Xa empezaron a chegar cousiñas de Miró. Os Pimpíns cheos de emoción cando lles toca explicar, aos seus compañeir@s, o que trouxeron. O que máis lles gusta e do que máis falan é de que mamá axudoume...estiven con papá mirando no ordenador...incluso os avós ensináronme a Miró en Internet!!! Guau! Toda a familia implicada! Así da gusto! Aquí vos deixamos o que nos foron traendo algúns Pimpíns (así podedes ter algunha idea do que se pode traer, inspirarvos algunha outra idea, ...)
Autorretrato. Que coincidencia! Estivemos falando de Miró a semana pasada e vendo cadros seus e un dos que máis nos gustou foi este cadro e foi o que nos trouxo Lucas! Que ben! Lucas díxonos que o pintou Miró como se fose un bebé...sen pescozo, nin corpo, nin brazos...
Libros. Javier veu ao cole cuns libros que traen moitísimas actividades plásticas. Estivemos vendo o que é un cabalete, distintos tipos de pinceis, paletas...É moi divertido porque aparecen Mickey Mouse e os seus amigos, jejeje!
Escultura. Brais trouxo 3 fotos, unha foto de Miró, unha foto dunha escultura e unha foto chea de cadros en miniatura. Brais contounos que o da foto era Miró e que ademais de cadros tamén fixo unha escultura cuns pinchos moi graciosos. Gustounos moito! Miró seica pintou todos os cadros que alí aparecían. Os Pimpíns dixeron: guauuuuuuuuuuuu! O noso favorito de todos foi o GALO!.
OLLOS. Hugo explicounos que a Miró lle gustaba moito debuxar OLLOS! Ollos pequenos, ollos medianos, ollos grandes, ollos pechados, ollos abertos e ollos de moitas cores distintas. Isto veunos fenomenal porque estes días, nas rutinas que fai o encargad@ pola mañá, empezamos a analizar as partes dos nosos ollos, as pestanas, as pupilas e o iris.
LA MASÍA. Así se chama o cadro que nos trouxo Alexandra. Segundo Alexandra, Miró viviu nesa casa taaaaaaan grande moito tempo nos veráns. Había dúas casas, unha delas era un galiñeiro e tamén unha árbore enorme. Aos Pimpíns gustounos ver onde viviu Miró e ata queriamos colgar este cadro ao carón das fotos que trouxemos no 1º trimestre da paisaxe que se vía dende a nosa casa pero Alexandra preferiu poñela no noso mural de Miró.
EL GALLO. Que sorte que Hugo nos trouxera este cadro! Xa llo viramos a Brais na foto dos cadros pequeniños e os Pimpíns dicían: non o vemos ben, que pequeniño é, ...Ao día seguinte, Hugo díxonos: mirade O GALO en grande! xa o trouxen! Moi ben! Que contentos quedamos! Como nos dixo este Pimpín, a Miró gustáballe moito pintar animais e por iso pintou ao galo de moitas cores e co peteiro aberto....debía ter fame...
OLLOS E ESTRELAS. Hugo Basadre tróuxonos un dossier cheo de información e de debuxos. Hugo explicounos que Miró debuxaba moitos ollos, moitas estrelas e moitos animais, como unha lagartixa, unha araña, ...e tamén PLANETAS, sobre todo en cor vermella!!! E tamén aprendemos que Miró naceu en Barcelona (como o equipo de fútbol).
EL JARDÍN. Daniela veu cunha foto de moitas cores que en canto a vimos pareceunos preciosa. É a foto dun cadro de Miró chamado El Jardín. Daniela explicounos que o pintou Joan Miró e que debuxou un animal moi grande e cheo de cor, un paxaro, e que ademais debaixo do cadro había un vermiño arrastrándose polo chan. Nós temos tamén un vermiño que nos axuda a entender o paso dos días da semana...Que simpáticos estes vermiños!
EL JARDÍN. Mario tamén nos trouxo o cadro de Miró, EL JARDÍN. Pintou 2 cadros? está repetido? Sí, é un cadro pero dúas fotos do mesmo. Mario contounos que o estivo buscando na casa e que ademais deste vira moitos máis. Explicounos que o paxaro que é tan grande quere comer aos pequeniños que están arredor e que estes asústanse e marchan. Por iso, o cadro está tan cheo de cousas, de cores e de animais.
CAMPESINO AL CLARO DE LUNA. Teo ensinounos un cadro novo de Miró. Explicounos que aparece unha lúa sobre un fondo verde que é o ceo pero xa sen luz. Ademais animounos a pintalo! Teo trouxo un folio para cada Pimpín co cadro de Miró en blanco e negro para que nós agora o pintemos seguindo unhas consignas. A traballaaaaar!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario