martes, 22 de diciembre de 2015

FIN DE ANO 2015

    A tod@s os Pimpíns e as súas familias desexarvos un BO NADAL! Que teñades unhas festas cheas de ledicia en compañía dos vosos. Pimpíns, desfrutade moito destas vacacións que á volta hai moito que traballar e que divertirse.
Vémonos o xoves, 7, de Xaneiro. 

   Deixámosvos un resumo da festa do venres, coa nosa celebración das badaladas 2015 comendo os gusanitos. Esta vez, tocounos a nós cambiar de aula, así que fomos para a nosa antiga aula e alí, sentadiñ@s na alfombra, co noso pano de papel contamos 12 gusanitos e ñam ñam ñam, cando soaba cada campanada. Feliz 2016!!!


lunes, 21 de diciembre de 2015

CANCIÓN NADAL

   Levamos varias semanas practicando a canción de Santa Claus llegó a la ciudad de Luis Miguel. Fixemos 2 versións, unha acompañad@s da guitarra da profe Patricia e outra coa música de fondo e bailando (desta temos 2 vídeos para que se vexan ben tod@s os Pimpíns). Aquí vos deixamos os vídeos para que vexades, que tanto bailamos e nos movemos ao ritmo da canción, como somos capaces de sentarnos, cantar seguindo o ritmo e respectar os tempos. 

  



Os nosos traballiños

  O venres levamos todo o feito durante este trimestre para as nosas casas, eso sí, dentro das bolsas decoradas por nós, polos Pimpíns. Ao final quedou todo ben bonito! Esperamos que vos guste todo o que fixemos.



   

VISITA PAPÁ NOEL E REIS MAGOS

   O xoves veu á nosa aula Papá Noel. Tod@ caladiñ@s, sentad@s nas sillas e esperando a que fixera a súa aparición. Vaia sorpresaaaaaaa!!! Fomos de 1 en 1 a darlle un bico, a pedirlle un regaliño e a coller o que nos tiña el preparado!!! Un reloxooooooooooo!!!




   O venres, viñeron os Reis Magos a facernos unha visita! Acercámonos a eles e pedímoslle de novo que nos trouxeran un regaliño e despois eles déronnos uns caramelos. Tan emocionad@s estabamos que nin nos acordamos de facer unha foto con eles...

domingo, 20 de diciembre de 2015

Conferencia con Papá Noel

    Esta semana fomos de sorpresa en sorpresa!
    Fixemos unha foto coa nosa decoración navideña.


  Este martes fixemos unha carta para os Reis Magos porque viñeron os carteiros reais para recollelas e así chegarán rapidiño rapidiño! Mañán seguro que nos veñen facer unha visita pero teñen moi pouco tempo polo que, xa temos o traballiño feito, e as cartas xa enviadas!


   Despois de entregar as cartas aos carteiros reais, fomos dereitiños á nosa conferencia con Papá Noel! 
   Sentad@s xa, estivemos falando de Papá Noel, esperando a que chamara, en canto o fixo, quedam@s tod@s calad@s e escoitamos con atención todo o que nos dicía, pedímoslle un regaliño e enviámoslle un bico. Aquí podedes ver o vídeo:


martes, 15 de diciembre de 2015

CANCIÓN DE NADAL


   O último día de clase, o 18 de decembro, faremos unha festa conxunta, como facemos sempre, c@s nos@s compis de 3 e 4 anos. Ademais de celebrar o fin de ano cos gusanitos tamén lles cantaremos unha canción. Hai un vídeo que en 3 anos encantábanos, quedabamos abraiad@s cada vez que o viamos na PDI. Este ano volvemos a velo, e fixámonos na canción, ...está chulaaa!! Bastante letra, diferentes estrofas, pero...os Pimpíns como sempre intentarémolo!!! Cada vez que temos un oquiño cantámola, entradas e saídas da aula, merenda, ... 
   Unha vez seleccionada a canción, pedímoslle á nosa profe Patri que nos botara unha man para aprender a canción. Quen mellor que a profe de Música para axudarnos co seu ukelele! Aquí tedes un pequeno adianto de como imos avanzando coa memorización da letra.







   Ademais esta semana estará chea de sorpresas! Quizais, Papa Noel, quizais os Reis Magos, quizais...non damos feito con tanta festa! jajajaja!!!





lunes, 14 de diciembre de 2015

Regalo DINOSAURIOS

   Javi tróuxonos un regalo a clase!!! A súa tía Ángela, fíxonos un móvil de dinosaurios que está xenial!!! Precioooso!!! Fíxoo, xunto cos seus compañeir@s do centro ao que asiste, traballando moitas horas nel, e ademais con moito cariño. E tamén unha carta preciosa onde nos fala de todo o traballo que fai a diario no centro.
Graciaaaaaaaaaaas Angiiiiiiiiii!!!
   Os Pimpíns fixemos esta foto, agora imprimirémola e meterémola nun sobre xunto coas firmas dos Pimpíns para que tanto ti como os teus compañeiros e compañeiras a recibades con moito cariño. Será a nosa forma, de darvos a gracias polo regalo. Xa está colgado na nosa clase e encántanos!!!


Cumple Silvia

  O venres festexamos o cumple da profe! Cantámoslle o cumple feliz en todos os idiomas que sabemos: castelán, galego, inglés, italiano...Cando o primeiro pimpín cumpla 6 anos, animarémonos co francés, chino, japonés, nunca se sabe...Temos que elixir!
  Como xa manexamos a cámara fixémoslle una foto a profe (coa vela de 5 anos, non había outra, jajaja) e logo cando veu a profe Patricia xa sacamos unha foto tod@s xuntos, na 1a formais, foto de familia, e na 2a enviándolle un bico grande á profe!!!



Giovanna

    A nosa compi Giovanna marchou de viaxe e xa a estamos a botar de menos!!! O xoves houbo despedida pimpina. Gio dounos un bico a cada un de nós e cada un de nós desexoulle algo bonito; pasar unhas boas vacacións, que Papa Noel lle leve a Brasil moitos regalos, que teña un bo nadal, entre outros desexos. Ademais, ensinounos onde queda Brasil e concretamente, Sao Paulo que é a onde vai. Pásao moi ben amiga, desfruta moito, e que teñas un moi bo nadal!
                    Vémonos o ano que ven!!!


martes, 8 de diciembre de 2015

CARTAS AO MUJA

   Os Pimpíns temos unha serie de dúbidas. Despois de mirar en internet, nos libros, de preguntar na casa, seguimos con elas. Por iso, pensamos que o máis sinxelo sería preguntarlle a un paleontólogo ou paleontóloga. Como non coñecemos ningún, pensamos que quizáis nun museo...e que museo coñecemos? Pois o MUJA, xa que Martín- Rex falounos deste museo, visitouno e contounos todo o que alí había, ademais de ensinarnos unhas fotos impresionantes. Entón, decidimos escribila. Escribiuna a profe porque as ideas eran tantas, os Pimpíns falabamos tan tan rápido que ela foi recollendo todo o que dicíamos pero agora, tocaranos a nós escribila a cachiños pequenos e logo enviala. No dossier de Martín-Rex xa temos a dirección polo que en canto estea escrita temos que enviala.

  Aquí tedes un vídeo, dalgúns Pimpíns que nos animamos a escribir unha pequena carta na nosa carta e que quixemos compartir c@s nosos amig@s.



   Ademais séguennos chegando cousas de dinosaurios. Teo, na casa, animouse a facer un conto dun Estegosaurio. Precioso Teo!!!


   E seguimos encantados coa tablet dos dinosaurios. Javi, que gran acerto! Eso sí, imos gastarche todas as pilas!



O QUE MÁIS NOS GUSTA DA CLASE

  Esta semana as nosas fotos foron dirixidas a aquelo que máis nos gusta da nosa aula. Aquí tedes cada unha das fotos que fixeron os Pimpíns!



domingo, 6 de diciembre de 2015

NADAL

   Esta semana pasada estivemos coa decoración de Nadal. Fixemos uns gorriños para a entrada do patio de infantil que nos quedaron preciosos. A decoración de cada Pimpín era libre, eso sí pintar con ceras brandas e pegar o espumillón, a cor a elixir polo Pimpín. Que chulis!
  Agora estamos coas bolsas dos traballos, xa están listas e preparadas para meter dentro os traballos, as fichas e tamén o proxecto dos dinosaurios. Soamente nos falta rematar a nosa postal, que vai a ser moi sinxela, unha árbore de nadal pero diferente, xa a veredes! Sorpresa, sorpresa!
   Por todo isto, non estamos a levar para casa a libreta Bombilla, porque estes días non tivemos nin un oco para collela, aos Pimpíns non se nos ocurriu ningunha súper-idea para poñer. Seguro que é porque estamos a tope co Nadal, cos últimos traballos dos dinosaurios, coas nosas presentacións das fichas de investigación do noso dino e tamén as lecturas da semana...entón a libreta seguro que a retomamos para o ano que ven.





viernes, 4 de diciembre de 2015

LIÑA DO TEMPO

   Tratamos de explicar de xeito gráfico os distintos periodos da ERA MESOZOICA. Dende que apareceu o primeiro dinosaurio ata que apareceu o meteorito ou os volcáns se puxeron en erupción, xa que todo son hipóteses, e non sabe a verdade da súa desaparición. Os Pimpíns pasámolo xenial pensando hipóteses e deixando voar a nosa imaxinación do que puido e non puido suceder.
   Folio en branco, e a traballar, é difícil encontrarse cun folio en branco e empezar a organizar as nosas ideas (houbo algo de axuda, eso sí), como poño as raias para dividir a liña en 3...onde teño que empezar a escribir para que me colla todo...mesturo imaxe e letra...e despois explico todo o que fixen para que cobre sentido dentro da nosa cabeza e non quede nun simple debuxo. Importante, sempre verbalizar, explicar o que se fixemos.




jueves, 3 de diciembre de 2015

5 ANOS

   Felicidades Danielaaaaaaaaaaa!!! Que ben o pasamos onte no teu cumple! Comimos un biscoito rico rico, e Daniela contounos os ingredientes que levaba, chocolate, fariña, ovos, mantequilla, entre outros. Pois estaba ben saboroso! Ademais, tamén nos trouxo a cada Pimpín e tamén ás mestras 2 oviños de chocolate. Gracias Danisaurio!!! Como estaba a profe Patricia na clase, as profes tamén aproveitaron a ocasión para facerse unha foto con nós.



martes, 1 de diciembre de 2015

PANGEA

    Xa sabemos como se chamaba a Terra cando existían os dinosaurios...PANGEA!!! A terra estaba toda xunta e rodeada de auga. Pouco a pouco sabemos que se foi separando polo choque das placas tectónicas ata chegar a ser tal e como hoxe a coñecemos.


Pangea animation 03.gif