Hoxe os Pimpíns, acompañados dalgúns nen@s de 4 anos e da súa mestra Silvia, fomos ao Auditorio a ter unha charla con alguén moi especiaaaaaaaaal...con quen? con PAPÁ NOEL!! Chegamos, sentámonos, e de súpeto, apareceu na gran pantalla Papá Noel dende o Polo Norte! Algúns quixemos falar con el e dicirlle o que queremos que nos traia de agasallo, outros non quixemos o micro (impón demasiado...) pero non pasa nada! para iso están as cartas...jejeje! Aquí tedes unha pequena reportaxe do que vivimos hoxe! As nosas caras de sorpresa dino todo!
Papá Noel fíxonos chegar uns regaliños que levaremos mañá para casa, uns caramelos e unha carta para que lla mandemos por se hoxe non se lembrou de apuntar todo!
¡Gracias á nai de Teo por toda a organización e ao Concello de Cerceda!
No hay comentarios:
Publicar un comentario