes, e isto foi o que vimos...

   Dito e feito, hoxe os Pimpíns algo na cintura trouxemos...na foto non se ven demasiado os nosos modelos pero aseguramos que lle fixemos caso a Bartolo, jijiji...

   Hoxe, por última vez, fomos a ver de novo a Bartolo e isto é o que nos pide...

5 ANOS

   Onte tivemos de novo cumple!!! Cantos cumples en Febreiro e...aínda quedan máis! Esta vez tocoulle ao Pimpín Borja! Trouxonos un biscoito con anaquiños de chocolate e algún froito seco escondidiño tamén atopamos. Gracias Pimpín e moitos parabéns! Xa 5 aniñoooooos! Guauuuuuu, que maior! Un bico de tod@s os teus amig@s, muaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!

   Cada Pimpín, este ano, levamos para casa un libriño cos debuxos dos nosos compañeir@s, a portada adornada como o cumpleañeir@ quere e a contraportada con todas as firmas dos Pimpíns. Imos á mesa da profe, por equipos, e alí cada un de nós escribe o seu nome.

sábado, 7 de febrero de 2015

COMEZAMOS CO ENTROIDO

   Como o ano pasado, a semana que ven divertirémonos traendo cada día unha cousa. Esta vez da man de Bartolo, que é o que nos irá dicindo que temos que traer cada día.  Lembrade, é acumulativo, polo que o martes haberá que traer o complemento dese día máis do luns, e o mércores, o do luns, martes e o que toque ese mesmo día. Comezamos polo LUNS...


   O xoves poderemos vir disfrazados ao cole do que queiramos. Ese día é disfrace libre.
   O venres, parece ser que finalmente fará bo tempo, e non dan chuvia, polo que en principio, xa se vos avisará máis adiante, baixaremos a dar unha volta por Cerceda e logo subiremos de novo ao pavillón para facer o desfile.
   Seguramente, ese día fará moitísimo frío polo que, lembrade, que veñan moi abrigad@s. Xa vos concretaremos con máis detalle nos próximos días.

viernes, 6 de febrero de 2015

5 ANOS

    Onte tivemos doblete! Lucas e Giovanna estiveron de cumple! Fartámonos de comer, ñam ñam ñam. Con Lucas sempre temos asegurados os churrooooos! Para o ano que ven temos que pedir máis racións porque devoramos neles! Os Pimpíns nada máis entrar Lucas na clase...traes churros Lucas? Como en 3 anos? Jajajajaja! E ademáis dos churros, o súper pastel de Giovanna, recheo de chocolate e con gominolas por enriba, mmmmmm saborosoooo!!! Moitas felicidades Pimpíns, que maiores sodes xa!!! 



   Que mellor foto que captar a complicidade de Lucas e Giovanna compartindo o momento de facer as súas coroas...estupend@s!!!


miércoles, 4 de febrero de 2015

NEVEEEEEEEEEEEE

  Hoxe un comezo de día diferente. Entramos na aula e cando estabamos poñendo o mandilón empezou a chover...chover???? chove??? está chovendo??? Nooooooooooon, cae neveeeeeeeeeeeee!!! Guauuuuu! Todos pegados nas ventanas vendo o que pasaba fóra. Ata saímos un segundiño para poder tocar as folerpas!!!



lunes, 2 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

   O venres foi o día da Paz pero os Pimpíns xa estivemos dende principios da semana falando sobre este día. QUE É A PAZ? Algo moi dificil de definir, efectivamente, pero como sempre os Pimpíns, sorprendendo, foron capaces de dicir moitas cousas bonitas. Para nós, a Paz é levarse ben, non pelexar, ser bo cos amig@s, ...e tendo estas premisas todo o demais xa saiu fácilmente. Máis abaixo podedes ver os nosos ladrillos escritos para formar o MURO DA PAZ xunto cos nen@s de 3 e 5 anos. Podedes velo no hall do edificio principal. 






   Ademais, na nosa clase, estivemos falando ONDE ESTÁ A PAZ? Ao final, tras varias voltas concluímos que a Paz está no noso CORAZÓN e que sae para fóra en forma de caricia, de aperta, de amor, ... a través das nosas MANS, por iso fixemos esta manualidade que quedou tan bonita.