martes, 31 de marzo de 2020

3ª PROPOSTA DE TRABALLO

   Ola a tod@s:

   Subimos de novo á web, outra tanta de traballo para estes días. Nesta ocasión, en menor cantidade, xa que para a semana que ven xa é Semana Santa e debemos respectar o período de vacacións...porque xa temos bastante co que temos...😥 Lembrade, con calma, non vos agobiedes cos traballos, se son moitos...se son poucos...cada un ao seu ritmo! Facede o que poidades e o que poidan os nenos e nenas.
   
Web do Centro: CPI O Cruce

  Clicade enriba de Ver traballos de E. Infantil e buscade o arquivo que pon Proposta de infantil nova.
   Se pinchades no seguinte enlace xa volo abre directamente:

   Xa sei que me repito de novo, pero escribídeme ao mail e así pódovos axudar con calquera dúbida que teñades, ou soamente para saudar, ou para contarme como estades, e como están @s nen@s.       Así xa me queda rexistrado o voso correo e tamén vos podo ir preguntando como van @s peques. 

Moito ánimo!
Un saúdiño para tod@s.
Un bico forte para os pequenos e pequenas!

viernes, 27 de marzo de 2020

ENVÍO DOS TRABALLOS


   Ola de novo!

 Esta semana informáronnos de que calquera familia que teña problemas para acceder aos traballos subidos á web do centro, e non poda imprimilos, tanto o concello como o colexio faránvolos chegar as vosas casas. Mandouse unha mensaxe ao móbil ás familias para dar este aviso pero, xa sabedes, sempre pode pasar que non chegue por un cambio de número, polo que vos pido, de novo, que lle fagades chegar esta información a todas as familias que pensedes que non o poidan saber. Moitas gracias. 

  Non dubidedes en avisar para que volos fagan chegar senón podedes acceder vós. Esta situación pillounos a tod@s un pouco de súpeto, polo que é normal que moit@s non teñamos o necesario para poder imprimilos dende a casa.
  Podedes chamar ao colexio para solicitalos ou senón mandádeme unha mensaxe a min ao correo:

pimpins.ocruce@gmail.com

  Eu farei chegar a vosa petición para que poidades ter eses traballos o antes posible.

    Un saúdo para tod@s!
   

miércoles, 25 de marzo de 2020

2ª PROPOSTA DE TRABALLO

    Ola de novo a tod@s!

   Vendo que esta situación pola que estamos pasando, vai alongarse 15 días máis, as titoras de 4 anos subimos á web do centro unha segunda proposta máis de traballo para os pequen@s.
  Xa sabedes, facede o que poidades, non é obrigatorio. Entendemos perfectamente a situación na que estamos e no difícil que é este momento para tod@s vós.


Web do centro: Web Cpi O cruce
   
   Unha vez dentro, pinchade enriba de Ver traballos de E.Infantil e xa tedes o documento novo chamado Proposta Didáctica 2.
    Se clicades aquí enriba xa iredes directamente:

 Calquera dúbida que teñades, ou calquera cousa que me queirades comentar... Non dubidedes en escribirme!!! Aquí estou para axudarvos no que poida. Escribídeme a:

pimpins.ocruce@gmail.com

   Moitos bicos para tod@s, moito ánimo! 
   Biquiños Pimpíns 😘😘😘

martes, 24 de marzo de 2020

CONTOS CONTADOS

   Ola familias!

   Quería recomendarvos unha canle de televisión dixital sobre literatura infantil.
   Seguro que a moit@s xa vos soará o nome: KALANDRAKA, xa que moitos dos libros que levan para casa os Pimpíns son desta editorial.
   Kalandraka ten unha páxina chamada KALANDRAKA.TV onde podedes atopar unha gran variedade de contidos. Recoméndovos que vaiades á sección CONTOS CONTADOS, nel hai moitos vídeos no que os nenos e nenas poderán escoitar distintos contos.
   Se pinchades neste enlace, xa vos redirixirá automáticamente.

martes, 17 de marzo de 2020

PROPOSTAS E ACTIVIDADES PARA ESTES DÍAS


   Debido a este momento excepcional e crítico que estamos a vivir dende as dúas aulas de 4 anos elaboramos dous documentos para que o alumnado non perda totalmente o ritmo que viñamos mantendo na clase. Cremos que é importante que fagan todos os días algún traballo dos propostos e diversas actividades nas que, aínda que xogando, vaian reforzando todo o aprendido con anterioridade. 

1- Proposta didáctica.
2- Fichas de traballo.

 Estes dous documentos tédelos na web do centro:


   Unha vez que entredes nesta web, teredes que pinchar enriba de:

 Ver traballos de E. INFANTIL

   Aí veredes os dous documentos antes mencionados, proposta didáctica e fichas de traballo, nos que tedes con detalle todo explicado. 
   Pídovos un favor, aínda que se vos mandou unha mensaxe para avisarvos de que descarguedes os arquivos mencionados da web, pídovos que se tedes un grupo de wasap, ou sabedes se algunha familia cambiou de número de teléfono, por favor, o poñades alí para avisar a todas as familias, xa que ás veces, pode pasar que esa mensaxe non chegue á cada unha das familias. Moitas gracias.

   Queremos mandarvos ánimos para afrontar esta situación tan difícil para tod@s nós. Oxalá remate o antes posible e poidamos tod@s recuperar as nosas rutinas. 
Enviádelle aos Pimpíns, un bico moi forte da súa profe Silvia!

   Calquera dúbida que teñades, podedes contactar comigo no seguinte mail: 

 pimpins.ocruce@gmail.com

   Un saúdo.
   Moitas gracias pola vosa colaboración.
Silvia.




jueves, 12 de marzo de 2020

AVISO IMPORTANTE

    Dende o vindeiro luns e durante 14 días, anúnciase a suspensión de todas as actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos.
  Mañá, venres, a suspensión é de forma recomendada. Tal e como dixo, o presidente da Xunta, na rolda de prensa:


 “Se os pais e as nais teñen dificultades para organizarse, os centros van estar abertos mañá, pero a partir do luns, desde o punto de vista de aceptación de alumnos, quedarán pechados”

Se hai máis novidades, irei informándovos dende aquí.   
Un saúdo.

lunes, 9 de marzo de 2020

XOVES DE ENTROIDO

   O xoves foi un día ben divertido! Non veu á clase ningún Pimpín!!! Ningún! No seu sitio veu Thor, Capitán América Xoel, Capitán América Isaac, un Vikingo , un Ninja, Spiderman, Elsa, a Bela Durminte, un Unicornio, unha Princesa, Mickey Mouse, Carapuchiña Vermella e un Cavernícola.



                  


viernes, 6 de marzo de 2020

Felicidades Carmen! ❤️❤️❤️❤️❤️

   O venres de Entroido, Carmen trouxo unha tarta para celebrar que xa ten 5 anos! Gracias Carmen! Estaba riquísima😋!
   Carmen soprou as velas, cantámoslle o cumpleanos feliz e a...Zampaaar! 
        
            Feliz Cumple Carmen!😘😘😘



jueves, 5 de marzo de 2020

Calendario Escolar

   Aquí vos deixo o calendario escolar 2019/2020 para que saibades cales son os días lectivos e cales non. 
   Os días en cor sepia corresponden ás vacacións e a días festivos, a estes hai que engadir os 2 días non lectivos elixidos polo centro que son os seguintes:
- 20 de marzo.
- 4 de maio.
   O 19 de Xuño será o último día de clase.

     
   Na columna da dereita deste blog teredes permanentemente este calendario por se precisades botarlle un vistazo.

miércoles, 4 de marzo de 2020

BENVID@S AO NOSO BLOG!

Ola a tod@s! Douvos a benvida a este pequeno espazo onde compartiremos convosco, as cousiñas que imos facendo no noso día a día. Agradecémosvos que lle botedes unha ollada, con frecuencia, e tamén nos escribades cando queirades.
 Vamooooooooooos que nos vamooooooooos!!!

Resultado de imagen de aplausos gif