Graciñas por traernos cousiñas para o cole!!!
*Primeiro, explicámoslle aos nos@s compis o que trouxemos, que é e para que serve no caso de ser un aparello ou roupa pirata.
*Segundo, subimos á parte máis alta do noso barco (clase), neste caso á cesta do mastro (mástil), que é a mesa da profe (contramestra que é a pirata que se encarga de que se cumpla a disciplina que marca o capitán ou capitana do barco).
Pouco a pouco imos aprendendo algunha canción, como a do CD de Aleixo e lendo os libriños que contan aventuras xeniais, como os de Andrea e Xoel. Tamén aprendemos vocabulario novo, como cofre do tesouro como nos dixo Daniel, catalexo como nos dixo Mateo e técnicas para facer un pirata tan chulo como Sabela, Xiana e Uxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario