domingo, 29 de octubre de 2017

RUTINAS

   Queremos contarvos algunhas das nosas rutinas do dia a día. Todos os días escribimos o día que é e o número que corresponde. Como xa sabemos deletrear os sons das palabras (aprendemos en 3 anos), agora en vez de facelo a profe, pois xa o fai un compi. Unha ou un pimpín deletrea o día da semana para que o/a axudante o escriba perfectamente. 


   Ademais, neste trimestre estamos aprendendo a debuxar as formas xeométricas (xa vos fixemos unha entrada no blog fai tempo sobre isto). Temos truqui-trucos para todo, eh!!! 

- O círculo pechadiño que senón pode desinflarse.
- O cadrado é como un L e logo sube e péchase.
- O triángulo é un A, coa ponte abaixo de todo.
- O rectángulo é un pau pequeniño, cun pé moi longo, sube un pouco e péchase. 
  

   Estamos diferenciando o rectángulo horizontal do vertical, xa que o encerado non é o mesmo ca porta da aula...E tamén tratando de facer líñas rectas, diagonais, contando os lados, e as esquinas ou ángulos. Arriba vedes un exempliño, e comprobade que cos truqui-trucos todo sae mellor!!!
     Traballando cos números, xa dominados o 0 e o 10, estamos tratando de facer a conta atrás do FOGUETE, para que despegue. Mentres que o/a axudante coloca os números, nós imos xogando cos nosos dedos. Poñemos 10 e imos quitando 1 dedo de cada vez. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario