Como xa vos dixemos, o noso disfrace estará relacionado coa HÍPICA, iremos de xinetes e amazonas. Para iso, precisamos dun cabaliño que imos facer na clase. Como non queda moito tempo, pois pedimos a vosa colaboración para poñernos mans á obra.
Precisamos:
- un mango dunha escoba ou fregona pero ten que ser de MADEIRA, xa que o imos pintar. Non vos preocupedes pola lonxitude do mesmo, porque no cole cortarémolos para axustalos ao tamaño dos Pimpíns.
En canto, o teñades, mandádeo polo nen@ ao cole. Graciñas.
Ademais, ese día sería ideal que viñeran vestidos simulando xinetes ou amazonas e para iso poden vir da seguinte maneira:
- Pantalón, mallas, leggins ou pantys brancos (ou beige).
- Xersei ou sudadera negra (ou de cor escura).
- Botas negras por riba do pantalón ( de non ter botas, traede zapatos, serven igual).
- Se tedes un chaleco de cor escura pois tamén o poden traer.
- Gorra negra.
* Todo isto, sería o que máis se asemexa á indumentaria da hípica, máis concretamente, da categoría de saltos, pero vós, combinade a roupa que teñades, non fai falta ir comprar nada. No entroido, xa sabedes que todo vale e o máis importante é que os nen@s o disfruten e o pasen ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario