Hoxe coa chegada dunha chapa e dunha pulseira para cada Pimpín, pensamos...porqué este agasallo??? Tivemos entón entre todos unha conversa acerca de se os nen@s e as nen@s somos distintos ou non e se por isto non podemos facer as mesmas cousas. As nosas conclusións foron:
- Somos todos iguais.
- A nosa mamá pode conducir un coche (ou un ferrari).
- O noso papá pode lavar a roupa e cociñar (en concreto, facer unha tortilla).
- As nenas poden xogar ao fútbol.
- Os nenos poden xogar as bonecas e no recuncho da cociña.
- As nenas, se queren, poden ser mecánicas, astronautas, etc.
- Os nenos poden comprar un xersei rosa porque é unha cor fantástica.
- Todos os nenos e nenas somos iguais porque podemos xogar ao que queiramos, eso sí, sempre sen facer dano a ningún amig@.
No hay comentarios:
Publicar un comentario