O venres, como xa sabedes, por fin imos ir ao Museo de Belas Artes...canto levamos esperando!!! O horario será o habitual, de 9:30 a 16:00h. Xa sabedes, por cuestións organizativas, temos que volver pola tarde.
Como dicía a nota enviada, soamente é preciso meter na mochila unha botelliña de auga e un bocadillo, isto para os que traen a comida da CASA. Os que xa a levades dende o COMEDOR, non é preciso, xa que a bolsiña do bocadillo trae unha botella de auga.
Despois da visita ao museo, iremos comer preto da Torre de Hércules cos nosos compañeir@s de 3º e de 4º de Primaria. Que ben! Cos maiores! Se chove, teremos que ir ata o pavillón dun dos colexios que está cerca da Torre. E despois...volta para casa!
A NOSA ÚLTIMA EXCURSIÓN DO CURSO DE 3 ANOS!!!
QUE BEN O IMOS PASAR!
Hoxe estivemos falando da excursión e temos moitas ganas de ver ao GIGANTE e tamén as MARISCADORAS de Luis Seoane.
No hay comentarios:
Publicar un comentario