lunes, 9 de diciembre de 2013

MERENDOLA DE OUTONO

   O pasado xoves fixemos unha merenda con froitos do Outono. Cóstanos diferenciar cales son os secos e cales os carnosos pero despois de tocalos, ulilos e probalos xa nos resulta moito máis sinxelo!!! Fixemos un buffet libre, Froitos Secos a un lado, Froitos Carnosos ao outro! A verdade é que papamos case TODO!!! A granada resistiuse un pouco ao principio por iso de que nos resultaba unha froita un pouquiño rara pero unha vez que empezamos non puidemos parar!!! Mirade, mirade!

                       

  GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario