domingo, 22 de diciembre de 2013

Ata o ano que ven!


PIMPÍNS E FAMILIAS...
BOAS FESTAS E FELIZ 2014!!!
VÉMONOS O XOVES 9 DE XANEIRO


FIN DE ANO!!!

   Os Pimpíns festexamos tamén o Fin de Ano!!! Sabemos que cando nos volvamos a ver xa será o 2014. Por isto, quixemos facer unha mini-festa! Xuntámonos todos os nen@s de Educación Infantil na nosa aula. Como non tiñamos uvas pois pensamos que o mellor xeito de celebrar o ano novo era con...con...
                                    GUSANITOOOOOOOOOS!!! 
       12 gusanitos, con cada badalada 1 gusanito! ñam ñam ñam!!!
   Aquí vos deixamos un vídeo compartido cos nen@s de 4 anos e a súa profe Silvia. Encántanos estar todos xuntos!!!



              


 FELIZ ANINOVO!!!

ÁRBORE DE NADAL

   E chegou o día!!! A nosa actuación!!! 1ª vez que nos subimos a un escenario con todo o colexio mirando para nós! Estas eran as nosas cariñas antes de actuar...  



 SORPRESAAAAAA!!!
  Aquí tedes a nosa actuación no Festival de Nadal coa canción "Árbore de Nadal". Fixémolo realmente xenial! Subimos todos ao escenario, buscamos un sitio e veña! a bailaaaaaar!!! Houbo un pequeno fallo no son pero aínda así os Pimpíns soubérono facer perfectamente!!! Fixémolo tan ben, tan ben, que todo o colexio, se puxo a dar palmadas para acompañarnos na canción!!! Familias, esperamos que vos guste!!!
* Graciñas á profe Silvia de 4 anos por gravarnos!!!

OS PIMPÍNS SON UNS ARTiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiSTAS!!!




   Para que poidades escoitar a canción tal e como é, pinchade no seguinte vídeo:

sábado, 21 de diciembre de 2013

VISITA DOS REIS MAGOS


   Onte viñeron ata o colexio os REIS MAGOS! que ilusión! estabamos merendando...e TOC, TOC, TOC!!! petaron á porta, como xa sabiamos que podían ser eles, comezamos a recoller todo rapidiño e en silencio, sentámonos e esperamos a que entraran pola porta! Fomos de 1 en 1 a pedirlle un agasallo e déronnos uns caramelos. Algúns Pimpíns, dixémosllo dende a nosa silla porque nos daba algo de vergoña acercarnos ...

Click to play this Smilebox slideshow
   
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design made with Smilebox

jueves, 19 de diciembre de 2013

SEGUEN AS SORPRESAS!

             
 
         
         

   Os Pimpíns non deixan de recibir sorpresas!!! Menudo día nos espera mañá!!!

                      1- Visita á nosa aula dos REIS MAGOS.
        2- FESTIVAL. Actuación dos Pimpíns.
3- Celebración do Fin de Ano.

   Mañá xuntarémonos todos os nen@s de Infantil para despedir o ano 2013! Haberá badaladas e 12...e 12...SORPRESA!!!non se pode saber aínda! sssshhhhhhh...

   Dormide ben Pimpíns que mañá tedes unha axenda ben apertada!!!

    

FALANDO CON PAPÁ NOEL


   Hoxe os Pimpíns, acompañados dalgúns nen@s de 4 anos e da súa mestra Silvia, fomos ao Auditorio a ter unha charla con alguén moi especiaaaaaaaaal...con quen? con PAPÁ NOEL!! Chegamos, sentámonos, e de súpeto, apareceu na gran pantalla Papá Noel dende o Polo Norte! Algúns quixemos falar con el e dicirlle o que queremos que nos traia de agasallo, outros non quixemos o micro (impón demasiado...) pero non pasa nada! para iso están as cartas...jejeje! Aquí tedes unha pequena reportaxe do que vivimos hoxe! As nosas caras de sorpresa dino todo! 
   Papá Noel fíxonos chegar uns regaliños que levaremos mañá para casa, uns caramelos e unha carta para que lla mandemos por se hoxe non se lembrou de apuntar todo!
   ¡Gracias á nai de Teo por toda a organización e ao Concello de Cerceda!

FIN DO TRIMESTRE

   Rematouse o 1º trimestre! Decoramos a nosa bolsa. Por diante unha árbore de Nadal e por detrás, unhas boliñas. Dentro...todos os nosos traballos!!! Os Pimpíns esforzáronse moito polo que, familias, merecen as vosas felicitacións e os vosos ánimos para seguir traballando así de ben!!! 


lunes, 16 de diciembre de 2013

REMATANDO O TRIMESTRE...



   Boas, familias dos Pimpíns:

   Temos dúas novas que darvos!



1- Este xoves 19, os Pimpíns terán unha conferencia con Papá Noel! sí, sí, con Papá Noel! Estamos preparando o que lle imos dicir...a ver se ten tanto tempo para nós!!! jejeje. Xa vos contaremos que tal nos foi.




2- O venres 20, temos festival no colexio. O festival soamente é para os nen@s do colexio e mestres. Os Pimpíns actuarán coa canción: Árbore de Nadal. Ese día todos os nen@s do cole verannos cantar e bailar, a verdade, é que estamos algo nerviosos. 



* O venres, os Pimpíns poden vir vestidos de Papá Noel, ou cun gorro de Papá Noel (non é obrigatorio).

viernes, 13 de diciembre de 2013

SOMOS PAISAXE, SOMOS SENTIDOS

   Hoxe, Os Pimpíns, levan na mochila unha notiña coa dirección do blog que se adicará a traballar o Proxecto Global: Somos Paisaxe, Somos Sentidos, englobado dentro do Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación. 
   No blog podedes ver todas as actividades que fixemos relacionadas coa nosa contorna e tamén o vídeo que fixemos da excursión da semana pasada. Ademais, temos un logotipo que é unha árbore cuxas ramas son os 5 sentidos. Podedes pinchar sobre o que tedes aquí debaixo ou o da barra da dereita, que estará sempre aí, e xa vos leva directamente ao blog do proxecto.

   Espero que vos guste!!! Bo finde!!!

                                             http://www.somosentidos.blogspot.com.es/

NADAL

   Estamos a plena produción!!! Esta semana non paramos! Canto traballiño! Decoramos a aula cunha árbore multicolor e unhas piñas douradas ben bonitas e tamén pegamos na ventá ao Reno Rodolfo, a Papá Noel saltando e unha árbore de Nadal con regaliños....






   Tamén estampamos estrelas nas ventás da nosa aula...



   Estamos a construír unha árbore cos filtros do café e os cartóns do papel hixiénico. Iso sí que nos dou traballo! Tivemos que ter moita paciencia para pintar o cartón do papel xa que xiraba cada vez que lle dabamos co pincel, e o filtro, pintalo por un lado, esperar a que secase, e logo volver pintar polo outro...pero...aínda nos falta o toque final para que quede perfecto!!!




   Ademais comezamos a preparar as nosas bolsas dos traballos. Vannos quedar SUPERCHULIS!!! Estamos a traballar moito e con moito coidado para que queden moi ben e vos gusten moito, Familias!!!




jueves, 12 de diciembre de 2013

POSTAIS DE NADAL

   Estas son todas as postais feitas por vós, polas familias dos Pimpíns. Que bonitas que son!!! Estiveron uns días na clase pero como son merecedoras de que todo o colexio as vexa, están expostas na entrada do edificio central. Grazas pola vosa participación!!!



lunes, 9 de diciembre de 2013

MERENDOLA DE OUTONO

   O pasado xoves fixemos unha merenda con froitos do Outono. Cóstanos diferenciar cales son os secos e cales os carnosos pero despois de tocalos, ulilos e probalos xa nos resulta moito máis sinxelo!!! Fixemos un buffet libre, Froitos Secos a un lado, Froitos Carnosos ao outro! A verdade é que papamos case TODO!!! A granada resistiuse un pouco ao principio por iso de que nos resultaba unha froita un pouquiño rara pero unha vez que empezamos non puidemos parar!!! Mirade, mirade!

                       

  GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

viernes, 6 de diciembre de 2013

GIOVANNA

   Lembrámonos moito da nosa amiga Giovanna! Todos os días, cando o encargado "pasa lista" , preguntamos o mesmo: Canto falta para que volva? Agora xa sabemos que veremos de novo á nosa amiga cando o 2013 remate e comece o 2014, cando o 3 cambie por un 4.
   Aquí podedes ver os achuchóns que lle demos a Giovanna antes de marchar para Brasil. Moitos bicos dos teus amigos os Pimpíns!!!



martes, 3 de diciembre de 2013

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN




   Os Pimpíns estamos moi ilusionados coa saída do xoves, cando poñemos a chaqueta para ires ao patio...IMOS DE EXCURSIÓN? Cando marchamos para o comedor...IMOS DE EXCURSIÓN? Cando marchamos para casa...POR QUE NON FOMOS DE EXCURSIÓN? jajaja....estamos impacientes!

LEMBRADE:

- Traer o xustificante e 2 euros.
- Roupa cómoda, sen botóns nin cordóns. Os zapatos ou tenis con velcro.
- Mochila cunha botella de auga e un bocadillo.

Ah! Volvemos da excursión a tempo para ir ao comedor.




MAGOSTO 2013


   Puxemos o noso abrigo e collemos a nosa cesta e aló nos fomos! A comer castañas! Ñam, ñam, ñam...Algúns comemos nelas sen parar, outros quixemos gardalas para darllas a mamá e outros soamente miramos para elas con cara de...Non me gustas! jajaja! 
   De calquera xeito, o importante foi que o pasamos xenial todos xuntos na nosa primeira xuntanza con todo o cole e ademais pasámolo xenial xogando a coller a castaña co cucurucho, a encestar na boca do TragaCastañas, ...Foi moi divertido!!! 

* Por defecto, o vídeo ven silenciado, podedes escoitar a música pinchando no icono do volume.



martes, 19 de noviembre de 2013

O NOSO PERíODO DE ADAPTACIÓN

   Os primeiros días de colexio foron algo duros para tod@s. O mellor momento era cando podiamos xogar un chisco. Aquí tedes unhas fotos para que vexades que tampouco foi para tanto!!! jijiji!!!



martes, 12 de noviembre de 2013

BENVID@S!!!

Comeza o blog dos PIMPÍNS! Desexamos que vos guste moito! Aquí podedes ver o ben que o pasamos no cole, todo o que aprendemos e todo o que desfrutamos. Esperamos que compartades connosco as vosas opinións xa que nos encantará ler as vosas mensaxes. Dende agora estamos en contacto pola rede! Guauuuuuuu! Que divertido!!! 
1, 2, 3...COMEZAAAAAAAAAMOOOOOOOS!!!