sábado, 28 de marzo de 2015

BOLSAS DA PRIMAVERA

   Rematado todo, soamente nos quedaba meter os nosos traballos nas bolsas e sacar a foto que facemos en cada trimestre. Aquí nos tedes con todo listo!

FELICES VACACIÓNS! 
A DISFRUTAR PIMPÍNS! 
TÉDELO MOI MERECIDO!
VÉMONOS O DÍA 7 DE ABRIL!


ÚLTIMOS TRABALLOS DAS NUBES

 Deixámosvos aquí unhas fotos en cor, xa que nos traballos tiveron que ir en branco e negro, para que as vexades mellor. Detrás de cada unha delas hai moito traballo, moitas reflexións, investigación e ganas de aprender. Os Pimpíns sempre sorprendendo!






miércoles, 25 de marzo de 2015

AS NOSAS BOLSAS

  Os Pimpíns estamos preparando as bolsas para levar os nosos traballos para casa. Que serán estes círculos? En que se convertirán?


   Esta vez decidimos deixar o punzón e coller as tesoiras. Os Pimpíns non estabamos moi seguros de facelo coas tesoiras e insistímoslle a profe en facelo co punzón pero ao final...fixémolo xenial! O punzón xa está moi dominado polo que debemos empezar a practicar máis o recortado. Que non sae perfecto? Non pasa nada, o importante é ir practicando senón nunca imos mellorar. Ao final o resultado foi estupendo! Xa veredes as bolsas tan chulas que nos están quedando!

   Tamén estamos a preparar a portada para o libro das nosas fichas. Imos facer un CAMPO DE PAPOULAS. Difícil esta palabra, sí...Non sabiamos moi ben que era pero co Señor Google todo é máis sinxelo. Fixemos unha búsqueda no ordenador e vimos que era unha flor, coñecida como amapola. Puxémonos a traballar, pintar o ceo con pincel, e cada un dos triángulos dunha cor co dedo índice para simular papoulas...Canta pinturaaaa! Agora soamente nos falta poñerlle as follas as papoulas e xa veredes o venres o resultado final!

martes, 24 de marzo de 2015

REMATANDO O NOSO PROXECTO...

    Estamos rematando os nosos traballos do proxecto das Nubes. 
  Esta semana estamos dándolle voltas a iso de COMO SE FORMAN AS NUBES? Os Pimpíns pensamos que as nubes se forman na terra e logo suben para arriba. Hai un sitio onde as fan...algúns viron a fábrica! Saen nubes dalí continuamente e está moi cerca do noso cole. Para poder entender isto moito mellor estamos a falar do CICLO DA AUGA. 
   Estivemos dramatizándoo na clase, un foi o Sol que da calor cos seus raios, os demais gotiñas de auga que nadan no río, outras nadan no mar e outras no océano. O sol saca os seus raios e lánzaos á terra e as gotiñas comezan a subir para o ceo. A medida que suben, van tendo moito frío e ao estar separadas as unhas das outras comezan a xuntarse e é así como se forman as NUBES.
   Despois ven o vento e fai que choquen entre elas e as gotiñas sepáranse e volven caer a terra. 
  Complicado entender o CICLO DA AUGA pero os Pimpíns podemos con iso e moito máis!!!

domingo, 22 de marzo de 2015

SEGUIMOS CA ARTE

   Antes de rematar a semana fixemos outra obra de arte de NUBES! Esta vez, traballamos cun cadro de René Magritte. Pareceunos moi divertido este cadro xa que René puxo unha copa que parece o tronco dunha árbore e a copa da árbore é unha nube. QUE CURIOSO!!!
     Os Pimpíns, desta volta, fixemos unha composición para simular a nosa paisaxe:
- Anaco de cartolina verde (herba) ou amarela (area).
- Anacos de cartolina marrón (montañas).
- Copa (tronco da árbore).
- Papel branco (nube).

   Primeiro, recortamos e picamos todo isto. Unha vez listo, fixemos a composición e despois pegamos todo, cadrando os espazos, sen saírnos do papel e tapando os ocos para que todo quedara xenial. Ademais, tivemos tempo para pasalo en grande co papel branco, jajajaja! Aquí tedes a mostra...
 Ahhhhhhh, os Pimpíns pensamos un título para esta obra ÁRBORE-COPA, facendo un xogo de palabras.




martes, 17 de marzo de 2015

NUBE CÚMULO

   Estamos traballando os distintos tipos de nubes. Xa sabemos que non son todas iguais e que cada unha ten un nome diferente.
   As nubes estratos xa son moi coñecidas por nós, Nubes baixas que forman a néboa. Agora tócalle o turno as nubes cúmulos. Nubes con forma de algodón, brancas e que fan formas no ceo. Xa saímos varias veces ao patio a observar e buscar nubes con formas. Incrible o que os Pimpíns atopamos! Temos a imaxinación ao 100%!!! 
   Hoxe, despois de comer, entramos na clase e dixémoslle a profe que había moitísimas nubes cúmulos no ceo polo que aínda que había tarefas por facer, insistimos moito para saír a investigar e ao final, conseguímolo! jajajaja! Chaqueta e gorra e a observar! Aquí tedes o resumo.







VÍDEOS DO PROXECTO

  Aquí tedes unha selección dos vídeos que estamos a visionar relacionados co noso proxecto das NUBES. Axúdannos moito a comprender como se forman as nubes, os tipos de nubes que hai e tamén como chegan as gotas de auga ao ceo, é dicir, o complexo ciclo da auga, todo de xeito divertido.





viernes, 13 de marzo de 2015

NUBES NA ARTE

 
  Boas, aquí estamos de novo para ensinarvos a obra de arte que fixemos esta semana. Traballamos a fotografía de Chema Madoz, eso sí, fixemos a nosa propia versión dela. Aquí tedes o resultado, exactamente estivemos traballando nela 1h. entre organizarnos, coller todo o material que era preciso e pensar en como iamos a realizar o traballo e facelo...Ao final, gustounos moito como quedou. Somos uns artistas! Está clarísimo!

                         Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow created with Smilebox



martes, 10 de marzo de 2015

TIPOS DE NUBES: NUBE ESTRATO

 Hoxe, cando chegamos a clase, aínda non se levantara a néboa polo que decidimos saír a investigar. 
- As nubes, case se poden tocar.
- As nubes están cerquiña.
- As nubes están tapando a casa de Anxoooo!!!
- Case non se ven as árbores de aí fóra!

  Claroooooo, porque estamos a ver NUBES ESTRATOS, que cando están moi baixas forman o que coñecemos como NÉBOA.
    Fomos dun lado para outro do patio observando que a néboa fai que non se vexan as cousas ben...o sol tampouco se vía. Que curioso!
   Unha pregunta? Soamente hai nubes na Terra? As nubes chegarán ata o Sol? Sí, non, non sei, temos que investigalo, foron as respostas dos Pimpíns. Por todo isto, ao final tivemos que facer unha pequena representación: o sol e os planetas ao seu redor. 
     As dúbidas que temos os Pimpíns:
- As nubes tapan o sol polo que teñen que estar cerca pero os avións pasan por riba das nubes e ao sol non nos podemos acercar porque queimaríanos.
- No espazo exterior non hai nubes, soamente escuridade e o Sol está no espazo exterior...
- En que planetas hai nubes?

   A investigaaaaaaaaaar!!!

domingo, 8 de marzo de 2015

O MEU CÍRCULO É...

   O venres decidimos dar renda solta á nosa imaxinación! Cun círculo cantas cousiñas podemos facer...Comezamos pensando que podía ser o noso círculo e alá fomos...a convertir un simple círculo nun animal marino ou terrestre, ata nun monstro! Aquí podedes ver todo o traballo. Foi moi divertido. Encantounos!

PimpínsCírculo - Kizoa Movie Maker


miércoles, 4 de marzo de 2015

PROXECTO "NUBES"

  Quedan poucas semanas para as vacacións pero ímonos animar, como é de costume, en cada trimestre, a investigar sobre algo. Nesta ocasión, coincidindo co noso traballo de TERRA, MAR E AIRE do PLAN PROXECTA promovido pola Consellería de Educación e xusto atopando un aliciente, unha motivación fai unhas semanas cando Noemí nos trouxo a clase os CONTOS DO RATIÑO. Un deses contos é o seguinte, aquí atopamos xusto o empuxiño que precisabamos para traballar algo relacionado co aire, xa estáaaaaaaa!!! AS NUBES!


   Hoxe estivemos falando das NUBES, primeiro contámonos os uns aos outr@s o que xa sabemos das NUBES, e logo formulamos preguntas co noso ? ao final, xa o coñecemos, a verdade é que xa temos bastante traballo para o pouco que queda de clase pero bueno, os Pimpíns trataremos de facer todo o posible para levar o traballiño para casa antes de Semana Santa.








  
     
  







   Aquí vos deixamos un enlace, ao blog Somos Paisaxe, Somos Sentidos, onde está a recompilación do traballo manipulativo que fixemos da TERRA de todo o alumnado de Infantil. Aquí tedes as actividades nas que participamos os Pimpíns.

martes, 3 de marzo de 2015

DÍA DOS NAMORADOS

   O 14 de Febreiro caeu en sábado pero nós, o xoves anterior decidimos facer algo con motivo dese día. Así que a traballaaaaaaar!!!

                         Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a photo slideshow


   Os maiores levaban toda a semana escribindo cartas de amor. A nosa clase chegou unha!!! Vaia sorpresaaaaaaaaa! Era para Lucas do seu irmán maior, Pablo. Chegaron os CUPIDOS e chamaron polo Pimpín Lucas: Hai unha carta para ti! Que bonitoooooooooooo!!!




Os nosos disfraces

   Na semana do entroido cada un de nós veu ao cole disfrazado como quixo. Como sempre, as risas foron moitas e pasámolo xenial. 


   Á profe doíalle un chisquiño o peito así que rápidamente se acercou o Doutor García Villamisar e a atendeu. Beber un pouco de auga e descansar foi a recomendación. Gracias Doutor!


PimpiRock

   Un día especial...Os PimpiRocks saímos a bailar ACDC entusiasmados coas nosas guitarras e os nosos micros. Teña coidado ao ver este vídeo, correo o perigo de poñerse a Bailaaaaaaaaaaaaar inmediatamente!!!




Moitas graciaaaaaaas á mamá de Daniela por facernos este vídeo e así poder ter un estupendo recordo daquel momento.