Estamos rematando os nosos traballos do proxecto das Nubes.
Esta semana estamos dándolle voltas a iso de COMO SE FORMAN AS NUBES? Os Pimpíns pensamos que as nubes se forman na terra e logo suben para arriba. Hai un sitio onde as fan...algúns viron a fábrica! Saen nubes dalí continuamente e está moi cerca do noso cole. Para poder entender isto moito mellor estamos a falar do CICLO DA AUGA.
Estivemos dramatizándoo na clase, un foi o Sol que da calor cos seus raios, os demais gotiñas de auga que nadan no río, outras nadan no mar e outras no océano. O sol saca os seus raios e lánzaos á terra e as gotiñas comezan a subir para o ceo. A medida que suben, van tendo moito frío e ao estar separadas as unhas das outras comezan a xuntarse e é así como se forman as NUBES.
Despois ven o vento e fai que choquen entre elas e as gotiñas sepáranse e volven caer a terra.
Complicado entender o CICLO DA AUGA pero os Pimpíns podemos con iso e moito máis!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario