domingo, 27 de septiembre de 2015

HORARIO

Este será o horario definitivo deste ano:


   Este ano contaremos cun apoio 2 horas á semana. Este apoio virá dado pola profe Patricia. As sesións de traballo globalizado quere dicir traballo en aula coa titora. As sesións nas que pon Eugenia, os Pimpíns estarán traballando na aula coa profe Eugenia, agás, na sesión do Martes que irán ao ximnasio. As sesións compartidas Inglés/Eugenia, terán 25min. coa profe Loli e os outros 25min. coa profe Eugenia. 

   En canto ao calendario escolar é o seguinte:
   Os días non lectivos elixidos polo centro son: 7 de Decembro e 16 de Maio.
Non haberá cole:
- 12 de Outubro.
- Do 30 de Out. ao 2 de Nov.
- O 7 e o 8 de Dec.
- O 16 e 17 de Maio.

jueves, 24 de septiembre de 2015

RECUNCHOS

 Cando rematamos o noso traballo podemos ir aos nosos recunchos. Este ano, decidimos que en vez de dividirnos por animais, como fixemos en 3 e 4 anos, agora imos a dividirnos por Obras de Arte! Sí, sí, estivemos elixindo cales eran as que máis nos gustaban e a nosa decisión final foi esta:


   Unha vez seleccionadas as obras de arte, cada grupo tivo que elixir cal quería ser. Para isto, cada grupo reuniouse e decidimos que obra queriamos ser. Reunión de 4 ou 5 Pimpíns coa finalidade de poñerse todos dacordo. Ao final sí, houbo acordos pero...varios grupos eliximos a mesma obra. Algúns demos o noso brazo a torcer e cambiamos de opinión e os grupos que se reafirmaron na súa decisión tivemos que ir a cara ou cruz. Unha moeda ao aire e o que tocara. Houbo algunha cara de tristeza, non nos imos a enganar, pero xa sabemos que para o seguinte trimestre cambiaremos de grupos e de compis, polo que tamén de obra de arte. 


SECADERO DE PULPOS DE SEOANE: Martín, Hugo Paz, Mateo e Noemí.
LA BAILARINA DE MIRÓ: Adriana, Teo, Daniela, Borja e Brais.
LOS GIRASOLES DE VAN GOGH: Lucas, Giovanna, Marcos e Iker.
RELOJES BLANDOS DE DALÍ: Alexandra, Hugo Candal, Javier, Omar e Mélani.
LAS MENINAS DE VELÁZQUEZ: Anxo, Hugo Basadre, Laura e Mario.

martes, 22 de septiembre de 2015

CLASE DE MÚSICA

    Os venres temos Música. A profe Patricia trae a súa caixiña chea de instrumentos e a tocaaaar!!! Encántanos ter música este ano no cole, pasámolo xenial, aprendemos xa en pouquiño tempo un montón de cousas. Aquí tedes unha pequena mostra.





EMPEZAMOOOS!!!

   Aquí tedes unha foto do primeiro día de cole! Non estamos tod@s pero é que foi imposible aínda a día de hoxe xuntarnos os 22.

miércoles, 9 de septiembre de 2015

VOLTA AO COLE!!!

   Olaaaa Pimpíns!!! Mañán comezamos unha nova andaina no cole. Xa estamos en 5 aniños...puff como pasa o tempo...Agora xa somos os maiores do patio de Infantil! Guauuuu! Mañán vémonos e contámonos todas as historias que nos aconteceron neste verán! 


miércoles, 2 de septiembre de 2015

REUNIÓN COAS FAMILIAS

   Xa se acerca a volta ao cole dos Pimpíns!!! Verémonos o día 10 de Setembro ás 9.30h.!
   Antes dese día teremos unha REUNIÓN COAS FAMILIAS. Será este venres, día 4 ás 11.00h. Nesta reunión falaremos de diversos aspectos relacionados con este último ano de Infantil, facendo un maior fincapé na lectoescritura (como se vai organizar o traballo, orientacións, etc.). É importante a vosa asistencia. Un saúdo.