Hoxe comezamos a facer unha actividade, que ben seguro repetiremos polo éxito que tivo, que consistía en ir xuntando sílabas e conseguir formar unha palabra. A palabra tiña que ser adiviñada, a profe dá unha pista...Adiviña, adiviñanza, é unha cousa que...Unha vez que os Pimpíns sabíamos a resposta, tiñamos que formar a palabra, buscar ao noso compi coa outra parte da palabra adiviñada. Foi moi divertido! Estas foron as palabras que conseguimos:
Pouco a pouco imos iniciándonos na escritura das minúsculas que teñen o seu "aquel", non o imos negar. Temos unha pequena historia para cada unha delas, para que así nos sexa máis sinxelo realizar o seu trazo. Outro día poñémosvos que é o que dicimos cada vez que escribimos unha, para que así tamén o poidamos facer coa nosa familia na casa.
Ao final establecemos, 2 días de matemáticas e 2 de letras, así imos alternando os nosos traballos e coñecementos. Eses días os nosos xogos, traballos, conversas...irán máis dirixidos ao traballo desa materia. Xa vos contaremos, con máis detalle, os avances que imos realizando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario