martes, 31 de octubre de 2017

AVISOS

   Dous avisos vos queriamos dar.
 O primeiro é que este mércores é festivo. Lembrade, vémonos xoves.
   O segundo é que coa chegada do Samaín, preparando o mural, facendo actividades varias, este festivo que chega, deixamos un chisco de lado o proxecto. Aínda que seguimos con el, imposible olvidarnos, jeje, pois o tempo non nos dá para máis. Para a semana que ven, publicaranse as fotos de TODO O MATERIAL que trouxestes (moitas gracias), e ademais retomaremos as exposicións das FICHAS TÉCNICAS. Estamos a expoñer 3 ou 2 por semana. Non podemos facelas todas á vez, porque é demasiada información.  Por isto, para a semana, aos Pimpíns que lle toque, levarán de novo a ficha técnica para que a repasen, e revisen de novo, para facer a presentación xenial. Graciñas, e tranquil@s o Superpoder segue adiante!!! 😆😆😆🙆🙌



LOS INCREÍBLES

    Aiiiiii, que se nos esqueceu dicirvos! Algún Pimpín, xa o dixo na casa pero...que saibades que xunto cos nos@s compis de 4 anos B, estamos coñecendo á familia dos increíbles. Unha familia normal, cos seus traballos, e coas súas responsabilidades diarias, pero... en realidade teñen unha identidade secreta, son superheroes e superheroínas. Xa nos xuntamos fai un par de venres, e este venres pasado, de novo houbo xuntanza. Este día, mesmo houbo palomitas!!! ÑAM ÑAM.


lunes, 30 de octubre de 2017

MÁIS CABAZAS, CABACIÑAS

   Máis cabaciñas para a exposición!!! Guauuuuu!!! Graciñas Pimpíns! Que chulis! 
      O dito, moi orixinais e nótase o traballiño que vos deron. Sodes moi creativ@s, cada ano máis! 😄😄😄
     

Vaia sorpresa!!! A cabaza de Aleixo tiña unhas chocolatinas dentro! Pantasmas, vampiros e Frankensteins. Gracias Pimpín!


MÁIS DECORACIÓN

   E seguimos sumando cousiñas tanto a nosa aula, a nosa porta como ao cole, en xeral. Graciñas a tod@s as familias Pimpinas. 
IMPRESIONANTE!!! 
GRACIAS POLA COLABORACIÓN, DE VERDADE!!!



Todos diferentes, e orixinais! Penso que estas cousiñas imos tardar en envialas a casa, vale??? E que senón, non desfrutamos nada. jijiji!!! Imos deixalas unhas semaniñas. 

SAMAÍN

   Que bonito todo o que trouxestes do Samaín! Guauuuuuu! Moitas cousas xa as colgamos fóra, na entrada, para decorar, outras na entrada da aula, e soamente algunhas cousiñas máis difíciles de colgar, quedan dentro da aula. De todos xeitos, graciñas por traer cousas que nos axudan a decorar, e a crear ambiente de Samaín! Sodes uns artistas, de verdade!!!



domingo, 29 de octubre de 2017

CABAZA, CABACIÑA


Aquí tedes as cabazas máis chulas do mundo mundial!!!


Graciñas por traballar tanto tantísimo!!!😍


RUTINAS

   Queremos contarvos algunhas das nosas rutinas do dia a día. Todos os días escribimos o día que é e o número que corresponde. Como xa sabemos deletrear os sons das palabras (aprendemos en 3 anos), agora en vez de facelo a profe, pois xa o fai un compi. Unha ou un pimpín deletrea o día da semana para que o/a axudante o escriba perfectamente. 


   Ademais, neste trimestre estamos aprendendo a debuxar as formas xeométricas (xa vos fixemos unha entrada no blog fai tempo sobre isto). Temos truqui-trucos para todo, eh!!! 

- O círculo pechadiño que senón pode desinflarse.
- O cadrado é como un L e logo sube e péchase.
- O triángulo é un A, coa ponte abaixo de todo.
- O rectángulo é un pau pequeniño, cun pé moi longo, sube un pouco e péchase. 
  

   Estamos diferenciando o rectángulo horizontal do vertical, xa que o encerado non é o mesmo ca porta da aula...E tamén tratando de facer líñas rectas, diagonais, contando os lados, e as esquinas ou ángulos. Arriba vedes un exempliño, e comprobade que cos truqui-trucos todo sae mellor!!!
     Traballando cos números, xa dominados o 0 e o 10, estamos tratando de facer a conta atrás do FOGUETE, para que despegue. Mentres que o/a axudante coloca os números, nós imos xogando cos nosos dedos. Poñemos 10 e imos quitando 1 dedo de cada vez. 


jueves, 26 de octubre de 2017

MURAL DE SAMAÍN

   Aquí tedes o noso mural de SAMAÍN!!!
   A manualidade que virades fai uns días empezada era o SAPO MALIGNO, ou SAPO TERRORÍFICO, xa que lle puxemos uns cornos de demo. Os nen@s de 5 fixeron uns mouchiños e os de 3 uns corvos.  
    A bruxa está a facer o conxuro e está a chamar aos animaliños...

Mouchos, curuxas, sapos e...



miércoles, 25 de octubre de 2017

CONXURO MÁXICO

    Non hai día que non paremos diante do noso mural do SAMAÍN a recitar o conxuro máxico da bruxa que está a remexer na súa potiña. 
   Así, pouquiño a pouco parece que xa o estamos aprendendo!!!


4 ANOS

   Este martes, Eloy cumpliu 4 aniños!!! Fixemos un festón a verdade. Era o primeiro cumple que pasabamos con el entón había que facelo ben, pero ben! Nada máis entrar achuchámolo na alfombra, cando chegou Alberto xa lle cantamos o cumpleanos feliz, no momento da tarta aplausos e apertas. Á tarde, bailoteo e fixemos unha fila ben feita, para darlle os parabéns e un bico cada un. Tivemos que facer unha fila porque o entusiasmo era tal que Eloy non daba feito. 😂😂😂

Parabéns Eloy!!!


lunes, 23 de octubre de 2017

MATERIAIS PARA O PROXECTO ++

      Estes días estivemos falando de Superman. Como é o seu traxe, analizamos as cores, traballamos coa super S, e xusto Carlos trouxo á aula un recorte deste SUPERHEROE que nos veu xenial. 


     Nico xa nos falou de Spiderman. Leva a cara tapada para que non se saiba quen é! Non é un antiface noooooon!!! É unha máscara enteira que lle esconde toda a cabeza e a cara. Nico trouxonos esta máscara para que a poidamos analizar máis de preto.


   Mateo ensinounos un afialapis que tiña na súa casa e que é de superheroes!!! Segundo se vai movendo a rosca para afiar o lapis van pasando os superheroes arriba e abaixo. 

Preparando o mural de SAMAÍN

    A semana pasada, estivemos traballando na nosa manualidade para o mural de Samaín. A verdade, é que tardamos bastante en acabala. Aínda hoxe, luns, estivemos dándolle os últimos retoques. 
   Fixémolo en varios días, cada día un pouquiño. Ah, e aprendemos outra técnica, a de empapelado (cada Pimpín empapelou a súa bola).
     Que será, será???


jueves, 19 de octubre de 2017

Técnicas

   Tiñamos pendentes mil tubos que pintar. Onte puxémonos con eles porque senón...acumúlanse. Iso sí, todo o traballo finiquitado. 
    Pintar un tubo é algo complicado, se o agarramos, a parte que se toca queda tapada sen pintar, se o poño na mesa, mancho todo, se o xiro, vai pegándose a pintura ao papel, ...puuuuuuuuuuuuuuuf!!!         Hai que buscar unha solución, hai que pensar na millor técnica que poidamos facer para pintar todo o tubo e ademais minimizar o manchado tanto de mandilón, como de mans como de mesa. Xa a dominamos totalmente! Mirade o mini-vídeo ↧↧↧

miércoles, 18 de octubre de 2017

FICHAS TÉCNICAS +

     Hoxe, explicáronnos as súas fichas técnicas Iván, Iago e Aleixo.


    IVÁN investiga a MUJER MARAVILLA.


    IAGO investiga a HULK

    ALEIXO investiga a CAPITÁN AMÉRICA


     Estes son os datos que máis nos sorprenderon.
     Mujer Maravilla ten un lazo que usa para atrapar aos malos, que se chama o lazo da verdade! Seguiremos investigando a este lazo tan interesante.
 Hulk é un home normal pero...aaaaaaai! cando se enfadaaaa...ponse verde e sáenlle músculos por todo o corpo.
   Capitán América chámase Steve Rogers, e vive en Estados Unidos.

MATERIAIS PARA O PROXECTO +

      Hoxe, a 1a hora tivemos co profe Martín, e cando chegou despois a profe...Aaaaaaaai! Cantas cousiñas xa por contar! Fichas técnicas varias e ademais algún material para o proxecto! Xeniaaaal!

       Aleixo fíxonos nin máis nin menos que o escudo de CAPITÁN AMÉRICAAA!!! Aleixo contounos un montón de cousas. Capitán América chámase así porque vive en Estados Unidos que está en América. O seu escudo é protector, ten forma de círculo, e dentro deste outro, e outro máis. Por isto, aprendemos o que son os círculos concéntricos (palabra difícil sí señor), e no centro unha estrela. Gracias Aleixo!!!



       Xoel fíxonos un BATMAN volador!!! Decorou unha caixa como se fose a cidade que protexe Batman. Aprendemos hoxe que se chama GOTHAM! E Sabela, díxonos que nesa cidade hai un malo moi malo que se chama JOKER! Alaaaaaaa!


      Xiana tamén quixo probar o antiface de Batman. Xoel, moi cariñosamente, axudoulle a poñelo pero non dubidou en chamar a Uxía e a Ari para que lle botaran unha man xa que a goma escapáballe cara atrás e éralle difícil. Xa vedes, ao final conseguímolo!


FICHAS TÉCNICAS

   Na pizarra dixital puxemos todos os superheroes e superheroínas que coñecemos e fomos un a un elixindo cal deles nos apetecía máis investigar. Algúns Pimpíns concordaron co seu favorito pero outros non, e tampouco pasa nada. Este é un traballo de investigación para coñecer máis a cada un dos superheroes e superheroínas, pero despois o favorito, favoritísimo de cada PIMPÍN, pode ser outro, claro que sí!
   
   *Aínda que vos tocara investigar un superpoder, podedes traer material e cousas doutro superheroe ou superheroína.


    ANDREA investiga a LADYBUG

NICOLÁS investiga a SPIDERMAN

DANIEL investiga a SUPERMAN

   Estes son os datos que máis nos sorprenderon.
   Marinette quere salvar París, perdón, LadyBug 😂.
  A identidade secreta de Spiderman é Peter Parker.
 Superman cando non está traballando de superheroe, traballa de periodista! 
  Aaaah, entón os superheroes e superheroínas son persoas normais, coma nós, que teñen un traballo polo día e cando precisan da súa superaxuda, usan os seus superpoderes. Non están todo o día vestidos coa capa e as botas e o escudo!!! 

MATERIAIS PARA O PROXECTO

   Andrea tróuxonos un disfrace de LADYBUG! Hoxe, por suposto, dixémoslle que o puxera e nos imitara a Marinette cando se convirte en superheroína. Tamén nos mostrou un libro das TORTUGAS NINJA, que trae un xogo dentro que desplegamos enriba da nosa mesa. A saída é a guarida e a meta é a pizzería! Mmm...estas tartarugas sí que saben o que é bo!



     Andrea estivo traballando tamén estes días de vacacións e fíxonos un mural chulo chulo! Nel resúmense case todos os superheroes e superheroínas que coñecemos!!! Fotos e os seus nomes escritos por Andrea! Canto traballo Pimpina!!! Gracias!


martes, 17 de octubre de 2017

EXPERTOS DA VENDIMA

   Como este ano xa era o segundo que faciamos a vendima, a verdade é que xa o fixemos todo coma auténtic@s expert@s!
    O ano pasado, eramos ben pequeniñ@s, aaaaai! Desta vez, xa non nos tocou de primeiros, tivemos que esperar e xa se esperaba de nós certo dominio. Dicir, que non defraudamos, non non! Fixémolo nivel expert@! 😝😝😝



    Ademais, durante a semana estivemos a falar de onde saen as UVAS, que tipos de uvas hai, as partes dunha vide, e aprendendo palabras novas como PARRA, VIDE ou ACIO, falando da vendima tradicional (como a nosa) ou a mecánica e tamén tivemos tempo para confeccionar a nosa propia parra na clase! 


     

lunes, 16 de octubre de 2017

ARDEN OS MONTES

   Hoxe, nada máis chegar, como todos os días, sentámonos na alfombra e contamos o que fixemos na fin de semana. Así foi como saiu o tema de hoxe que ocupou toda a asemblea. Estivemos dende as 9.45 ata as 10.30 falando e falando dos terribles incendios. 
    A profe íanos falar dos incendios porque hoxe ás 12, xuntámonos todo o colexio no patio en sinal de protesta polos incendios que estamos a sufrir. Non fixo falta que a profe falara, xa saiu o tema na asemblea. Falamos da importancia das árbores, da herba verde, dos animais, da importancia de coidar os nosos montes, falamos do malos que son estes incendios para a nosa terra.
      
   Cada un de nós pensou que superpoder lle gustaría ter para que isto non pasara nunca máis, que poderiamos facer nós, se tiveramos un superpoder para poder axudar. Incríble todo o que hoxe saiu das nosas cabezas!!! O que sí temos claro é unha cousa:


LUMES NON!
STOP INCENDIOS!




sábado, 7 de octubre de 2017

VENDIMA 2017

   Onte foi un día fantástico. Despois dunha semana regulera regulera. Non sabemos se foi o cambio de horarios. pode ser que sí, que tivemos que volver a organizarnos, cambio de rutinas, clase pola tarde, pero foron uns días un pouco complicados, nos que tivemos que recurrir máis dunha vez ao poder do SUPEROÍDO, (para atender á profe) 😔😕. 
      Onte, entre a ilusión de vendimar, as ganas de festiña e troula que tiñamos, o sol que nos acompañou durante toda a xornada, foi un día moi bonito. A colleita, como sempre do mellor 😍😍😍 a uva era da boa boa!


Aquí vos deixamos de adianto unha foto de familia Pimpina.↑

NOMES E APELIDOS

   Estamos xa aprendendo a escribir os nosos apelidos. Para iso, temos unha tarxeta con todos eles, nun lateral do estante do ordenador. Cada vez que o precisamos, levantámonos, collemos a nosa tarxeta, escribimos o noso nome e apelidos no noso traballo e ao rematar, buscamos o velcro que estea libre e pegámola.
    

FORMAS XEOMÉTRICAS

   Levamos uns días observando as formas xeométricas. Se rodan ou non rodan, se son iguais, se todas as formas xeométricas rodan, o porqué de rodar, o porqué de non poder rodar...e así chegamos ao concepto de "LADOS". Unhas teñen lados entón non "xiran fácil" e outras sí, coma as rodas dos coches, as pelotas, que son círculos e por iso rodan. 
    Asembleas, charlas, investigacións que dan para moito. Observar, tocar, pensar, formular hipóteses, comprobar, ...





   As nosas conclusións, despois de varios días, tocando as formas, debuxándoas, observándoas, foron as seguintes:


martes, 3 de octubre de 2017

ENCAPOTADO

   Unha das tarefas do encargad@ é poñer o tempo que vai ese día. Achégase á ventá e observa o ceo.
   Se ese día está cheo de nubes, é dicir, ENCAPOTADO, toca recitar este trabalinguas:


   Temos varias cartolinas, esta é para o ceo encapotado. Xa vos ensinaremos a do sol e a da chuvia.
     A algúns Pimpíns xa nos sae este trabalinguas perfectamente. Estamos facendo uns progresos incríbles!

*Desculpade a corrección que hai na cartolina.

lunes, 2 de octubre de 2017

UNHA PIMPINA MÁIS!!!

    Mateo xa é un irmán maior! O día que foi encargado, (ains...ao día seguinte, que ese con tanto traballo olvidousenos), quixo escribir o nome da súa irmá pequeniña. Naceu no verán, contounos que era unha PRECIOSIDADE!!! Díxonos que a quería taaaanto, taaaaanto, tantísimooo. Mateo vai ser un súper-irmán!!!
    Aquí tedes a Daniela no berce durmindo debuxada por Mateo.


BENVIDA AO MUNDO DANIELA 
E PARABÉNS Á FAMILIA CARRILLO REY!