Hoxe, cando chegamos a clase, aínda non se levantara a néboa polo que decidimos saír a investigar.
- As nubes, case se poden tocar.
- As nubes están cerquiña.
- As nubes están tapando a casa de Anxoooo!!!
- Case non se ven as árbores de aí fóra!
Claroooooo, porque estamos a ver NUBES ESTRATOS, que cando están moi baixas forman o que coñecemos como NÉBOA.
Fomos dun lado para outro do patio observando que a néboa fai que non se vexan as cousas ben...o sol tampouco se vía. Que curioso!
Unha pregunta? Soamente hai nubes na Terra? As nubes chegarán ata o Sol? Sí, non, non sei, temos que investigalo, foron as respostas dos Pimpíns. Por todo isto, ao final tivemos que facer unha pequena representación: o sol e os planetas ao seu redor.
As dúbidas que temos os Pimpíns:
- As nubes tapan o sol polo que teñen que estar cerca pero os avións pasan por riba das nubes e ao sol non nos podemos acercar porque queimaríanos.
- No espazo exterior non hai nubes, soamente escuridade e o Sol está no espazo exterior...
- En que planetas hai nubes?
A investigaaaaaaaaaar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario