jueves, 24 de septiembre de 2015

RECUNCHOS

 Cando rematamos o noso traballo podemos ir aos nosos recunchos. Este ano, decidimos que en vez de dividirnos por animais, como fixemos en 3 e 4 anos, agora imos a dividirnos por Obras de Arte! Sí, sí, estivemos elixindo cales eran as que máis nos gustaban e a nosa decisión final foi esta:


   Unha vez seleccionadas as obras de arte, cada grupo tivo que elixir cal quería ser. Para isto, cada grupo reuniouse e decidimos que obra queriamos ser. Reunión de 4 ou 5 Pimpíns coa finalidade de poñerse todos dacordo. Ao final sí, houbo acordos pero...varios grupos eliximos a mesma obra. Algúns demos o noso brazo a torcer e cambiamos de opinión e os grupos que se reafirmaron na súa decisión tivemos que ir a cara ou cruz. Unha moeda ao aire e o que tocara. Houbo algunha cara de tristeza, non nos imos a enganar, pero xa sabemos que para o seguinte trimestre cambiaremos de grupos e de compis, polo que tamén de obra de arte. 


SECADERO DE PULPOS DE SEOANE: Martín, Hugo Paz, Mateo e Noemí.
LA BAILARINA DE MIRÓ: Adriana, Teo, Daniela, Borja e Brais.
LOS GIRASOLES DE VAN GOGH: Lucas, Giovanna, Marcos e Iker.
RELOJES BLANDOS DE DALÍ: Alexandra, Hugo Candal, Javier, Omar e Mélani.
LAS MENINAS DE VELÁZQUEZ: Anxo, Hugo Basadre, Laura e Mario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario