martes, 17 de marzo de 2020

PROPOSTAS E ACTIVIDADES PARA ESTES DÍAS


   Debido a este momento excepcional e crítico que estamos a vivir dende as dúas aulas de 4 anos elaboramos dous documentos para que o alumnado non perda totalmente o ritmo que viñamos mantendo na clase. Cremos que é importante que fagan todos os días algún traballo dos propostos e diversas actividades nas que, aínda que xogando, vaian reforzando todo o aprendido con anterioridade. 

1- Proposta didáctica.
2- Fichas de traballo.

 Estes dous documentos tédelos na web do centro:


   Unha vez que entredes nesta web, teredes que pinchar enriba de:

 Ver traballos de E. INFANTIL

   Aí veredes os dous documentos antes mencionados, proposta didáctica e fichas de traballo, nos que tedes con detalle todo explicado. 
   Pídovos un favor, aínda que se vos mandou unha mensaxe para avisarvos de que descarguedes os arquivos mencionados da web, pídovos que se tedes un grupo de wasap, ou sabedes se algunha familia cambiou de número de teléfono, por favor, o poñades alí para avisar a todas as familias, xa que ás veces, pode pasar que esa mensaxe non chegue á cada unha das familias. Moitas gracias.

   Queremos mandarvos ánimos para afrontar esta situación tan difícil para tod@s nós. Oxalá remate o antes posible e poidamos tod@s recuperar as nosas rutinas. 
Enviádelle aos Pimpíns, un bico moi forte da súa profe Silvia!

   Calquera dúbida que teñades, podedes contactar comigo no seguinte mail: 

 pimpins.ocruce@gmail.com

   Un saúdo.
   Moitas gracias pola vosa colaboración.
Silvia.




2 comentarios:

  1. Gracias Silvia,moi boa idea o das fichas e o da rutina escolar.....un saludo

    ResponderEliminar
  2. Olaaa! Graciaaas! Que ben que vos pareza unha boa idea😊👏👏👏 Calquera dúbida, xa sabedes, escribídeme ao mail! Un saúdo.

    ResponderEliminar