A profe comprou un libro que nos encantaaaaaa!!! Dende o primeiro día que o lemos, queremos lelo todos os días. Conta a historia de como foron nacendo todas as cores que hai no mundo. E como sucedeu isto? Pois mediante APERTAS! As cores vanse dando apertas entre sí e nace unha nova! Divertidísimo! Isto tamén nos serve para traballar a Educación Emocional (gústannos as apertas? que pasa cando recibimos unha aperta? cando damos apertas aos amig@s?, ...). Gústanos tanto que decidimos facer un libro cada un de nós para poder levar a casa e contarlle a todo o mundo como naceron as cores.
Puxémonos un día a experimentar coas primeiras cores que había no mundo e de súpeto...tiñamos xa 3 máis!!!
Aínda seguimos a traballar no noso libriño e nas nosas mesturas...Isto da experimentación é ben difícil...Algunha cor costounos moito conseguila, outras non nos saíron e outras á primeiriña...
No hay comentarios:
Publicar un comentario