miércoles, 26 de marzo de 2014

FIN DO TRIMESTRE

  Aquí estamos coas nosas bolsas xa rematadas!



 Este venres remata o SEGUNDO TRIMESTRE! Haberá entrega de notas e de traballos. A xornada é a de sempre, o horario non cambia. O fin deste trimestre adiantouse a este venres para que o terceiro trimestre non sexa tan longo e este tan curto...

   Os Pimpíns levarán os seus libros de Mate e de Lingua e algunha cousiña máis na súa bolsa decorada (estamos traballando moito para que nos dea tempo a telas preparadas para levar!) pero hai fichas e traballos que teñen unha continuidade polo que esperaremos ao terceiro trimestre para poder levar todos os nosos traballos para a nosa casa. 

   Aquí tedes unha fotos dos Pimpíns traballando na súa bolsa! Está quedando moi bonita, é unha bolsa de PRIMAVERA!!! E tamén unha foto dos TULIPÁNS que nos creceron na aula!jajajajaja!!!



Levamos decorando as bolsas dende a semana pasada: afiar ceras para conseguir virutas, pegalas na bolsa, facer boliñas con papel de diferentes cores...moitas!!! Pegalas con cola, debuxar a cara da bolboreta e as súas antenas, pegar pequenas bolboretas ao redor da grande...Pola outra banda, pegar 3 margaridas, debuxar co pincel os tallos e as follas,...pufff! canto traballo! xa estamos a piques de rematar!!!


sábado, 22 de marzo de 2014

PROXECTO MIRÓ

   Xa empezaron a chegar cousiñas de Miró. Os Pimpíns cheos de emoción cando lles toca explicar, aos seus compañeir@s, o que trouxeron. O que máis lles gusta e do que máis falan é de que mamá axudoume...estiven con papá mirando no ordenador...incluso os avós ensináronme a Miró en Internet!!! Guau! Toda a familia implicada! Así da gusto! Aquí vos deixamos o que nos foron traendo algúns Pimpíns (así podedes ter algunha idea do que se pode traer, inspirarvos algunha outra idea, ...)


Autorretrato. Que coincidencia! Estivemos falando de Miró a semana pasada e vendo cadros seus e un dos que máis nos gustou foi este cadro e foi o que nos trouxo Lucas! Que ben! Lucas díxonos que o pintou Miró como se fose un bebé...sen pescozo, nin corpo, nin brazos... 





Libros. Javier veu ao cole cuns libros que traen moitísimas actividades plásticas. Estivemos vendo o que é un cabalete, distintos tipos de pinceis, paletas...É moi divertido porque aparecen Mickey Mouse e os seus amigos, jejeje!







Escultura. Brais trouxo 3 fotos, unha foto de Miró, unha foto dunha escultura e unha foto chea de cadros en miniatura. Brais contounos que o da foto era Miró e que ademais de cadros tamén fixo unha escultura cuns pinchos moi graciosos. Gustounos moito! Miró seica pintou todos os cadros que alí aparecían. Os Pimpíns dixeron: guauuuuuuuuuuuu! O noso favorito de todos foi o GALO!.










OLLOS. Hugo explicounos que a Miró lle gustaba moito debuxar OLLOS! Ollos pequenos, ollos medianos, ollos grandes, ollos pechados, ollos abertos e ollos de moitas cores distintas. Isto veunos fenomenal porque estes días, nas rutinas que fai o encargad@ pola mañá, empezamos a analizar as partes dos nosos ollos, as pestanas, as pupilas e o iris. 


LA MASÍA. Así se chama o cadro que nos trouxo Alexandra. Segundo Alexandra, Miró viviu nesa casa taaaaaaan grande moito tempo nos veráns. Había dúas casas, unha delas era un galiñeiro e tamén unha árbore enorme. Aos Pimpíns gustounos ver onde viviu Miró e ata queriamos colgar este cadro ao carón das fotos que trouxemos no 1º trimestre da paisaxe que se vía dende a nosa casa pero Alexandra preferiu poñela no noso mural de Miró. 


EL GALLO. Que sorte que Hugo nos trouxera este cadro! Xa llo viramos a Brais na foto dos cadros pequeniños e os Pimpíns dicían: non o vemos ben, que pequeniño é, ...Ao día seguinte, Hugo díxonos: mirade O GALO en grande! xa o trouxen! Moi ben! Que contentos quedamos! Como nos dixo este Pimpín, a Miró gustáballe moito pintar animais e por iso pintou ao galo de moitas cores e co peteiro aberto....debía ter fame...







OLLOS E ESTRELAS. Hugo Basadre tróuxonos un dossier cheo de información e de debuxos. Hugo explicounos que Miró debuxaba moitos ollos, moitas estrelas e moitos animais, como unha lagartixa, unha araña, ...e tamén PLANETAS, sobre todo en cor vermella!!! E tamén aprendemos que Miró naceu en Barcelona (como o equipo de fútbol).


EL JARDÍN. Daniela veu cunha foto de moitas cores que en canto a vimos pareceunos preciosa. É a foto dun cadro de Miró chamado El Jardín. Daniela explicounos que o pintou Joan Miró e que debuxou un animal moi grande e cheo de cor, un paxaro, e que ademais debaixo do cadro había un vermiño arrastrándose polo chan. Nós temos tamén un vermiño que nos axuda a entender o paso dos días da semana...Que simpáticos estes vermiños!


EL JARDÍN. Mario tamén nos trouxo o cadro de Miró, EL JARDÍN. Pintou 2 cadros? está repetido? Sí, é un cadro pero dúas fotos do mesmo. Mario contounos que o estivo buscando na casa e que ademais deste vira moitos máis. Explicounos que o paxaro que é tan grande quere comer aos pequeniños que están arredor e que estes asústanse e marchan. Por iso, o cadro está tan cheo de cousas, de cores e de animais.


CAMPESINO AL CLARO DE LUNA. Teo ensinounos un cadro novo de Miró. Explicounos que aparece unha lúa sobre un fondo verde que é o ceo pero xa sen luz. Ademais animounos a pintalo! Teo trouxo un folio para cada Pimpín co cadro de Miró en blanco e negro para que nós agora o pintemos seguindo unhas consignas. A traballaaaaar!!!





PRIMAVERA

   Os Pimpíns quixemos celebrar a chegada da primavera facendo un cadro ben bonito cheo de flores e bolboretas! Cada un, colleu as cores que máis lle gustaban e a traballar. Este foi o resultado...


miércoles, 19 de marzo de 2014

FELIZ DÍA

   Hoxe celebramos o Día do Pai, do avó...de todos aqueles que son pais...Os Pimpíns esperamos que vos gustara moito o regalo que fixemos con moito cariño para vós. Foi un traballo de varios días que ao final quedou moi chulo...un PORTAFOTOS! Ademais tamén vos queremos felicitar o día cun vídeo!





martes, 18 de marzo de 2014

ENTROIDO PIMPÍN

   Aquí está, xa chegou!!! O vídeo do entroido dos Pimpíns! Están recollidas todas as actividades que fixemos nesa semana tan estupenda e chea de ilusións e emocións que tivemos fai moi pouco. Luns, Martes, Mércores, o MECO, Luns de Dalí, Martes de Indios, Mércores cun Antifaz, Xoves disfrace libre e Venres de Emoticonos do Whatsapp. Puffffffff, canto disfrace! Que ben o pasamos! Yupiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!




   O Pimpín Teo sorprendeunos cunha camiseta dos Pimpíns! 1ª Edición exclusiva! Guauuuuu! Que chuliiiiii! O´PIMPIRATA!

jueves, 13 de marzo de 2014

TRABALLANDO CON XORNAIS

 Hoxe estivemos traballando na aula con xornais. Os Pimpíns en canto o viron dixeron: UN PERIÓDICO! Efectivamente, un periódico...Abrímolo, miramos que tiñan un montón de letras, fotos, algún número tamén vimos pequeniño...Esto foi o que os Pimpíns dixemos:

