miércoles, 20 de enero de 2016

LECTOESCRITURA

       Contámosvos como imos avanzando na lectura e escritura. 
      Unha vez máis, a teoría está moi alonxada da práctica, é dicir, os métodos de lectura e demáis material van presentando as letras 1 a 1, primeiro p, despois m, despois t. Está ben, claro que sí, @s nen@s deben coñecelas todas, vale, ata aí ben. 
     O problema é que a diario, escribimos os nomes dos días da semana, o noso nome e apelido, o nome dos compis, ...aí xa están todas as letras!!! Por iso, a mellor forma ( para gustos os colores), é traballar dende un método global (non quita que se traballen as letras individualmente, nós facémolo tamén) pero...se se traballa por exemplo, a P, e escribimos pelota, non estamos traballando a l? e a t? e as sílabas? pe, lo, ta...por todo esto, empezamos duramente en setembro coas minúsculas e o resultado está sendo espectacular! Os Pimpíns van como balas! 
     Hai momentos de desconcerto, evidentemente, pero a base de repetir, de ler, de escribir, a diario, as cousas flúen, e os resultados, despois desa maraña de letras vense ben claras! E vaia se se ven! 
     Deixovos aquí unha actividade que facemos todos os días, @ encargad@ ten que escribir unha frase. 1º contamos as palabras que hai na frase para saber os ocos que teño que deixar. Así pasamos de:
Anenaestáxogando a A nena está xogando
     Contamos palabras e así sabemos que hai que deixar ocos entre elas.

     Outra actividade, @ encargad@ debe ler unha frase e tod@s @s que están no seu grupo tamén lles toca ler. Individualmente lemos e logo hai que responder as preguntas da profe, para que? por que? Para traballar a lectura compresiva. 
      Que tiña Carolina na saia? Como esta o lagarto, pintado ou pegado? De quen era a saia? Como era a nena? Que me doía? Cando comín as galletas? Que é o que máis me gusta? Estas preguntas, son un exemplo, pero todos os días, adicamos uns minutos a este tipo de actividades. Non estamos a perder o tempo por non facer fichas, fichas e fichas, penso que estamos  a INVERTIR O NOSO TEMPO.
     

De que serve ler senón entendo? De nada. Importante traballar esta idea. Ler pero entendendo o que se le. Isto é a base fundamental para a resolución dun problema ou dun texto en primaria, en definitiva, é a base do éxito académico.


PREGUNTA BOMBILLA

    Ultimamente asáltannos moitas dúbidas!!! Unha das nosas rutinas, pola mañán, na asamblea, @ encargad@ debe dicirnos se o día de hoxe é o 1º primeiro, o 2º segundo, o 3º terceiro, ...6º sexto, 7º sétimo. Hoxe, seguimos contando ata o 11...aaaaaaaaaaaaisss e como se di o 11º??? E xa dixemos os Pimpíns! Outra pregunta bombilla que a profe non o vai dicir!jajajaja! Dito e feito, xa temos outra pregunta.





Como lemos o 11º???

PREGUNTA BOMBILLA

     Efectivamente!!! A resposta á pregunta bombilla é...


     O luns chegamos á clase, e os que sabían a resposta dixémoslla á profe ao oído, sssssshhh. Algúns...uuuuuuui profe non me acordo, jajajaja! E outr@s, esquecímonos de preguntalo. Non pasa nada, os que sí nos acordamos gritamos á de 3:
BROOOOOOOOOOOOOONCEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE!!!

NOVA ALFOMBRA

     Onte tivemos unha sorpresaaaaaaa!!! Unha alfombra nova! Canto tempo esperando por ela...por fiiiiiiiiin! Xa a temos na clase. O luns tocou colocala. Os Pimpíns puxéronse a traballar...uns a coller a caixa e quitar todo para fóra, outr@s a colocar as pezas e outr@s a recoller as pezas sobrantes e a caixa e despois soamente nos quedou disfrutar un pouco!!! Primeiro tirámonos sobre ela, fixemos croquetas, reptamos, demos voltas; segundo, descansamos un chisco e terceiro, foto de familia ben bonita coa nova alfombra.
Aquí tedes a sesión de fotos!



