Como o ano pasado, a semana que ven divertirémonos traendo cada día unha cousa. Esta vez da man de Bartolo, que é o que nos irá dicindo que temos que traer cada día. Lembrade, é acumulativo, polo que o martes haberá que traer o complemento dese día máis do luns, e o mércores, o do luns, martes e o que toque ese mesmo día. Comezamos polo LUNS...
O xoves poderemos vir disfrazados ao cole do que queiramos. Ese día é disfrace libre.
O venres, parece ser que finalmente fará bo tempo, e non dan chuvia, polo que en principio, xa se vos avisará máis adiante, baixaremos a dar unha volta por Cerceda e logo subiremos de novo ao pavillón para facer o desfile.
Seguramente, ese día fará moitísimo frío polo que, lembrade, que veñan moi abrigad@s. Xa vos concretaremos con máis detalle nos próximos días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario