Este día tiñamos que buscar os atributos que usaban os faraóns e faraonas e adiviñar os seus nomes. Entre tod@s fomos completando a información.
- Cetro (cayado, bastón, aparecéronnos moitos nomes, pero por votación quedámonos con cetro, que nos gustou máis)
- Látigo
- Dobre coroa
- Barba postiza (que gracia nos fixo averiguar que a poñían e a quitaban cando querían, barba de quita e pon, de pon e quita, botamos un anaco a rir con isto).
Hoxe recubrimos as nosas pirámides coa mestura de cola, polvos de talco, témpera e area. Primeiro con pincel e logo recubríndoas de area, rebozándoas como croquetas. Preciosas!!!
Parecen pirámides de verdade!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario