Deixámosvos un resumo de todo o que fixemos para facer este regalo:
1- Pintar as oveiras. Cada Pimpín tiña 6 e non podía ter ningunha da mesma cor..., amarela, verde, violeta, rosa, vermella, laranxa. (Unha tarefa ben complicada...Primeiro por dentro, despois por fóra, logo colocala enriba dun papel para que fora secando, cambiar de cor de pincel e pintar outra, e outra, e outra, ata 6...e ademáis tod@s xuntos! 22 Pimpíns traballando cada un na súa tarefa...).
2- Facer os tallos. Cada Pimpín tiña 3 anacos de papel crepé e retorcendo retorcendo e retorcendo conseguimos simular un tallo dunha flor.
3- A cada flor o seu pompón. O cadro ten 6 flores entón precisamos cantos pompóns??? 6! Cada Pimpín tiña 6 pompóns de diferentes cores e tiña que metelos en cada flor sen que coincidise a cor!
4- Escribir o nome. Cada Pimpín colleu un lápis escribiu o seu nome e logo colleu os rotuladores e repasouno. Consigna? Cada letra dunha cor! Fixémolo xenial!
5- Dedicatoria. Escribimos no sobre PARA MAMÁ...para que quede claro para quen é o noso agasallo, jejeje.
O regalo que vedes na vosa casa é todo feito polos Pimpíns...o único no que tivemos axuda foi en que a profe forrou o noso cartón con papel, pegou as oveiras, os pompóns, os tallos e o lazo, e o noso nome. Todo o que vedes está tal cual o fixemos nós, sen retoques nin axudas. É 100%...