miércoles, 29 de junio de 2016

REGALO DAS FAMILIAS PARA A PROFE

   Aquí vos deixo o último vídeo destes 3 anos! E que ilusión que sexa un regalo para min!
  Moitas gracias, ese momento todos xuntos na aula, familias, nen@s e eu, foi e será inesquecible para min! Foi un momento moi emocionante!
   É difícil sorprenderme, recoñézoo, pero a verdade é que quedei alucinada de todo! Non mo esperaba! Que estiverades todos na clase esperando a que viñeramos do Auditorio, os regalos e ademais este vídeo! Sodes a bombaaaaaaaa!!! Gracias e máis gracias!!! Mil bicos a todos!

martes, 28 de junio de 2016

FESTIVAL FIN DE CURSO

   Este é o vídeo do Festival! Homenaxe ao Antigo Exipto e tamén a Michael Jackson!
  Os Pimpís foron os que organizaron e pensaron o que querían facer. A profe simplemente, lle dou forma. Que gusto poder contar cuns nenos e nenas tan motivados e implicados no traballo!!! 
  Espero que vos guste! Tiven que facer un corte, xa sabedes, joooo! Aínda así...como dicimos na clase dos Pimpíns!
ESPECTACULAR!

lunes, 27 de junio de 2016

PIMPÍNS 3 ANOS XUNTOS

   Aquí vos deixo o vídeo que vimos xuntos o luns na reunión e que tan bos recordos nos trouxo! 
  Cada vez que o vexo, penso en todo o tempo que pasamos xuntos e volvo a emocionarme.
  Lembro cada unha das fotos e dos vídeos que aí aparecen, das miradas dos Pimpíns, que sempre me daban a súa mellor sonrisa aínda que a profe fose unha pesada perseguíndoos en moitos momentos coa cámara, jajaja!
  Este vídeo, penso, que resume a nosa convivencia durante estes 3 anos.
Quérovos moito Pimpíns!




(Borreino, subino, borreino, subino, varias veces...pero directamente dende Youtube non deixa velo, dende un ordenador sí que deixa, e se clicades nel a través do blog tamén o deixa ver.)
Subirei en breve, o vídeo da actuación e o vídeo que me fixestes as familias, graciñas.)

domingo, 19 de junio de 2016

AVISOS

   Lembrade os seguintes avisos, mañán teremos a última reunión da Etapa de Infantil. Será ás 16h. na aula de 5 anos. O mércores terá lugar o Festival de Fin de Curso.



viernes, 17 de junio de 2016

6 ANOS

   Hoxe houbo despedida de cumples! Os últimos destes 3 anos xuntos...Laura, Omar, Mélani, Hugo e Mateo. Coroas, fotos, biscoito, tiróns de orellas, felicitacións varias, chuches, e moito máis. Parabéns Pimpíns!








Unha tarta enorme con gominolas e tamén unhas chuches.




miércoles, 15 de junio de 2016

6 ANOS

   Hoxe celebramos o cumple de Hugo! Parabéns Pimpín! Que maior xa! Convidounos a un biscoito riquísimo con gominolas! Mmmmmmmm...e por se iso era pouco tamén nos regalou unha chocolatina! Gracias Hugo!




Exipto segue!

  Vaia sorpresón nos trouxo Adriana!!! Unha momia! Incríble traballo Adri! Abrimos a caixiña e...aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaah! Momiaaaaaaaaaaaaaaaaaa! Que chulada!



  Tamén Mateo nos trouxo un libro increíble de Exipto. Howard Carter quedou impresionado cando o viu! Na contraportada un ollo de Horus!
  Giovanna, tróuxonos este tremendo libro onde se poden ver moitísimos cadros, de todo tipo. 
Graciñas Pimpíns!


lunes, 13 de junio de 2016

FESTIVAL

   Tal e como vos dixen na nota enviada hoxe, o mércores 22 teremos o FESTIVAL DE FIN DE CURSO. 
     A profe tiña pensado bailar unha canción, ou facer un remix (como fixemos anos anteriores) pero a verdade, non me viña a inspiración, jajaja...Os Pimpíns, todos os días, profe e se facemos un videoclip? E se imitamos a Michael Jackson? E se facemos de faraóns...e se facemos Exipto? e se...e se...Os nenos e nenas dábanme a clave do festival, pero eu non o tiña claro, como facer Exipto e Michael á vez...? Bueno, tras organizar un pouquiño as ideas que me deron os Pimpíns, xa sabemos o que imos facer.


      
1º Unha pequena representación do Videoclip de Remember the time, adaptado coas nosas cancións. 





      2º Canción de Michael Jackson. Como Remember the time, non se presta moito para bailar, e estes días, meses, xa vimos varios videoclips de Michael, decidimos que ía ser Billie Jean.
      







     Estamos a tope, facendo cousiñas para disfrazarnos de Exipto...a ver o que nos dá tempo, coroa, colares e ank atado á cintura...Esta é a idea pero...o tempo apremia! Por iso, precisamos que veñan vestidos de branco ( se pode ser, senón unha cor clariña, non vos agobiedes por iso...o que teñades pola casa).
       Agora os Pimpíns, din que tamén hai que disfrazarse de Michael! jajajaja! Teñen razón, pero é que é imposible o cambio de vestiario...entón bailaremos vestidos de Exipto. 
         Esperamos que vos guste a nosa idea. Máis dos Pimpíns que da profe! jejejejeje!

MATEMÁTICAS

   Aquí vos deixamos uns vídeos dalgúns Pimpíns facendo traballos do método ABN. Xa vedes, que avanzan rapidísimo. 

   
   Daniela, foi á clase de 4 anos e ensinoulle aos nenos e nenas, como se fan os puzzles matemáticos.








   A idea era facer un vídeo de cada grupo, pero a verdade, é que o tempo botouse enriba e non dá tempo para máis. Tedes que perdoar, non ter vídeos de cada Pimpín facendo cousiñas de mates.

viernes, 3 de junio de 2016

NOVA PROFE

   O mércores veu unha profe nova ao cole, chámase Paula, e estará axudándonos ata que rematen as clases. O seu horario será o da profe Eugenia, que non poderá vir nuns días. Hoxe fixémonos unha foto con ela para subir ao blog e que as familias a coñezades.


jueves, 2 de junio de 2016

LECTOR DE DOCUMENTOS

     Este ano temos un lector de documentos na aula. É xenial porque poñemos a ficha debaixo del, abrimos o programa no ordenador que o vincula á Pantalla Dixital Interactiva e así podemos vela en grande e lémola entre tod@s. Despois, como xa tod@s sabemos ler, collemos os libros e buscamos a información. A profe agora xa axuda moi pouquiño!




   Este día tiñamos que buscar os atributos que usaban os faraóns e faraonas e adiviñar os seus nomes. Entre tod@s fomos completando a información.
  • Cetro (cayado, bastón, aparecéronnos moitos nomes, pero por votación quedámonos con cetro, que nos gustou máis)
  • Látigo
  • Dobre coroa 
  • Barba postiza (que gracia nos fixo averiguar que a poñían e a quitaban cando querían, barba de quita e pon, de pon e quita, botamos un anaco a rir con isto).

   Hoxe recubrimos as nosas pirámides coa mestura de cola, polvos de talco, témpera e area. Primeiro con pincel e logo recubríndoas de area, rebozándoas como croquetas. Preciosas!!!



Parecen pirámides de verdade!!!

PIMPI-FOTOS

   Aquí tedes unha nova entrada coas fotos que realizan os Pimpíns todos os días. Mil entradas teriamos que facer para colgar todas!


   Cando nos toca o recuncho de pizarra, Os Pimpíns seguimos debuxando e escribindo cousas relacionadas con Exipto e así saen estas preciosidades. Ademais, cal foi a nosa sorpresa cando Marcos nos avisou de que escribira o Himno de Galicia na pizarra! Impresionante!!!