jueves, 15 de octubre de 2015

PREMIOOOOO!!!

   Esta semana soubemos que somos poseedores dun gran premio! Os Pimpíns estamos moi content@s, levamos unha gran sorpresa cando a profe nos dixo que nos deron o 2º premio do Plan Proxecta de toda Galicia. 
   Como non! Xa fomos correndo á nosa Libreta Bombilla (libreta das ideas, ou libreta Idea, temos moitas versións porque nos gustan todos os nomes) a escribir semellante noticia!!! Guauuuuuuuuuuuuu! Vivaaaaaaaa, sempre é unha ilusión que valoren o traballo de un, para canto máis o de todos os Pimpíns, e o de todos os nos@s compis de 4 anos e dos compis que están agora en 1º de Primaria! 


   Dende aquí, tamén felicitar as todas as miñas compañeiras, coas que comparto con enorme alegría o gran premio, a profe de 4 anos B, que estivo con nós o ano pasado, Sandra Pazos, a profe de 4 anos A, Beatriz Estévez e a profe de 3 anos, Silvia Abrodos. Estendo a miña felicitación a todos vós, ás familias, por colaborar con nós, cada vez que se vos pedía calquera axuda. Moitas grazas. Este premio tamén vos pertence.
   En canto teñamos máis información, e se faga público na web da consellería ou en calquera outra plataforma xa vos teremos informados por aquí. 
Pinchade enriba da árbore dos sentidos 
e mirade a nosa foto de gañadores!!!

 Somos Paisaxe, Somos Sentidos


5 ANOS

   Esta semana tivemos o cumple de Brais! Xa 5 aniños...como pasa o tempo! Un biscoito ben rico e un montón de gominolaaaas! Ñam, ñam, ñam, ricaaaaaaaas. Estes días estivemos comendo nelas pola tarde. Ao volver a clase pola tarde, ronda de chuches!jijiji! Aínda foi hoxe o tupper para casa. Xa se acabaron, oooooooh! 
Moitas gracias Brais!




lunes, 5 de octubre de 2015

5 ANOS

   Novo curso, nova aula e...nova coroa! Hoxe cumpliu anos Adriana. Felicidaaaaaaadeees Adri!!! Este ano, levaremos para casa unha coroa Made in Pimpín. Aquí tedes a Adriana con multitude de materiais, elixindo cales usaría para que a súa coroa quedase preciosa, e certo é, que che quedou chulísima!
   Ademais da "súpertarta", trouxo unhas galletas para cada Pimpín! Moitas gracias Adri!



jueves, 1 de octubre de 2015

Xogando, aprendemos

   Hoxe comezamos a facer unha actividade, que ben seguro repetiremos polo éxito que tivo, que consistía en ir xuntando sílabas e conseguir formar unha palabra. A palabra tiña que ser adiviñada, a profe dá unha pista...Adiviña, adiviñanza, é unha cousa que...Unha vez que os Pimpíns sabíamos a resposta, tiñamos que formar a palabra, buscar ao noso compi coa outra parte da palabra adiviñada. Foi moi divertido! Estas foron as palabras que conseguimos:



   
   Pouco a pouco imos iniciándonos na escritura das minúsculas que teñen o seu "aquel",  non o imos negar. Temos unha pequena historia para cada unha delas, para que así nos sexa máis sinxelo realizar o seu trazo. Outro día poñémosvos que é o que dicimos cada vez que escribimos unha, para que así tamén o poidamos facer coa nosa familia na casa. 
   Ao final establecemos, 2 días de matemáticas e 2 de letras, así imos alternando os nosos traballos e coñecementos. Eses días os nosos xogos, traballos, conversas...irán máis dirixidos ao traballo desa materia. Xa vos contaremos, con máis detalle, os avances que imos realizando.