jueves, 1 de octubre de 2020

ATA SEMPRE!!!

    Chegou o momento de dicir ADEUS a este blog...😓😓😓


    Foron moitos anos de alegrías, de risas, de bos momentos que nos dou este blog. Gracias a el tiven unha relación escola-familia moi bonito onde recibín moito cariño de todas as xeracións que por aquí foron pasando. Moitas felicitacións por todo o traballo aquí exposto. Este blog serviume para estreitar esa relación tan necesaria entre as familias dos meus pequenos e pequenas, permitíndome ensinarvos o que estabamos a facer na clase e así dende as vosas casas, poder ser partícipes tamén do proceso de ensino-aprendizaxe dos vosos/as fillos/as.


   As caras dos nenos e nenas, na aula, vendo os múltiples vídeos feitos ao longo destes anos, podéndose ver na pantalla, non se me olvidarán xamáis. De boa man, ben sei que chegando as súas casas e ensinándovos todo o que fixeran na aula, manualidades, debuxos, traballos, fotos, investigacións, proxectos, e un sinfín de cousas realizadas no día a día da aula, foron tamén uns momentos bonitos nas vosas casas. 


   Todo ten un fin e o momento de pechar este blog chegou. A situación que vivimos, coa pandemia que estamos todos a sufrir, as medidas de prevención a levar no cole, a posta en marcha doutros medios de comunicación, como a Aula Virtual, o correo electrónico, o espazo Abalar, fan que me sexa totalmente imposible seguir con este traballo, que require de tantas e tantas horas diante dun ordenador. 


   Con toda a pena do meu corazón, pecho este blog, sabendo que algún día, abrirei algo parecido, e aparecei por calquera rede social, porque sinto a necesidade de seguir establecendo ese nexo de unión entre familia e escola que tantos bos momentos me dou e que funciona tan tan ben, para saber que estamos a facer no cole e que os pequenos e pequenas vos conten e ensinen o que está a acontecer na súa aula.


   Soamente me queda darvos as gracias a todos os que pasastes por aquí nalgún momento, os que vistes os vídeos e fotos subidas, aos que me agradecestes o meu traballo neste blog, aparte do meu no colexio, valorando o esforzo e o tempo aquí invertido. Aínda a día de hoxe, nenos e nenas que estiveron comigo me recordan e falan deste blog. Profe, acórdaste do blog dos Pimpíns? Estes recordos gardareinos para sempre con inmenso cariño.


   Moitas gracias a todos e a todos!
   Un saúdo. Ata sempre!
   Silvia.

jueves, 10 de septiembre de 2020

VOLTA AO COLE!

 Ola a tod@s!

  Así está o calendario das rutinas! O último día de cole...o último día que estivemos na nosa aula...o últimos día que nos vimos...☹️

  Cando entrei na aula e o vin...quedeime quieta observándoo e pensando...pufff canto tempo! Que sabiamos nós aquel día todo o que ía acontecer...tremendo!

   Mañá iniciamos un novo curso cheo de ilusións e tamén cheo de cambios pero...VAMOS A POR EL!💪

   Desexando que chegue o reencontro...sen achuchóns e bicos pero de seguro, moitas risas e bos momentos!

   Un saúdo. Vémonos mañá Pimpíns!😘😘😘

lunes, 4 de mayo de 2020

OS NOSOS RETRATOS

    Un dos primeiros traballos deste trimestre foi traballar as partes da nosa cara.
  Todos os días, na asemblea, @ encargad@ ten que debuxarse, nós imos cantándolle a canción na que imos nomeando todas as partes para que non se olvide de ningunha.
  Unha vez que practicamos moitas veces, decidimos facer o noso retrato con rotuladores de cores e unha vez rematado pegalo nun dos nosos corchos para decorar a nosa aula e que estea máis bonita.
   Aquí tedes os nosos debuxos...Antes de marchar para casa, cambiamos de novo ese corcho e puxemos outro traballo...pero xa volo ensinaremos máis adiante...😉


    Primeiro debuxamos a nosa cara e poñémoslle:
- Ollos, nariz e boca.
- Nos ollos, pupilas e iris.
- Cellas e pestanas.
- Orellas.
- Pelo.
- Pescozo.

viernes, 1 de mayo de 2020

DECORANDO AS VENTÁS


   Hoxe lembramos, aínda que nos coste xa botar a vista atrás, o día que decoramos as ventás da nosa aula. Estaban algo...algo...aburridas...entón pensamos en pintar as nosas mans e plasmalas cheas de cores para que quedaran máis bonitas. 
 Ao principio, Os Pimpíns non vimos claro que se puidera facer...pero co compromiso de limpar cada un a súa man, o día que teñamos que cambiar de aula, xa nos animamos máis!






jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

   Hoxe, 23 de Abril, é o día do libro. Para nós, os contos son fundamentais. Na clase temos un lote deles e ademais, xa sabedes, todos os venres, @s Pimpíns elixen aquel conto que máis lle apetece para levar o fin de semana para casa.

    Na aula, no día a día, son moitos os momentos que adicamos aos libros. Os libros cóntannos mil aventuras, é un recurso xenial para viaxar polo mundo e aprender cousas novas. Nestes momentos máis que nunca, os libros axúdannos a saír das nosas casas a través dos seus personaxes e o que lle acontece.



   Aquí tedes un vídeo no que podedes escoitar á Toupiña que nos quere desexar un Feliz Día do Libro! 


   E como non, imos recordar o seu conto que nos fai rir moito.

martes, 21 de abril de 2020

CUMPLE ISAAC

 Hoxe é o cumple do noso amigo Isaac! 5 anos xa! Wow 💗💗💗

Felicidades ISAAC 😍😍😍!

 O noso compi, hoxe, tivo moitas felicitacións e recibiu moitos biquiños da súa familia e tamén dos seus amig@s! Os biquiños aínda que sexan virtuais sentan igual de ben!  Vaia tarta! Mmm...ten unha pinta ben boa!


   Unha aperta apretadiña para ti Isaac e un bico grandote da túa profe e de tod@s @s teus compis de clase. A que sí, Pimpíns?
 Muaaaaaaaaaaaa😘!

*Graciñas familia Rodrigues Gomes pola foto.

lunes, 20 de abril de 2020

PAPAGAIOS

   Un dos últimos traballos que fixemos no cole foi este PAPAGAIO relacionándoo co Proxecto dos Piratas.
   Primeiro, buscamos na Pizarra Dixital Interactiva (PDI) fotos de moitos papagaios para facernos unha idea de que cores son.
   Despois, coas ceras brandas pintamos o noso papagaio coa técnica de TOQUE-NON-TOQUE, xa coñecida pol@s Pimpíns que significa que non pode haber 2 anacos xuntos da mesma cor. 
   Logo, coas tesoiras recortamos seguindo polas líneas, tratando de non saírnos, primeiro o rectángulo, ao redor do papagaio, e despois as líneas horizontais. 
   Para rematar, compuxemos o noso puzzle noutro folio e pegamos cada anaco. Collemos unha cera azul dura e tumbadiña fomos pintando todo o folio para darlle un FONDO. Escribimos o noso nome e LISTO!!!



viernes, 17 de abril de 2020

CUMPLE LIAM

   Parabéns Liam! Este pasado domingo, o noso amigo cumpliu 5 anos! 🎂🎂🎂🎂🎂
              
         Felicidades LIAM😍😍😍!

 Mmm...esa tarta tiña moi boa pinta! Penso que estaba riquísima! Se estiveramos no cole tiñámola papado nuns minutiños🤣.
  Seguro que foi un día moi moi feliz en compañía dos teus❤️ .






  Queremos que recibas, aínda na distancia, todo o noso cariño e mil bicos! A que sí, Pimpíns? 
    Muuuuuuaaaaaaaaaaa😘!


*Graciñas familia Vázquez Bouzas por enviarme as fotos.

lunes, 13 de abril de 2020

CUMPLE TERESA

Fai unhas semanas foi o cumple de Teresa! Cumpliu 5 aniños!👏👏👏

Felicidades TERE😍😍😍!

Mágoa non poder festexalo tod@s xunt@s na clase! De seguro, houbera sido un día especial cheo de bailoteo e risas...
Pero...Tere ese día desfrutouno en familia. Celebrando o seu cumple na casiña cos seus❤️.




 Mandámosche tod@s un bico enorme dende as distancia! A que sí, Pimpíns? 
    Muuuuuuaaaaaaaaaaa😘!


*Graciñas familia Prego Reimúndez por enviarme as fotos.

lunes, 6 de abril de 2020

VACACIÓNS

   Aínda que nos soe algo raro esto de estar de VACACIÓNS...nesta semana é importante tamén que os nenos e nenas perciban que é unha semana distinta, que é unha semana na que nos podemos relaxar un chisquiño coas tarefas.
   Se algún pequen@ quere seguir facendo cousiñas, evidentemente, non lle imos dicir que non, pero sí sería máis apropiado que nesta  semana incluamos na nosa rutina actividades máis lúdicas, de xogo, de entreterse con actividades máis movidas, máis distendidas. Todo isto para que @s peques, dentro da situación na que están, perciban que teñen uns días de descanso, e explicándolle, que a semana que ven terán que retomar de novo as súas rutinas de traballo.
   
     Ánimo Pimpíns!!!

   Estas foron as últimas fotos que fixemos antes de ter que marchar para casiña. Eran un segredo...xa que son parte da nosa portada dos traballos! Unha portada que nos estaba a quedar chulísima pero que non puidestes ver...que mágoa! Xa chegará o momento no que vexades esas portadas rematadas cos PIMPI-PIRATAS!!!

jueves, 2 de abril de 2020

COMO CONSULTAR AS NOTAS D@S NEN@S


   Ola a tod@s!

 Dende mañá, poderedes ver as notas dos nenos e nenas correspondentes a esta 2ª avaliación.
  Para poder velas tedes que ter instalada no móbil a App Abalar Móbil.
  Aquí vos deixo unhas fotos que explican o procedemento para descargar a app e poder velas. Ademais esta app serve para poder comunicarnos máis directamente entre nós, co cal, é importante que a teñades descargada no móbil para futuros avisos que vos poidamos mandar. Para isto soamente precisades un número de móbil que é o que vos pedirá a aplicación.
     Xa vin que algúns de vós a tedes descargada, pero moitas familias aínda non. Por favor, descargádea. 
       Tamén vos pido outro favor, que avisedes no grupo de wasap que tedes todas as familias, para que chegue a todos esta información. Graciñas.
 Se tedes calquera tipo de problema, e non podedes entrar, escribídeme a:
pimpins.ocruce@gmail.com 

  Tratarei de resolver o problema o máis axiña posible.
  Un saúdo.





martes, 31 de marzo de 2020

3ª PROPOSTA DE TRABALLO

   Ola a tod@s:

   Subimos de novo á web, outra tanta de traballo para estes días. Nesta ocasión, en menor cantidade, xa que para a semana que ven xa é Semana Santa e debemos respectar o período de vacacións...porque xa temos bastante co que temos...😥 Lembrade, con calma, non vos agobiedes cos traballos, se son moitos...se son poucos...cada un ao seu ritmo! Facede o que poidades e o que poidan os nenos e nenas.
   
Web do Centro: CPI O Cruce

  Clicade enriba de Ver traballos de E. Infantil e buscade o arquivo que pon Proposta de infantil nova.
   Se pinchades no seguinte enlace xa volo abre directamente:

   Xa sei que me repito de novo, pero escribídeme ao mail e así pódovos axudar con calquera dúbida que teñades, ou soamente para saudar, ou para contarme como estades, e como están @s nen@s.       Así xa me queda rexistrado o voso correo e tamén vos podo ir preguntando como van @s peques. 

Moito ánimo!
Un saúdiño para tod@s.
Un bico forte para os pequenos e pequenas!

viernes, 27 de marzo de 2020

ENVÍO DOS TRABALLOS


   Ola de novo!

 Esta semana informáronnos de que calquera familia que teña problemas para acceder aos traballos subidos á web do centro, e non poda imprimilos, tanto o concello como o colexio faránvolos chegar as vosas casas. Mandouse unha mensaxe ao móbil ás familias para dar este aviso pero, xa sabedes, sempre pode pasar que non chegue por un cambio de número, polo que vos pido, de novo, que lle fagades chegar esta información a todas as familias que pensedes que non o poidan saber. Moitas gracias. 

  Non dubidedes en avisar para que volos fagan chegar senón podedes acceder vós. Esta situación pillounos a tod@s un pouco de súpeto, polo que é normal que moit@s non teñamos o necesario para poder imprimilos dende a casa.
  Podedes chamar ao colexio para solicitalos ou senón mandádeme unha mensaxe a min ao correo:

pimpins.ocruce@gmail.com

  Eu farei chegar a vosa petición para que poidades ter eses traballos o antes posible.

    Un saúdo para tod@s!
   

miércoles, 25 de marzo de 2020

2ª PROPOSTA DE TRABALLO

    Ola de novo a tod@s!

   Vendo que esta situación pola que estamos pasando, vai alongarse 15 días máis, as titoras de 4 anos subimos á web do centro unha segunda proposta máis de traballo para os pequen@s.
  Xa sabedes, facede o que poidades, non é obrigatorio. Entendemos perfectamente a situación na que estamos e no difícil que é este momento para tod@s vós.


Web do centro: Web Cpi O cruce
   
   Unha vez dentro, pinchade enriba de Ver traballos de E.Infantil e xa tedes o documento novo chamado Proposta Didáctica 2.
    Se clicades aquí enriba xa iredes directamente:

 Calquera dúbida que teñades, ou calquera cousa que me queirades comentar... Non dubidedes en escribirme!!! Aquí estou para axudarvos no que poida. Escribídeme a:

pimpins.ocruce@gmail.com

   Moitos bicos para tod@s, moito ánimo! 
   Biquiños Pimpíns 😘😘😘

martes, 24 de marzo de 2020

CONTOS CONTADOS

   Ola familias!

   Quería recomendarvos unha canle de televisión dixital sobre literatura infantil.
   Seguro que a moit@s xa vos soará o nome: KALANDRAKA, xa que moitos dos libros que levan para casa os Pimpíns son desta editorial.
   Kalandraka ten unha páxina chamada KALANDRAKA.TV onde podedes atopar unha gran variedade de contidos. Recoméndovos que vaiades á sección CONTOS CONTADOS, nel hai moitos vídeos no que os nenos e nenas poderán escoitar distintos contos.
   Se pinchades neste enlace, xa vos redirixirá automáticamente.

martes, 17 de marzo de 2020

PROPOSTAS E ACTIVIDADES PARA ESTES DÍAS


   Debido a este momento excepcional e crítico que estamos a vivir dende as dúas aulas de 4 anos elaboramos dous documentos para que o alumnado non perda totalmente o ritmo que viñamos mantendo na clase. Cremos que é importante que fagan todos os días algún traballo dos propostos e diversas actividades nas que, aínda que xogando, vaian reforzando todo o aprendido con anterioridade. 

1- Proposta didáctica.
2- Fichas de traballo.

 Estes dous documentos tédelos na web do centro:


   Unha vez que entredes nesta web, teredes que pinchar enriba de:

 Ver traballos de E. INFANTIL

   Aí veredes os dous documentos antes mencionados, proposta didáctica e fichas de traballo, nos que tedes con detalle todo explicado. 
   Pídovos un favor, aínda que se vos mandou unha mensaxe para avisarvos de que descarguedes os arquivos mencionados da web, pídovos que se tedes un grupo de wasap, ou sabedes se algunha familia cambiou de número de teléfono, por favor, o poñades alí para avisar a todas as familias, xa que ás veces, pode pasar que esa mensaxe non chegue á cada unha das familias. Moitas gracias.

   Queremos mandarvos ánimos para afrontar esta situación tan difícil para tod@s nós. Oxalá remate o antes posible e poidamos tod@s recuperar as nosas rutinas. 
Enviádelle aos Pimpíns, un bico moi forte da súa profe Silvia!

   Calquera dúbida que teñades, podedes contactar comigo no seguinte mail: 

 pimpins.ocruce@gmail.com

   Un saúdo.
   Moitas gracias pola vosa colaboración.
Silvia.




jueves, 12 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

    Dende o vindeiro luns e durante 14 días, anúnciase a suspensión de todas as actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos.
  Mañá, venres, a suspensión é de forma recomendada. Tal e como dixo, o presidente da Xunta, na rolda de prensa:


 “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”

Se hai máis novidades, irei informándovos dende aquí.   
Un saúdo.

lunes, 9 de marzo de 2020

XOVES DE ENTROIDO

   O xoves foi un día ben divertido! Non veu á clase ningún Pimpín!!! Ningún! No seu sitio veu Thor, Capitán América Xoel, Capitán América Isaac, un Vikingo , un Ninja, Spiderman, Elsa, a Bela Durminte, un Unicornio, unha Princesa, Mickey Mouse, Carapuchiña Vermella e un Cavernícola.



                  


viernes, 6 de marzo de 2020

Felicidades Carmen! ❤️❤️❤️❤️❤️

   O venres de Entroido, Carmen trouxo unha tarta para celebrar que xa ten 5 anos! Gracias Carmen! Estaba riquísima😋!
   Carmen soprou as velas, cantámoslle o cumpleanos feliz e a...Zampaaar! 
        
            Feliz Cumple Carmen!😘😘😘



jueves, 5 de marzo de 2020

Calendario Escolar

   Aquí vos deixo o calendario escolar 2019/2020 para que saibades cales son os días lectivos e cales non. 
   Os días en cor sepia corresponden ás vacacións e a días festivos, a estes hai que engadir os 2 días non lectivos elixidos polo centro que son os seguintes:
- 20 de marzo.
- 4 de maio.
   O 19 de Xuño será o último día de clase.

     
   Na columna da dereita deste blog teredes permanentemente este calendario por se precisades botarlle un vistazo.

miércoles, 4 de marzo de 2020

BENVID@S AO NOSO BLOG!

Ola a tod@s! Douvos a benvida a este pequeno espazo onde compartiremos convosco, as cousiñas que imos facendo no noso día a día. Agradecémosvos que lle botedes unha ollada, con frecuencia, e tamén nos escribades cando queirades.
 Vamooooooooooos que nos vamooooooooos!!!

Resultado de imagen de aplausos gif