domingo, 30 de noviembre de 2014

PROXECTO HÁBITATS

   Xa temos outra mascota!!! Ademais do OURIZO, agora temos a un OSIÑO PANDA. O oso está na columna da dereita. Vai ata alí e dálle a súa comida favorita: O BAMBÚ.


PROXECTO HÁBITATS

   Queridas familias:

  Aquí está todo o material que cada Pimpín trouxo ao cole. Buscamos unha nova estantería para poder ter todos os libriños do proxecto a man. Tamén fomos colocando todas as fotos que trouxemos, os resumes, carteles, puzzles e demáis cousiñas que buscamos nas nosas casas e logo levamos para o cole para compartilos cos nosos compañeir@s. Temos a estantería e as ventás da aula cheas de cousas! Cada vez que temos un tempo libre, despois de facer o noso traballo diario, podemos coller os libros do proxecto e miralos. Encántanos!!!

GRACIAS FAMILIAS! Sen a vosa axuda este traballo non sería posible e sen os Pimpíns tampouco, claro
está!!!



jueves, 27 de noviembre de 2014

SOMOS PAISAXE, SOMOS SENTIDOS

   O ano pasado incorporámonos ao Plan Proxecta promovido pola Consellería de Educación e este ano, a Educación Infantil do CPI O Cruce volve a estar seleccionado para seguir traballando neste proxecto. A temática deste ano será a TERRA. Aquí tedes un vídeo de presentación de todos os nen@s de Infantil que forman parte xa deste proxecto. Uns xa somos coñecidos pero outros empezamos este ano polo que é importante que saibades os nosos nomes. 
   Pinchade neste enlace e dirixiravos ao blog (segue tendo o mesmo nome do ano pasado). Igualmente, na columna da dereita, pinchando enriba da árbore dos sentidos tamén podedes acceder.

somossentidos.blogspot.com


   Soamente podemos dar un adianto...Unha gran árbore, follas, cada unha delas cunha palabra...Pensar, escribir e colocar...Ata aquí podemos ler e amosar.


martes, 25 de noviembre de 2014

TODOS SOMOS IGUAIS

    Hoxe coa chegada dunha chapa e dunha pulseira para cada Pimpín, pensamos...porqué este agasallo??? Tivemos entón entre todos unha conversa acerca de se os nen@s e as nen@s somos distintos ou non e se por isto non podemos facer as mesmas cousas.       As nosas conclusións foron:

- Somos todos iguais.
- A nosa mamá pode conducir un coche (ou un ferrari).
- O noso papá pode lavar a roupa e cociñar (en concreto, facer unha tortilla).
- As nenas poden xogar ao fútbol.
- Os nenos poden xogar as bonecas e no recuncho da cociña.
- As nenas, se queren, poden ser mecánicas, astronautas, etc.
- Os nenos poden comprar un xersei rosa porque é unha cor fantástica.
-  Todos os nenos e nenas somos iguais porque podemos xogar ao que queiramos, eso sí, sempre sen facer dano a ningún amig@.

lunes, 24 de noviembre de 2014

COMO NACERON AS CORES???

   A profe comprou un libro que nos encantaaaaaa!!! Dende o primeiro día que o lemos, queremos lelo todos os días. Conta a historia de como foron nacendo todas as cores que hai no mundo. E como sucedeu isto? Pois mediante APERTAS! As cores vanse dando apertas entre sí e nace unha nova! Divertidísimo! Isto tamén nos serve para traballar a Educación Emocional (gústannos as apertas? que pasa cando recibimos unha aperta? cando damos apertas aos amig@s?, ...). Gústanos tanto que decidimos facer un libro cada un de nós para poder levar a casa e contarlle a todo o mundo como naceron as cores.

   Puxémonos un día a experimentar coas primeiras cores que había no mundo e de súpeto...tiñamos xa 3 máis!!!



 Aínda seguimos a traballar no noso libriño e nas nosas mesturas...Isto da experimentación é ben difícil...Algunha cor costounos moito conseguila, outras non nos saíron e outras á primeiriña...



martes, 18 de noviembre de 2014

CADRO DE OUTONO

   Descubrimos unha nova técnica para facer cadros!!! Soamente se precisa, unha cartolina, témpera de cores do outono, e CANICAS!!! Ah, e tamén moitas ganas de sacudir a cubeta! Pouco a pouco o que eran unha pingas de cor foron converténdose nun fermoso cadro. Aquí podedes ver como o fixemos e o noso resultado!




                                 


4 ANOS

   Este luns tocou festexar o cumple de Iker!! Os nosos parabéns para ti, Pimpín!!! Pasámolo xenial facéndolle uns regaliños en forma de debuxo, cantándolle o cumple nos tres idiomas que sabemos, inglés, galego e castelán e tirándolle das orelliñas! O biscoito moi rico, non quedou nin unha miga. Felicidades Iker!!!




   O cumple de Marcos foi o domingo por iso tivemos que esperar ao luns para festexalo. 4 anos, nada máis e nada menos!! Parabéns Pimpín!! Comemos un rico biscoito que tiña chocolate e non quedou nadiña. Zampámolo enteiriño! Mmm...Gracias Marcos, estaba delicioso. Oxalá todos os días fose o teu cumple para repetir! jijiji!



   Esta semana tocoulle a Brais cumprir 4 aniños. Parabéns Pimpín! Hoxe comemos un rico biscoito e non sobrou nada de nada, outro tupper baleiro. Gracias Brais pola merenda tan estupenda de hoxe. Foi un gran día de aniversario. Bicoooooos de tod@s!
  


   Este curso inaugura os aniversarios, Adriana. O domingo fixo 4 anos e por suposto, hoxe celebrámolo no colexio. Adriana tróuxonos un biscoito de chocolate coa foto da familia Pig! Ata nos daba pena comelo, jajajaja! Aquí vos deixamos unhas instantáneas do bonito día de hoxe. Parabéns Adri!!!





   O xoves, antes de rematar as clases, festexamos polo grande os cumples daqueles nen@s que celebrarán o seu aniversario no verán. Ese día non poderemos estar tod@s xuntos entón decidimos facer unha festa compartida para que tamén estes Pimpíns tiveran o seu momento. Aquí tedes algunhas fotos dese día. Felicidades Pimpíns!!!



                                    OMAR (12 de Xullo)

                                 LAURA (16 de Xullo)


                                  MÉLANI (2 de Agosto)

HUGO BASADRE (11 de Agosto)

                               MATEO (26 de Agosto)

   Hoxe celebramos o cumpreanos de Hugo Paz. Felicidades Pimpín!!! Trouxonos un biscoito rico rico rico...o mellor, uns puntiños azuis que mmm...sabían a azucre jijiji!!! Hugo doulle un anaquiño de biscoito a tod@s os que entraron na nosa aula e tod@s dixeron o mesmo...riquíiiiiisimo!!! Xa tes 4 aniños...que maior!!! Parabéns!

HUGO PAZ (25 de Xuño)


   Este sábado Hugo Candal cumpriu 4 anos! Felicidades amigo! Como non estivemos xuntos ese gran día fixemos unha gran celebración e ademáis Hugo tróuxonos un biscoito con chocolate, mmm que rico...delicioso, dixemos os Pimpíns! Non quedou nadiña...zampámolo todo! Moitas gracias Pimpín!!!


HUGO CANDAL (24 de Maio)

  
   Despois duns meses sen ningún festexo cumpleañeiro...chegaron os 4 anos de Alexandra!!! Parabéns Pimpina!!! Alexandra tróuxonos un biscoito rico rico...tanto que o papamos enteiriño! Moitas graciaaas e moitas felicidadeees!!! 


         ALEXANDRA (22 de Abril)
                                    
    E seguimos de festa!!! Hoxe tocoulle cumplir anos a nosa compañeira Noemí! Parabéns querida amiga! Desfrutamos moito cantándolle a Noemi o cumpleanos en 3 idiomas, sí sí! en 3! Démoslle os Parabéns, cantámoslle o Cumpleaños Feliz e tamén entonamos o Happy Birthday!
                 
                                 NOEMI (23 de Abril)

   Hoxe Anxo cumpriu 4 anos!!! Que maiores se están facendo estes Pimpíns!!! Gracias polo biscoito Anxo!!! Non quedou nadiña de nada, papámolo todiño...estábache ben rico!ñam ñam ñam! Felicidades Pimpín!!!

                                ANXO (17 de Febreiro)

   O Pimpín Borja cumpriu anos este venres! Estaba moi ilusionado co seu día! Celebrámolo cun biscoito grande grande que moito nos gustou...Gracias Borja! Moitas Felicidades! Xa tes 4 aniños! Que maior!  


BORJA (7 de Febreiro)

 2 Pimpíns cumpriron anos onte!!! Giovanna e Lucas! Felicidadeeeeeeees!!! Comimos churros que nos trouxo Lucas e un gran biscoito ao que nos invitou Giovanna! Non probamos as merendas porque xa non tiñamos máis sitio na barrigola! Canto zampamos! Mmmmmmmmmmmm....

GIOVANNA (5 de Febreiro)
 LUCAS (5 de Febreiro)

   Este xoves festexamos o cumpleanos de Teo! Felicidades Pimpín!!! Comimos un delicioso biscoito...que rico estaba!!! Despois puxémoslle a coroa, sacamos unhas fotos e cantamos e bailamos para celebrar que Teo xa ten 4 aniños!!! Parabéns Teo!
TEO (30 de Xaneiro)


   A semana pasada o Pimpín Javier festexou o seu cumple con todos nós. Cumpriu 4 anos!!! Javi estaba moi contento porque tal e como nos dixo, o día do seu cumple, o 5 de Xaneiro, non puido vir ao cole a vernos...Entón quixo traernos 2 biscoitos con forma de OSO, un deles de chocolate...mmmm...e tamén unhas galletas ricas ricas ricas coa nosa inicial!!! Que boa idea porque aproveitamos para repasar as letras! Felicidades Pimpín! O maior do grupo!!!

 JAVIER (5 DE XANEIRO)

lunes, 17 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014

   A tarde do venres, foi tarde de festa. Festexamos o Magosto. Coas nosas cestas feitas coa técnica do ano pasado pero cunha gran diferencia, este ano foi feita todiña por nós, ben abrigadiñ@s, saímos a participar en todos os XOGOS que había. Despois, soamente tocou coller castañas e comelas!!! Ñam ñam ñam...

MARIO

   O noso amigo Mario vaise unhas semanas de vacacións. Por este motivo, animámonos cunha DRAMATIZACIÓN. Custou un chisquiño entender que estabamos a simular que Mario marchaba xa o venres cando aínda nos quedaba o Magosto por celebrar. Aínda así este foi o resultado! 
   Mario desfruta moito! Pásao ben! Moitos bicos de todo@s os Pimpíns.


jueves, 13 de noviembre de 2014

SAMAÍN 2014

   Por fin! Todo o que fixemos no Samaín recollido nun vídeo! Non nos demos conta de todo o vivido ata que vimos todo o vídeo! Aviso...collede unha silla que é un chisquiño longo...jajaja! Pasámolo xenial decorando a aula, o mural de fóra, coa merenda monstruosa, disfrazándonos, falando dos nosos medos e facendo un conxuro para que desaparezan...A verdade, é que aos Pimpíns encántanos esta festa, xa dende 3 anos gústanos moito. Désfrutádeo.

sábado, 8 de noviembre de 2014

Samaín Conxuro Anti-Medos

   Neste Samaín decidimos facer entre tod@s os Pimpíns un conxuro para facer desaparecer os nosos medos. Aproveitando que na clase había varias bruxas e unha pota máxica, cada un de nós debuxou o que lle dá moito medo e despois metemos todo dentro da pota máxica para que todos eses medos desaparezan. Para que todo isto aconteza tivemos que pensar unhas palabras máxicas, un conxuro, para que os nosos medos nunca máis volvan. Aquí tedes o noso conxuro Anti-Medos!!! Se vós tedes algún, non o dubidedes, facedes un debuxo, traédeo ao cole que o metemos na pota máxica e non volveredes a ter ese medo!!! 
   O vídeo de Samaín estase aínda "cociñando"...coas fotos da MERENDA MONSTRUOSA, mmm...as fotos das cabazas que trouxestes, as bruxas decoradas, os debuxos do nosos medos e algunha cousiña máis...