Fai uns días estivemos EXPERIMENTANDO...Que é o xeo? Como se forma? Estivemos pensando e ao final chegamos á conclusión de que o xeo fórmase cando as pingas de auga teñen tanto tanto tanto frío que se xuntan moito moito moito unhas cas outras formando un bloque moi ríxido chamado xeo...Cando teñen algo máis de calor vanse soltando das demais pingas entón volven a ser auga...Isto foi o que aprendemos co experimento, ademais de aprender que XEO escríbese con X...(xa que non se nos ocurría ningunha palabra que empezara por X) e tamén como facer XEO DIVERTIDO...Puff...moito tivemos que experimentar e pensar coa cabeciña:
Como conseguimos Auga de Cores? Os Pimpíns empezaron a pensar...
- Buscando auga de cores, poñéndolle cores á auga, pedíndolle a mamá que nos traia auga de cores, pedimos auga de cores no comedor...Ao final, pensamos que todo era un pouco difícil que o mellor sería pensar como facela nós na aula e un Pimpín dixo: Xa sei! Botándolle cores! Ah! Moi ben interesante! Que lle botamos á auga??? Pensamos varias opcións ata que atopamos a correcta!
- 1º Ceras. Probamos con ceras pero a auga seguía igual...joooooooo
- 2º Plastilina. Tamén o intentamos pero nada...non funcionou....Vaia!!!
- 3º Pintura de dedos dixo un Pimpín. Beeeeeeeen...si que fai AUGA DE CORES!!! Yupiiiiiiiiiiiiiiiii!!!
Cada Pimpín elixiu unha cor e botouna no cubiño chego de auga. Logo remexemos un chisco e metemos todo no conxelador e A ESPERAR ATA MAÑÁ!!!
Ao día seguinte, GUAUUUUUUUUUU! Xeo de Cores!!! INCRIBLE!!! Tocámolos, mirámolos, que bonitos nos pareceron....Clasificámolos en vasos segundo a súa cor. Cando os tocamos, a nosa man dáballe calor por iso xa empezaban a derreterse...Deixámolos repousar ata o día seguinte.
Nada máis entrar na aula MIRADE MIRADE MIRADE!!! AUGA DE CORES!!! Outra vez se volvera a converter o xeo en auga...QUE GRAN EXPERIMENTO...Que facemos agora con esta auga? Metémola no conxelador. Outra vez? Síiiiiiiiiiiiii...se polos Pimpíns fora estariamos aínda facendo xeo de cores! jajajajaja!
No hay comentarios:
Publicar un comentario