- O xornal ten unha portada e un título coma os contos...
- Saen uns señores na portada.
- Ten fotos e letras grandes e pequenas e alguén pintou algunhas polo medio porque eran vermellas. (O xornal que tiñamos a man era A VOZ DE GALICIA, polo que onde aparecía este nome estaban en vermello).
- No xornal hai noticias. As noticias son cando meu pai ve as noticias, as noticias son cando me contan cousas, as noticias son cando pasan as cousas, as noticias son as da tele, ...
- O xornal ten moitas páxinas. Os Pimpíns pensamos que sobre 80 ou así. É grande e ten forma cadrada.
- Quen escribe o xornal? Escríbeno chicas e chicos, os Pimpíns estimamos que arredor de 100 persoas o escriben.

   Foi unha larga sesión de charla entre todos pensando coa cabeciña algunhas cuestións que son un pouco complicadas pero como sempre, os Pimpíns temos unha boa resposta para todo. XENIAIS!!!



lunes, 10 de marzo de 2014

EXPERIMENTANDO CO XEO

   Fai uns días estivemos EXPERIMENTANDO...Que é o xeo? Como se forma? Estivemos pensando e ao final chegamos á conclusión de que o xeo fórmase cando as pingas de auga teñen tanto tanto tanto frío que se xuntan moito moito moito unhas cas outras formando un bloque moi ríxido chamado xeo...Cando teñen algo máis de calor vanse soltando das demais pingas entón volven a ser auga...Isto foi o que aprendemos co experimento, ademais de aprender que XEO escríbese con X...(xa que non se nos ocurría ningunha palabra que empezara por X) e tamén como facer XEO DIVERTIDO...Puff...moito tivemos que experimentar e pensar coa cabeciña:
   Como conseguimos Auga de Cores? Os Pimpíns empezaron a pensar...
- Buscando auga de cores, poñéndolle cores á auga, pedíndolle a mamá que nos traia auga de cores, pedimos auga de cores no comedor...Ao final, pensamos que todo era un pouco difícil que o mellor sería pensar como facela nós na aula  e un Pimpín dixo: Xa sei! Botándolle cores! Ah! Moi ben interesante! Que lle botamos á auga??? Pensamos varias opcións ata que atopamos a correcta!
- 1º Ceras. Probamos con ceras pero a auga seguía igual...joooooooo
- 2º Plastilina. Tamén o intentamos pero nada...non funcionou....Vaia!!!
- 3º Pintura de dedos dixo un Pimpín. Beeeeeeeen...si que fai AUGA DE CORES!!! Yupiiiiiiiiiiiiiiiii!!!

  Cada Pimpín elixiu unha cor e botouna no cubiño chego de auga. Logo remexemos un chisco e metemos todo no conxelador e A ESPERAR ATA MAÑÁ!!!

   Ao día seguinte, GUAUUUUUUUUUU! Xeo de Cores!!! INCRIBLE!!! Tocámolos, mirámolos, que bonitos nos pareceron....Clasificámolos en vasos segundo a súa cor. Cando os tocamos, a nosa man dáballe calor por iso xa empezaban a derreterse...Deixámolos repousar ata o día seguinte.

   Nada máis entrar na aula MIRADE MIRADE MIRADE!!! AUGA DE CORES!!! Outra vez se volvera a converter o xeo en auga...QUE GRAN EXPERIMENTO...Que facemos agora con esta auga? Metémola no conxelador. Outra vez? Síiiiiiiiiiiiii...se polos Pimpíns fora estariamos aínda facendo xeo de cores! jajajajaja! 

   Aquí tedes todo o proceso!!! Facede clic enriba da foto!!!

domingo, 2 de marzo de 2014

WHATSAPP!

   O venres disfrazámonos no colexio de Emoticonos do Whatsapp! Cada un elixiu a cariña que quería e despois soamente tivemos que construíla e por detrás facer o símbolo do whatsapp co teléfono! Foi un día emocionante porque fomos ao pavillón onde estaba esperándonos moita xente, entre ela, as nosas Familias! Foi un día moi divertido! Aquí tedes a aula dos Pimpíns disfrazada!