lunes, 18 de enero de 2016

O NOSO DISFRACE

    Como xa vos dixemos, o noso disfrace estará relacionado coa HÍPICA, iremos de xinetes e amazonas. Para iso, precisamos dun cabaliño que imos facer na clase. Como non queda moito tempo, pois pedimos a vosa colaboración para poñernos mans á obra.      
     Precisamos:
- un mango dunha escoba ou fregona pero ten que ser de MADEIRA, xa que o imos pintar. Non vos preocupedes pola lonxitude do mesmo, porque no cole cortarémolos para axustalos ao tamaño dos Pimpíns.
    En canto, o teñades, mandádeo polo nen@ ao cole. Graciñas.

  Ademais, ese día sería ideal que viñeran vestidos simulando xinetes ou amazonas e para iso poden vir da seguinte maneira:

- Pantalón, mallas, leggins ou pantys brancos (ou beige).
- Xersei ou sudadera negra (ou de cor escura).
- Botas negras por riba do pantalón ( de non ter botas, traede zapatos, serven igual).
- Se tedes un chaleco de cor escura pois tamén o poden traer.
- Gorra negra. 
  
  * Todo isto, sería o que máis se asemexa á indumentaria da hípica,  máis concretamente, da categoría de saltos, pero vós, combinade a roupa que teñades, non fai falta ir comprar nada. No entroido, xa sabedes que todo vale e o máis importante é que os nen@s o disfruten e o pasen ben.



sábado, 16 de enero de 2016

ENTROIDO

   Este ano a temática elixida polo colexio para os disfraces do entroido é :

XOGOS OLÍMPICOS 

   O deporte dos Pimpíns será a EQUITACIÓN ou HÍPICA (2 novas palabras que debemos aprender). 

   Convertirémonos en auténtic@s xinetes e amazonas xa que a nosa categoría dentro da equitación serán os saltos. Para iso precisamos un cabalo, ben é certo, polo que esta semana pensaremos ben como imos facer ese cabaliño e xa vos mandaremos unha nota informativa por se nos podedes axudar en algo. (Queda pouco tempo, sabémolo, polo que esta semana teredes máis información).
   Estamos vendo vídeos dos saltos ecuestres e a verdade é que nos fascinan....Guauuuuuuuuuuu, oooooooooooooh, aaaaaaaaaaaaah, puuuuuuuuuuuuuuuuf, é o que se oía o venres na clase!
Ademais, aproveitamos para falar de que este ano son os Xogos Olímpicos. Falamos de Brasil, Rio de Janeiro (acordándonos moito da nosa compi Giovanna!!!), das medallas ( de aí a pregunta Bombilla que temos que facer na casa)...Sabíamos que o deportista que queda no 1º posto leva a de ouro, no 2º a prata...pero é no 3º??? aaaaaaaah, pregunta bombilla para a casa. O luns saberémolo.


De que material é a medalla que se lle dá nos Xogos Olímpicos ao deportista que queda no 3º posto?

jueves, 14 de enero de 2016

6 ANOS

   Este luns estivemos de cumple!!! O noso compi Javier, o maior de todos nós! Xa cumpliu 6 aniños! Incrible, como pasa o tempo...Javi contounos que estaba súpercontento por ter xa 6 aniños e que xa era moi maior! Pois claro que sí, eres moi maior Javi. 
   Por todo isto, convidounos a unha merenda de cumpleanos ben rica. Tróuxonos 2 biscoitos, un normal e outro con chocolate. E ademais, tiñanos preparada unha gran sorpresa...2 bolsas de Gusanitos e 1 de Palomitaaaaaas! Imaxinade, como nos puxemos os Pimpíns pola tarde comendo as chuches! Ñaaaaaaaaaaaam. 
                                    Feliz cumple Javi!!!



jueves, 7 de enero de 2016

5 ANOS

  Hoxe volta ao cole e xa, nada máis chegar, un cumple! Guai!!!
Felicidades Mario! Canta ilusión e ganas de cumplir xa 5 aniños! Parabéns Pimpín! Mario trouxo un biscoito de chocolate ben rico e ademais dounos a cada un de nós unha chocolatina! Mmm...todo moi rico, gracias!