Deixámosvos un resumo de todo o que fixemos para facer este regalo:
1- Pintar as oveiras. Cada Pimpín tiña 6 e non podía ter ningunha da mesma cor..., amarela, verde, violeta, rosa, vermella, laranxa. (Unha tarefa ben complicada...Primeiro por dentro, despois por fóra, logo colocala enriba dun papel para que fora secando, cambiar de cor de pincel e pintar outra, e outra, e outra, ata 6...e ademáis tod@s xuntos! 22 Pimpíns traballando cada un na súa tarefa...).
2- Facer os tallos. Cada Pimpín tiña 3 anacos de papel crepé e retorcendo retorcendo e retorcendo conseguimos simular un tallo dunha flor.
3- A cada flor o seu pompón. O cadro ten 6 flores entón precisamos cantos pompóns??? 6! Cada Pimpín tiña 6 pompóns de diferentes cores e tiña que metelos en cada flor sen que coincidise a cor!
4- Escribir o nome. Cada Pimpín colleu un lápis escribiu o seu nome e logo colleu os rotuladores e repasouno. Consigna? Cada letra dunha cor! Fixémolo xenial!
5- Dedicatoria. Escribimos no sobre PARA MAMÁ...para que quede claro para quen é o noso agasallo, jejeje.
5- Dedicatoria. Escribimos no sobre PARA MAMÁ...para que quede claro para quen é o noso agasallo, jejeje.
O regalo que vedes na vosa casa é todo feito polos Pimpíns...o único no que tivemos axuda foi en que a profe forrou o noso cartón con papel, pegou as oveiras, os pompóns, os tallos e o lazo, e o noso nome. Todo o que vedes está tal cual o fixemos nós, sen retoques nin axudas. É 100%...
MADE IN PIMPÍNS!!!
Que concentrados se les veen, que lindo verlos. gracias por compartir con nosotros los trabajos y todo, poder ver lo que hace estas 7 horitas fuera de casa es un lujo, ni todos los padres tienen este privilegio. Gracias
ResponderEliminarSon moi traballadores a verdade! Moitas grazas polas felicitacións do blog Fágoo para que vexades e valoredes todo o que fan! Así podedes entender mellor todo o que vos contan e ir axudándoos na difícil tarefa que supón "crecer". Un saúdo.
ResponderEliminar