miércoles, 2 de mayo de 2018

XA TEMOS MATERIAL PIRATA 💀💀💀

   
     Graciñas por traernos cousiñas para o cole!!! 
   
   *Primeiro, explicámoslle aos nos@s compis o que trouxemos, que é e para que serve no caso de ser un aparello ou roupa pirata. 
     *Segundo, subimos á parte máis alta do noso barco (clase), neste caso á cesta do mastro (mástil), que é a mesa da profe (contramestra que é a pirata que se encarga de que se cumpla a disciplina que marca o capitán ou capitana do barco).









   Pouco a pouco imos aprendendo algunha canción, como a do CD de Aleixo e lendo os libriños que contan aventuras xeniais, como os de Andrea e Xoel. Tamén aprendemos vocabulario novo, como cofre do tesouro como nos dixo Daniel, catalexo como nos dixo Mateo e técnicas para facer un pirata tan chulo como Sabela, Xiana e Uxía.

GRACIAS POR COLABORAR!

    Moitas graciñas a tod@s vós! A todas as familias pimpinas por participar unha vez máis no MERCADO SOLIDARIO! Incríble, outro ano, todo o que se logrou recaudar. 
     Saímos coas nosas bolsas, esperamos as nosa quenda e fomos deixando os alimentos donados nas caixas e logo xa puidemos elixir o libro que máis nos gustaba para levar para casa.

      * Este luns @s nen@s levaron un conto, a maiores do que levaron o venres, como se donaron moitos alimentos, pensouse que cada un/unha podía coller un libro máis.😉

DEBUXAMOS A PICO LORICO

   Debuxamos ao Papagaio de BarbaNegra, Pico Lorico. Pasiño a pasiño fomos dándolle forma e logo cada Pimpín coloreámolo como máis bonito nos pareceu, cun fondo de témpera branca e azul, a toquiños pequeniños.